jueves, 28 de junio de 2018

SOÑO CON SERPES? 1



SOÑO CON SERPES? 1





Nas entradas anteriores deste modesto blog, veño sostendo que cumpre unha revisión en profundidade de alguns dos motivos presentes na Arte Rupestre de NO peninsular, no chamado grupo atlantico, entre eles os mais exoticos pola sua rareza; laberintos e laberintiformes, mais tamén os extremadamente abundantes como son as combinacións circulares con ou sin apendice central e as mais escasas pero non por elo moi significatvas como o caso das espirais e os trazos ondulantes con ou sin coviña en un dos seus extremos.

Hoxe quero dar a coñecer un gravado case inédito, pois o único que hai publicado é unha representación parcial do motivo principal en unha ilustración de un traballo do 2015 (Santos Estevez e Garcia Quintela: IRON AGE SAUNAS OF NORTHERN PORTUGAL: STATE OF THE ART AND RESEARCH PERSPECTIVES, fig.: 18 O ) que non aporta ningún dato mais que a mera ilustración, aparte da sua ubicación na Chan da Lagoa en Campo Lameiro.






A Chan da Lagoa, sita no lugar de Parada na parroquia de San Isidro de Montes en Campo Lameiro e unha estación na que se conservan a dia de hoxe mais de unha ducia de rochas con gravados moi variados en en distinto grado de conservación. A pesares de ser sobradamente coñecida e de haberse construido camiños e pasarelas de acceso os distintos gravados, presentan a dia de hoxe un estado de total abandono, sin que o Concello nin as autoridades responsables da sua conservación fagan nada por evitalo.

O repertorio figurativo e moi variado, abundando as representacións naturalistas con varios tipos de cuadrupedos, ofidios de deseño laberíntico e circular, armas e variados deseños abstractos e xeométricos aos que hai que sumar a Laxe da Serpe (Nome provisional que alude o seu motivo principal).




O longo dos ultimos anos estiven a facer traballos de restitución fotogramétrica dos distintos conxuntos, de cara a comprobación da hipotese que veño sostendo de que
moitas das figuras laberínticas, son en realidade representacións de ofidios. Elo levoume a descubrir a rocha da que estou a falar.

Trátase de unha rocha aplanada de forma vagamente triangular que presenta unha diaclasa que a divide en dous ametos claramente definidos, por unha parte un espacio rectangular enmarcado entre duas fracturas diaclásticas na que se gravaron os motivos principales, e por outro un espazo alargado con pequenos relevos e dous profundos ocos no seu estremo. con varios gravados de dificil interpretación.

O primeiro que me chamou a atención e o motivo da serpe ondulante, de moi boa factura e de aspecto realista con sete ondulacións que é practicamente invisible polo desgaste da rocha como pola cobertura de liquens.

Unha vez feita a reconstitución puiden comprobar que habia mais motivos na rocha, entre eles duas paletas, unha delas con varios raios, que lle dan un aspecto asteriforme e outra moi desgastada vagamente rectangular con un pequeño trazo ondulante en un dos seus vertices.

Ademais, unha pequena protuberancia da rocha con unha cazoleta central dentro de un circulo con apendice hacia o motivo asteriforme.

Completan este panel, un motivo en forma de L enriba do que sería a cauda da serpe, e un par de trazos ondulados.



No panel situado o leste da roche dividido por unha cresta central, na parte cercana a serpe, unha figura en forma de U de base plana con un apendice central exterior e un trazo en forma de S e outros trazos indefinidos, e no outro lado da cresta un grupo de tres U, duas tanxenciales e unha separada completan o repertorio.



Por imperativo legal, non puiden proceder a limpeza da rocha, polo que esta descripción ten que ser, por forza, provisional e suxeita a que unha vez que se poda limpar, aparezan outros motivos que completen ou modifiquen este primeiro achegamento o estudo desta rocha.

martes, 12 de junio de 2018

PARA QUE SERVEN OS LABERINTOS NOS PETROGLIFOS GALEGOS







PARA QUE SERVEN OS LABERINTOS NOS PETROGLIFOS GALEGOS








Por unha desas casualidades da vida, hoxe o Facebook amosoume unha publicación que o ínclito André Pena Granha publicou fai xa catro anos, co rimbombante titulo PARA QUE SERVEM OS LABIRINTOS NOS PETRÓGLIFOS GALEGOS que non me resisto a copiar nunha especie de recensión, que agardo non lle moleste demasiado o seu autor.


O último cavalo em sair do Além leva um labirinto para proteger os cavaleiros no retorno do Outro Mundo, nesta particular versão etrusca [no oinochoe de Tagliatella] do tema da Caça Selvagem por mim identificada [os Etruscos são vizinhos dos Celtas], o labirinto sela aqui a porta de entrada e saída ilhando ambos os dous Mundos. Esta é ao meu modo de ver a função dos labirintos nos petróglifos galegos e atlânticos. "Um anão trás assistir às vodas do rei Herla convida-o logo às suas próprias vodas dentro do seu reino, uma caverna. Cobertos de agasalhos, Herla e o seu séquito despedem do anão que lhes entrega um pequeno cão e pede-lhes que enquanto não salte o animal não ponham pé a terra baixo a luz do sol. O cão não salta jamais [conserten no pequeno cão sentado na grupa do cavalo no desenvolvimento do motivo decorativo central do copo etrusco, a esquerda] e Herla prossegue os seus turnos aloucados com os seus homens, e com esta tropa fantástica que se chama Herlatingui (De nuguis curialium I, 11) “, seguida como é habitual en él de unha autocita para demostrar a sua auctoritas que non aporta nada o que escribe.

Ilustra o seu escrito coa reproducción parcial e interesada do gravado en unha xerra para servir o viño (oinochoe) etrusca coa que encabezo este escrito.

Trátase de un oinochoe de boca trilobulada coa asa pronunciada e unha decoración pintada sobre fondo claro. O seu estilo remitenos a producción etrusco-corintia dos Vasos Policromados, con unha datación entre o 630 e 600 a.de C.

Na actualidade conservase no Palazzo dei Conservatori en Roma.

A xerra presenta unha decoración complexa en dous frisos principales, no colo e na panza, e duas bandas mais estreitas na que estan representadas unha lebre correndo con un can e na outra seis cabezas de animais con trenzas separadas por trapecios. Completa o programa decorativo unha serpe en vertical na asa.








No friso do colo aparece unha figura masculina espida co pelo largo, que conduce unha cabra suxeita por unha atadura no seu pescozo, un par de páxaros seguidos por un home e unha muller, a representacion de unha nave en vertical e un segunda cabra.






No friso da panza, duas agrupacións de figuras que separo atendendo a unha liña vertical que parece reprersentar un interior no que hai unha figura femenina vestida e duas figuras que ben poideran ser recipientes, e percorrendoa en sentido horario en vista cenital, unha division horizontal na que aperecen duas parellas espidas copulando, seguidas da representación de un laberinto clasico coa inscripcion TRVIA, anque non é de todos aceptada esta lectura. O laberinto aparece superposto o rabo do cabalo de un xinete que porta unha vara e un escudo decorado coa figura de un ánade. Sigue outro xinete tamen con escudo decorado con outra figura aviar, e que comparte grupa con unha figura de aspecto simiesco.




Precédeos un home espido con unha vara de pomo arredondado nas mans, seguido por sete guerreiros armados, cada un con tres lanzas curtas e escudos redondos coa representacion de un xabarín. Diante deles un home con unha especie de cinturon que parece empuxar a unha figura femenina pequena hacia outra figura femenina tamen que parece intercambiar un obxento redondo con outro que lle ofrece a figura masculina. Estas ultimas tres figuras teñen inscripcions das que non fun quen de atopar lecturas convincentes, pois cada autor as interpreta en funcion das teses que sostén.




O friso da parte inferior, amosa unha lebre e un can que se persiguen ininterrumpidamente.






Até aquí a descripción sucinta do repertorio iconografico do xerro. Como se pode observar e bastante complexo, e delo dan fé as diversas e as veces enfrontadas interpretacións que se teñen feito, todas ellas mais ou menos posibilistas, pero tratando de abarcar o repertorio completo.

Sin embargo, o noso pedante de cabeceira, das vinteunha figuras humáns ailla só duas montadas a cavalo e a partires delo montase a sua particular pelicula.

Inventase que o laberinto protexe os cavaleiros que saén do Alén? no retorno do Outro Mundo, obviando que nese Alén estan as duas parellas en plena actividade sexual. Non me é doado imaxinar que pretendan protexerse de voltar a un sitio tan placenteiro. Acto seguido manifesta que o laberinto e o selo da porta de entrada e saída, illando ambos os dous mundos, interpretando así a función dos laberintos nos petróglifos galegos e atlánticos. Asombrosa deducción, sin dubida, e que completa con un comentario na misma publicación, que non me resisto a publicar:






Levo dandolle voltas e revoltas e non son quen de ver o cabalo que disque arrastra a serpe da Pedra da Moura Encantada, que obviamente non é un laberinto como o que está debuxado no xerro, pero xa nos ten acostumados a sua fallla de rigor na descripción dos motivos, como se ve a continuación onde confunde un mono con un can.

Insire no relato unha lenda de ananos, cabaleiros e un can, o que identifica coa figura que todolos historiadores interpretan como un mono, non hai mais que atender a feitura das extremidades, antropomorfas sen dubida, pois ten pés e mans co polgar debidamente sinalado. Así que trátase de un can-mono moi particular .

Isto sería xa suficiente para amosar o seu rigor cientifico, mais ainda queda o feito de denominar o lugar do achado do dito xerro, pois fala de Tagliatella, cando en realidade é Tragliatella, pero en fin, como el mismo adoita a dicir para que sepamos da sua erudición: 

Indulgentia temporum

jueves, 7 de junio de 2018

FAI CORENTA ANOS

Fai corenta anos


Fachada oeste da eirexa de San Martiño de Moaña,
Debuxo de Alfonso J. Rodriguez, 1980

A mediados do verán de 1978 o difunto cura de San Martiño de Moaña, D. Heraclio Couceiro, xunto con algúns viciños do Cruceiro puxeronse de acordo con un contratista da parroquia para facer arreglos no pavimento da eirexa sin encomendarse nin a deus nin o demo, ou sexa sin solicitar ningún tipo de permiso para facer as obras, como se fixera catro anos antes cando se lle cambiou o artesonado do teito por un forxado de formigón.. Por desgraza a sensibilización co Patrimonio era algo inexistente por aquelas datas, excepto algun raro que coma min andabamos a percura dos restos que nos deixaran os nosos devanceiros.

Levaba xa caseque dez anos colaborando como corresponsal do Museo de Pontevedra e facendo a catalogación arqueolóxica do Morrazo, e viña de descubrir o primeiro machado paleolítico no camiño do Outeiro, o Castro de San Martiño, o dos Ladrados, o da Debesa do Mouro, e facer excavacións no lugar de Fontecova, no Casal onde habia aparecido unha necropole da Idade do Bronce final, xunto cos primeiros petróglifos que se descubrian no Concello, en Meira que era onde por entón vivía e na Graña xa nas lindes con Cangas.

Foi entón cando me avisaron de que estában a traballar na eirexa botandolle unha capa de granito, que asi se chamaba a mistura de formigon con pedra miuda para despois sometela a un proceso de pulimentación, que iba a deixar o chan como un espello, e non coas laxes de pedra centenarias que ainda hoxe se poden ollar. 

Fun a velo e atopeime conque xa habian comezado a formigonar, e diante da urxencia, chamei o Segredario do Museo de Pontevedra, por aquela entón D. Alfredo Garcia Alén co que mantiña unha amigable relación, para tentar de parar aquela aberración.

Desplazouse a Moaña e inmediatamente paralizou a obra. A min supoxome un violento enfrentamento co contratista, co sacristán daquela e co cura que me proibiu volver a entrar na eirexa, cousa que fixen, e non voltei a entrar hasta pasados moitos anos.

A continuación Garcia Alén dixome que a mellor maneira para que non voltasen a facerse ese tipo de actuacións, sería importante que oficializara unha denuncia que podería servir de base para que intervira o Ministerio de Cultura e dera lugar a incoación de un expediente para conseguir que se declarara Monumento Histórico Artistico o que lle daría o maior grado posible de protección legal.




E ahí e onde comeza a odisea de levála a cabo, e onde mais se aprecia con respecto a hoxe o cambio de actitude e de mentalidade dos veciños .

Para presentar a denuncia tiña que ir acompañada dos datos do denunciante e de alomenos 25 veciños. que a apoiaran. Puxenme a percorrer casa por casa no Cruceiro, na Xalde, Casal, Abelendo, Quintela, Sabaceda, e Broullón, sin conseguir que ninguen me dira os datos para apoiala. Naqueles tempos ir contra o cura impoñía moito, e ninguén se quixo mollar.

Afortunadamente as renovacións do DNI facianse periodicamente no Concello, onde se gardaban os documentos para renovar, e a solución que se me ocorriu foi copiar os nomes e numero dos DNI e adxuntarllos a denuncia.  

A primeiros de setiembre presentei a denuncia xunto cos datos dos veciños na Delegación de Cultura de Pontevedra, que o dia 7 remitíulla o Consejero de Patrimonio Artistico  D. José Filgueira Valverde

A partires de aquí a lenta maquinaria da Administración segiu o ser curso e o 4 de marzo de 1982, caseque catro anos despois, o BOE publicaba a resolución 14142 na que se daba conta da incoación do expediente para a declaración como Monumento Historico Artístico da eirexa parroquial de San Martiño de Moaña.



Do documento orixinal da denuncia, debido os distintos avatares que pasou o Ministerio de Cultura, despois o traspaso a Xunta de Galicia e os anos transcurridos por desgraza non queda mais constancia que o escrito de recepción incluido neste artigo.


Quero desde aquí expresar o meu recoñecemento aos anonimos veciños que sin sabelo contribuiron a que hoxe a nosa eirexa sexa unha das grandes xoias do románico e que as vindeiras xeracións poidan desfrutala, esta vez si, co respecto que merece.