SOÑO
CON SERPES? 1
Nas entradas anteriores deste
modesto blog, veño sostendo que cumpre unha revisión en
profundidade de alguns dos motivos presentes na Arte Rupestre de NO
peninsular, no chamado grupo atlantico, entre eles os mais exoticos
pola sua rareza; laberintos e laberintiformes, mais tamén os
extremadamente abundantes como son as combinacións circulares con ou
sin apendice central e as mais escasas pero non por elo moi
significatvas como o caso das espirais e os trazos ondulantes con ou
sin coviña en un dos seus extremos.
Hoxe
quero dar a coñecer un gravado case inédito, pois o único que hai
publicado é unha representación parcial do motivo principal en unha
ilustración de un traballo do
2015 (Santos
Estevez e Garcia Quintela: IRON AGE SAUNAS OF
NORTHERN PORTUGAL: STATE OF THE ART AND RESEARCH PERSPECTIVES, fig.:
18 O ) que non aporta
ningún dato mais que a mera ilustración, aparte
da sua ubicación na Chan da Lagoa en Campo Lameiro.
A Chan da Lagoa, sita no lugar
de Parada na parroquia de San Isidro de Montes en Campo Lameiro e
unha estación na que se conservan a dia de hoxe mais de unha ducia
de rochas con gravados moi variados en en distinto grado de
conservación. A pesares de ser sobradamente coñecida e de haberse
construido camiños e pasarelas de acceso os distintos gravados,
presentan a dia de hoxe un estado de total abandono, sin que o
Concello nin as autoridades responsables da sua conservación fagan
nada por evitalo.
O repertorio figurativo e moi
variado, abundando as representacións naturalistas con varios tipos
de cuadrupedos, ofidios de deseño laberíntico e circular, armas e
variados deseños abstractos e xeométricos aos que hai que sumar a
Laxe da Serpe (Nome provisional que alude o seu motivo
principal).
O longo dos ultimos anos
estiven a facer traballos de restitución fotogramétrica dos
distintos conxuntos, de cara a comprobación da hipotese que veño
sostendo de que
moitas das figuras
laberínticas, son en realidade representacións de ofidios. Elo
levoume a descubrir a rocha da que estou a falar.
Trátase de unha rocha
aplanada de forma vagamente triangular que presenta unha diaclasa que
a divide en dous ametos claramente definidos, por unha parte un
espacio rectangular enmarcado entre duas fracturas diaclásticas na
que se gravaron os motivos principales, e por outro un espazo
alargado con pequenos relevos e dous profundos ocos no seu estremo.
con varios gravados de dificil interpretación.
O primeiro que me chamou a
atención e o motivo da serpe ondulante, de moi boa factura e de
aspecto realista con sete ondulacións que é practicamente invisible
polo desgaste da rocha como pola cobertura de liquens.
Unha vez feita a
reconstitución puiden comprobar que habia mais motivos na rocha,
entre eles duas paletas, unha delas con varios raios, que lle dan un
aspecto asteriforme e outra moi desgastada vagamente rectangular con
un pequeño trazo ondulante en un dos seus vertices.
Ademais, unha pequena
protuberancia da rocha con unha cazoleta central dentro de un circulo
con apendice hacia o motivo asteriforme.
Completan este panel, un
motivo en forma de L enriba do que sería a cauda da serpe, e un par
de trazos ondulados.
No panel situado o leste da
roche dividido por unha cresta central, na parte cercana a serpe,
unha figura en forma de U de base plana con un apendice central
exterior e un trazo en forma de S e outros trazos indefinidos, e no
outro lado da cresta un grupo de tres U, duas tanxenciales e unha
separada completan o repertorio.
Por imperativo legal, non
puiden proceder a limpeza da rocha, polo que esta descripción ten
que ser, por forza, provisional e suxeita a que unha vez que se poda
limpar, aparezan outros motivos que completen ou modifiquen este
primeiro achegamento o estudo desta rocha.