NOVO
PETRÓGLIFO EN A TOMADA, MARIN
Reconstitución dixital |
A finais dos anos oitenta do pasado seculo, e con motivo da apertura
de varias pistas e cortalumes forestais nos arredores da Chan de
Castiñeiras, repartidos entre os concellos de Marín e Vilaboa no
Morrazo, tiven a sorte de atopar un bo feixe da xacementos
arqueolóxicos, en catro dos cales eran abundantes os restos de
cerámicas campaniformes, até entón practicamente inexistentes nos
rexistro arqueolóxico do NO fora do contexto funerario, si
exceptuamos os que descubrira uns dez anos antes no Regueiriño, a
Fontenla e a Debesa do Rei en Domaio, Moaña ou a Chan en Coiro,
Cangas do Morrazo.
Tamén nesa mesma época tiven a sorte de atopar algunhas rochas con
petróglifos, algun deles tan significativo como a Pedra da Pereira,
agora denominada Pedrouzos1, a Mascara, (Pedrouzos 2), que por
diferentes motivos non as comuniquei o Museo de Pontevedra como tiña
feito co resto dos achados que fora comunicando nos anos anteriores e
que pasaran a engrosar o listado de Xacementos do catálogo da Xunta
de Galicia.
A uns trescentos metros o N deste último, unha tardiña tiven a
oportunidade de entrever, baixo un eucalipto que medraba en unha
brecha entre duas rochas o que me pareceu un muiño naviforme moi
desgastado na parte da rocha que quedaba o descuberto no mar de
follas e cortizas de eucalipto que a cubrian, e coa intención de
voltar a velo con mais calma, ali quedou.
Despois de trinta anos de esquecemento, con ocasión de unha visita
que un grupo de amigos fixemos os petróglifos dos Pedrouzos,
lembreime daquela rocha, e decidin buscala. A mudanza da paisaxe
tanto forestal, como o abandono de pistas e apertura de outras fixo
dificil a busqueda, pero o final, apareceu.
Estado de absoluto abandono no que se atopaba a rocha |
O feito de atoparse en un outeiro rochoso, e a sequía prolongada, fixo que naqueles sitios onde as laxes estaban cubertas, non medrase mais que pequenos grupiños de musgo , algunhas silveiras e caseque nada mais. Iso fixo que practicamente sin traballo quedara a rocha o descuberto.
Aspecto unha vez retirada a maleza |
E efectivamente alí estaba o rebaixe da rocha tal como o lembraba,
pero para a miña sorpresa estaba acompañado por dous gravados mais.
Detalle dos gravados. |
A rocha ten unhas medidas na parte descuberta de 230x190 cm.
aproximadamente e presenta na sua parte central tres motivos
enmarcados en senllos rectangulos con lados menores curvados. O
motivo central alberga unha serie de oito coviñas das cales catro
estan en sentido lonxitudinal. A sua dereita está o motivo
inicialmente descuberto, en forma de batea co interior rebaixado a
maneira de alguns muiños naviculares, con un forte rebaixe no lado
inferior en forma de crecente. O motivo situado a esquerda consiste
en un rectangulo contorneado por un sulco. Completan as
representacións un ou dous pequenos rebaixes naviculares moi
tenues.
O que fai está rocha singular e a rareza dos motivos gravados, si
exceptuamos as coviñas, xa que estas figuras non teñen paralelos
dentro do ámeto dos gravados rupestres da zona. Tamén destaca o
feito de que a meirande parte da superficie esté libre de gravados,
mostrando unha intencionalidade de aproveitar só a zona central, a
pesares da superficie regular e plana da rocha.
Con data 5 de outubro deste ano faciliteille todolos datos a
Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia para que procedera
a sua catalogación e llo comunicara o Concello de Marín e a
Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Xulian de Marín
para que tomen as medidas de protección necesarias para a sua
sinalización e conservación, anque vendo a maneira de proceder
tanto do Concello como da Comunidade de Montes que manifestaron en
multiples ocasións o seu desprezo polos petróglifos que teñen no
seu territorio, moito nos tememos que a volta de pouco tempo fique
abandonado e exposto a calquer agresión.
Para o Concello non existen mais petróglifos en Marin que as tres
rochas de Mogor, xestionadas de maneira vergoñenta desde o
chiringuito chamado Centro de interpretación dos petróglifos de
Mogor, que non dubida en publicitarse coa foto de unha manipulación
arqueolóxica historica.
Imaxen promocional do Centro de Interpretacion dos Petróglifos de Mogor coa figura principal da Pedra da Moura Encantada cos seus sulcos manipulados para que semellase un labirinto. |
A Comunidade de Montes foi multada por agredir un petróglifo con
unha desbrozadora de cadenas, e para evitar outra multa, en vez de
sinalizar os petroglifos, o que fai e deixar unha franxa arredor das
rochas con gravados sin limpar e inzada de maleza, co cal en caso de
incendio os danos serían irreparables.
Con estes antecedentes, coidamos que é imprescindible a divulgación
entre os veciños e comuneiros para que tomen exemplo do que outras
Comunidades de Montes veciñas est6án a facer, sinalizando as
rochas, limpando o seu arredor e promocionandoas mediante rutas
divulgativas que estan tendo unha gran acollida entre a poboación,
anque para iso teñan que mudar a directiva da Comunidade que non é
quen de estar a altura de xestionar o grandisimo tesouro cultural que
alberga no seu territorio.
Que asi sexa.