Mostrando entradas con la etiqueta poio. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta poio. Mostrar todas las entradas

lunes, 25 de noviembre de 2019

PETRÓGLIFO DA LAXE DAS PICADAS




PETRÓGLIFO DA LAXE DAS PICADAS

DE DESTRUCTORES E SALVADORES DO PATRIMONIO







Na “Conferencia sobre el descubrimiento de insculturas rupestres de Galicia” que Ramon Sobrino Buhigas pronuncia no ano 1928 na sede da Real Sociedad Geográfica, adica a Casto Sampedro, presidente da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra, e o debuxante e primo seu Enrique Campo estas verbas de admiración: “quienes cuantos a estos estudios se dediquen, rendirán testimonio de admiración y profundo agradecimiento por la labor realizada en la materia, base de todo cuanto posteriormente se hizo sobre arte rupestre en Galicia”. 



Estas mismas verbas podo aplicarllas, sin cambiar unha coma, a él mesmo e o seu fillo Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza, pola inxente laboura desenvolvida o longo de mais de medio século, co descobrimento, estudo e catalogación de estacións de arte rupestre que culminaron coa publicación do monumental Corpus Petroglyphorum Gallaeciae.


A sua importancia está fora de toda dúbida, pero tampouco está exenta de claroscuros como calquer outra persoa, e o recoñecemento da sua valía, non pode, nin debe, agochar outros feitos de mais dificil aceptación.

Noutras entradas deste blog (1), (2), (3), (4) e (5) intentei demostrar a fraude cometida na Pedra da Moura Encantada en Mogor, Marín e hoxe quero chamar a atención sobre o comportamento no traslado do petróglifo da Laxe das Picadas e a sua peripecia até quedar depositado no Museo de Pontevedra.


O petróglifo na sua ubicación orixinal, 1917.


Este petróglifo estaba situado na tomada de Rey Dominguez en Montecelo, Poio e alí foi fotografado por Ramón Sobrino Buhigas no ano 1917. No estado actual atópase fragmentado en seis anacos e con unhas medidas de 2x1,50 m aprox. Presenta na sua superficie varias combinacións circulares, algunha figura de cuadrúpede e múltiples coviñas as que alude a sua denominación.



Despois da sua publicación no Corpus Petroglyphorum Gallaeciae e algunhas referencias en distintas publicacións de diversos autores, no ano 1951, sin saber os motivos foi partido e trasladado a finca que os Sobrino tiñan na veciñanza como aparece recollido en unha nota do diario de Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza.



Diario de Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza


Non resulta comprensible esta actuación, pois, no suposto que estivese en peligro, o normal sería que o seu traslado fose o Museo de Pontevedra, que nos anos cincuenta do século pasado, xa tiña recollidos algúns petróglifos, e ademais sería de agardar que as persoas que se interesaban no seu estudo e conservación o depositaran nel e non en unha finca privada.



Evidentemente Sobrino Lorenzo-Ruza era coñecedor desas prácticas, e ademais por eses días estaba a organizarse o III Congreso Arqueológico Nacional que se celebrou en Pontevedra ano e medio despois, polo que resulta de todo punto incomprensible a apropiación para seu desfrute de esta peza patrimonial.


Supoño que o que realmente buscaba, era ter no seu xardín privado un elemento decorativo de primeiro orde, e por si acaso deixou constancia dos gastos do traslado para poder reclamalos en caso de que tivese que depositalo no Museo como sería a sua obriga.

Permaneceu no xardín da sua casa en estado de lamentable abandono até que foi vendida a mediados dos anos 70.




Nesas datas o seu sobriño neto Angel Núñez Sobrino solicitou diante da Comisión Provincial de Patrimonio autorización para trasladalo a Casa da Eira que posúen en Cequeril, Cuntis, como si fose un ben da sua propiedade.




Actas da Comisión Provincial de Patrimonio


A resposta da Comisión autorizando o traslado é lapidaria. Autorízao pero con unha serie de salvagardas. Que se faga co debido coidado e, que houbera sido preferible que se incorporara o Museo Provincial. Na mesma resposta comunica o Patronato do Museo para que fagan algunha xestión nese sentido. Así mesmo a Comisión “lamenta y condena el deplorable estado en que se encuentra el petroglífo”



A recomendación o Patronato do Museo tivo efecto, pois a pesares da intención do solicitante de levalo, hoxendía esta no Museo anque este pretenda vendelo como un logro persoal e o documente con esta carta.




Sería crible de non contar coas actas da Comisión Provincial de Patrimonio onde queda patente a sua intención de quedarse con el en un novo emprazamento.


Para os que coñecimos a García Alén, non nos resulta difícil imaxinar as xestións levadas a cabo para convencelo de que o entregara o Museo anque fora como unha doazón, aceptando de feito a sua propiedade, anque non se fiaba moito del, cando pide que o “donativo tuviese el consentimiento de tus padres y de tu abuela” 



A vista dos datos aportados, queda de manifesto que non se tratou de un donativo voluntario, xa que se asi fora non se pretendería o seu traslado a outra finca familiar, senón que antes de solicitar o traslado, se fixera entrega voluntaria no Museo e xa este xestionaría con Patrimonio o traslado.

El Correo Gallego, 21.10.2012

O mérito de que hoxe o petróglifo se atope no Museo de Pontevedra hai que atribuírllo a Alfredo Garcia Alén, quen coa lexislación vixente no ano 1976, podendo ir coa Garda Civil a incautalo, preferiu facelo como donativo por deferencia a sua avoa “persona a la que respeto demasiado para que hiciesemos algo que ella no aprobase”.



Ben está o que ben acaba




Bibliografía: Nuñez Sobrino, Angel: Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza (1915-1959), eximio arqueólogo . Anuario Brigantino 2015, nº 38

Nuñez Sobrino, Angel:Ramón Sobrino Buhígas (1888-1946): materia y forma pétrea señalada y nombrada. Anuario Brigantino 2017, nº 40

El Correo Gallego, Compostela 23.10.2012

domingo, 10 de febrero de 2019

A SERPE DO VILAR


A SERPE DO VILAR



Restitución dixital do motivo principal


A estación de arte rupestre do Vilar, en San Xoan de Poio, foi dada a coñecer por Miguel Anxo Sartal Lorenzo no ano 2001. No seu inventario identifica 11 rochas con gravados en distinto grado de conservación. Como consecuencia dos incendios forestales do ano 2006 moitos dos motivos sofriron grandes desperfectos, que se suman os xa padecidos anteriormente por acharse en unza zona de extracción tradicional de pedra de construcción que mutilou e deixou gravemente afectados moitos dos gravados. A todo isto hai que sumar a desidia e o abandono no que se atopa actualmente por parte das autoridades municipales e autonómicas que fan que a sua pervivencia esté seriamente comprometida como acontece coa inmensa maioria dos petróglifos de Galicia e do Concello de Poio en particular, que non dubída en dilapidar cantidades vergoñentas de diñeiro en actividades festivas de determinadas actuacións musicais de comportamentos cuasi mafiosos, e non dispón de recursos para limpar o entorno dos gravados e poñerlles unha mínima sinalización informativa.


Estado no que se atopan as rochas gravadas

En datas recentes estiven a facer os levantamentos fotogramétricos de algunha das rochas coa previsión de que alomenos quede constancia da sua riqueza de motivos e como denuncia do indecente estado de abandono en que se atopan. Abonda con comparar a situación na que se atopan similares manifestacións histórico-artisticas en paises como Noruega, Suecia, Gran Bretaña, Irlanda, Francia ou Italia para darnos conta da incultura dos responsables políticos tanto municipales como autonómicos, sobre todo estes últimos que se negan a solicitar a declaración da nosa Arte Rupestre como Patrimonio da Humanidade.

A PEDRA DA SERPE

Propoño denominar asi a rocha que na publicación citada o principio está mencionada como rocha numero 9, pola sua singularidade, polo motivo nela representado e porque supón a confirmación da abundancia de ofidios nas representacións tradicionalmente consideradas como combinacións circulares, que a raiz do desenmascaramento da manipulación levada a cabo na representación do principal gravado da Pedra da Moura Encantada en Mogor, Marín, e deixando de lado o seguidismo que se leva feito no ultimo século a hora de interpretar este tipo de gravados, cambiando o paradigma, e sobre todo ollando moitos destes gravados como representacións en baixo relevo e non somente como sulcos, o numero de ofidios, aumenta de forma exponencial.

Coido que xa se fai imprescindible, para o mellor estudo de moitas das combinacións circulares e laberínticas, a sua inclusión dentro dos motivos zoomorfos e deixar nos motivos xeométricos aquelas combinacions mais sinxelas. Deste xeito coido que se daría un pulo o estudo do significado de tantas representacións de ofidios e a sua pervivencia o longo de, alomenos, tres milenios.

O seu descobridor advirte, coido que nun magnifico exercicio de honradez intelectual: “...as reproduccións que fago (ou quizais, mellor dito, as aproximacións ás reproduccións) son feitas a ollo a través do que vin nas rochas e nas fotos, polo tanto quero que se acollan con moito coidado.”

Debuxo do descobridor

Na sua descripción, como non podia ser doutro xeito o estar condicionado polas interpretacións tradicionais, e probablemente polo estado no que se atopaba a rocha, fala de duas combinacións de circulos concéntricos de distinto tamaño, unha gran cazoleta e varias cazoletas pequenas no interior da combinación circular mais grande.

Reconstitución dixital da rocha


Sin embargo, o que aparece na restitución fotogramétrica e unha figura totalmente distinta. A gran combinación circular é en realidade unha figura espiral arredor de un grupo de cazoletas que amosa na sua parte esquerda unha cabeza ben delineada e un trazo que parece indicar a lingua.

Trataríase entón da representación realistica de unha serpe acobillando unha posta de ovos, tal como acontece na natureza, o que indicaría un grado notable de observación por parte do que realizou a figura.

Culebra de anel coidando os ovos
A pequena combinación circular foi cortada para a realización da gran cazoleta, que podería ter (si botamos a imaxinación a voar, cousa non recomendable) unha función de vaso de ofrendas, en relación con algún tipo de ceremónia que poideran ter lugar na devandirta rocha, pois e moi dificil pensar que o traballo de gravar estas figuras fose puramente ornamental

As interpetacións que poidan darse a este feito, están ainda por estudar. Non e este o único exemplo no que a serpe arrodea os ovos, como acontece en moitos dos gravados que veño estudando. Ábrese en todo caso, unha novedosa e coido que moi interesante, liña de investigación á que invito a todos aqueles que sexan capáces de desprenderse dos prexuizos inducidos por unha burda manipulación. Coido que non vai a ser tarefa fácil, sobre todo si temos en conta que o centro de interpretación da Arte Rupestre, referente en todo Galicia, está dirixído por unha persoa que non dubida en publicitar e resaltar a figura manipulada que condicionou a investigación nos últimos tres cuartos de século.

miércoles, 26 de septiembre de 2018

PETRÓGLIFO DA CACHADA



(RE)DESCOBRIMENTO DO PETRÓGLIFO DA CACHADA, POIO




A Irmandade Illa de Tambo, que me honro en presidir, define nos seus estatútos, entre outros fins a vixianza e protección do Patrimonio nas beiras da Ria de Pontevedra.

A raiz da presentación de unha enmenda aos Presupostos do Concello de Poio por parte da Asociación Umia Vivo para que adicara unha partida especifica para o coidado e posta en valor das distintas estacións de petróglifos no seu termino municipal, e unha vez que non foi tomada en consideración, procedemos a verificar o estado en que estas se atopan por si fose necesario realizar traballos de urxencia, xa que a prolongación das altas temperaturas e a extraordinaria abundancia de material combustible nos montes pode supoñer un gravisimo risco en caso de incendio, coas terribles consecuencias que para as rochas gravadas teñen as altas temperaturas dos lumes forestais.

O Concello de Poio, governado desde fai vinte anos polo BNG (que se define como nacionalista e de esquerdas), non tivo inconvinte ningun en facer politica municipal identica a que fixo o PP no veciños Concellos de Sanxenxo ou Marín, con un urbanismo profundamente depredador do territorio e do Patrimonio. No apartado da arte rupestre, moi abundante no concello, a unica actuación salientable foia creación de un centro de interpretación da Arte Rupestre da Caeira a imaxen e semellanza dos chiringuitos montados polo PP en Marín, Campo Lameiro e Ponte Cladelas, entre outros, facendo unha intervención megalomana e irrespetuosa co entorno, creando unhas estructuras de madeira, innecesarias e de mantemento moi costoso. No local que ocupa o Centro no Casal de Ferreirós, hai unha reproduccón da singular rocha de Pozo Ventura, que anque non se atopa na área da Caeira, figura como un elemento de reclamo.


Pozo Ventura. Oculto no medio da matogueira a beira do camiño de pes.

Dado que a reproducción esta perfectamente coidada, tiven curiosidade por ver en que estado se atopa o orixinal para ver si o Concello fixera algo pola sua preservación e coidado. Sorpresa foi brutal o atoparme coa rocha completamente rodeada por toxos, xestas, eucaliptos e fento, unha combinación infernal para a sua conservación.

Nin un acceso decente nin moito menos un misero panel informativo, nada de nada. Parece que para o Concello o orixinal non ten importancia. Quen queira velo que vaia a ver a copia, así aforranse subir o monte por camiños infames.


Pozo Ventura. Agardando o vindeiro lume

Unha vez constatado o estado no que se atopaba, procedín a dar unha volta polos arredores, para confirmar si, como sosteñen alguns investigadores, esta rocha poido estar en posición vertical e que en epoca indeterminada poidera haber sido derrubada.

O material granítico da zona esta composto principalmente por grandes afloramentos de granito de grao moi groso, que conforma a gran maioria dos afloramentos de toda a zona, pero entre eles afloran tamén algunhas rochas de grao fino, como a que soporta os gravados, polo que en principio descarto a posibilidade de que poidera ser unha rocha exenta.

A uns catrocentos metros en dirección SE, nun cortalumes de unha liña de media tensión recentemente desbrozado, apreciabanse as pegadas das cadenas nun grupiño de catro rochas, algunha delas profundamente danada, e cubertas de restos do desbroce. En unha delas poiden apreciar a existencia de unha coviña, polo que procedín a barrer a sua superficie apreciando que tiña a superficie cuberta por gravados. Dadas as condicións de luz, xa a tardiña, procedin a facer as fotos para poder facer un levantamento fotogrametrico.

A Cachada, estado inicial. Son visibles as erosións producidas polas cadeas da desbrozadora.

Está ubicado na parcela denominada Cachada, no lugar da Xestosa en San Salvador de Poio a unha altitude de 180 m.snm. e uns 500 m. ao O da Pedra Grande de Montecelo.


A Cachada, unha vez retirados os restos do desbroce.

Unha vez rematado o tratamento informatico, cal seria a miña sorpresa o identificalo con un que se coidaba desaparecido, descuberto por Ramón Sobrino Lorenzo Ruza a principios dos anos 50 do seculo pasado, do que coñecia un croquis somero e unha foto que habia tido a oportunidade de ver no Museo de Pontevedra e que, por referencias de diversos investigadores, dábase xa por perdido.


Debuxo e foto da autoria do descubridor Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza

Está gravado na mais grande de un grupo de catro rochas que parecen formar parte de un mismo afloramento sin poder precisar mais a espera de unha limpeza de todo o contorno. Tratase de unha rocha sensiblemente plana con unha lixeira inclinación hacia o S con unha superficie pouco maior de 1 m2. Presenta presenta unha fisura en sentido NE-SO. na que parece apoiarse o mango da principal alabarda de folla triangular de punta arredondada Na parte inferior da folla presenta uns trazos que delimitan unha figura romboidal con uns trazos informes. A sua dereita outra figura de dous cuadrangulos concentricos con unha cazoleta central moi tenue e unha mais profunda no vertice inferior dereito.

Baixo esta figura outra alabarda de folla triangular mais aguda e con nervadura central con un pequeño mango que remata na fisura antes descrita.

A esquerda, parecen estar representados cinco probables follas de puñal das cales tres parecen presentar nervaduras. Completanse os gravados con un cruciforme e outros dous puñais de diferente tipoloxía por debaixo da fisura que usei de referencia.

Reconstitución dixital 3D.

Sería porén unha rocha panoplia, coa figuración de duas alabardas e sete armas cortas ademais de outros motivos de dificil interpretación.


Unha vez publicado no xornal Faro de Vigo e a sua difusión nas redes, tiven coñecemento de que o seu descubridor tiña pensado publicalo xunto con outro petroglifos que descubrira na misma zona, entre eles fragmentos localizados en algun muro cercano, Unha primeira visita nos arredores,permitiume atopar en un muro unha pequena rocha con restos de gravados. Agardo que no futuro outros investigadores tomen o relevo e poidan incrementar o numero de gravados.

Pedra que forma parte de un muro cercano.

Por ultimo, facer unha chamada as autoridades responsables da conservación do noso Patrimonio.

Por sorte este petróglifo foi redescuberto grazas a que a agresión sufrida pola acción de unha desbrozadora de cadenas puxome na pista de poder descubrilo, pero de non ser así, posiblemente a volta de poucos anos quedaria definitivamente destruido, porque os cortalumes de liñas eléctricas soen limparse anualmente. Pido por tanto o Concello de Poio que se implique na sua sinalización, limpeza e que se protexa adecuadamente xa que non só son importantes os petróglifos da Caeira, senón tamén as ducias que ten espalladas polo seu término. Que faga honor o seur carácter nacionalista e que vele por o que son unhas das mais xenuinas sinais da nosa identidade.como pobo. Que así sexa e que poidamos velo.