Fai corenta anos
Fachada oeste da eirexa de San Martiño de Moaña, Debuxo de Alfonso J. Rodriguez, 1980 |
A mediados do verán de 1978 o difunto cura de San Martiño de Moaña, D. Heraclio Couceiro, xunto con algúns viciños do Cruceiro puxeronse de acordo con un contratista da parroquia para facer arreglos no pavimento da eirexa sin encomendarse nin a deus nin o demo, ou sexa sin solicitar ningún tipo de permiso para facer as obras, como se fixera catro anos antes cando se lle cambiou o artesonado do teito por un forxado de formigón.. Por desgraza a sensibilización co Patrimonio era algo inexistente por aquelas datas, excepto algun raro que coma min andabamos a percura dos restos que nos deixaran os nosos devanceiros.
Levaba xa caseque dez anos colaborando como corresponsal do Museo de Pontevedra e facendo a catalogación arqueolóxica do Morrazo, e viña de descubrir o primeiro machado paleolítico no camiño do Outeiro, o Castro de San Martiño, o dos Ladrados, o da Debesa do Mouro, e facer excavacións no lugar de Fontecova, no Casal onde habia aparecido unha necropole da Idade do Bronce final, xunto cos primeiros petróglifos que se descubrian no Concello, en Meira que era onde por entón vivía e na Graña xa nas lindes con Cangas.
Foi entón cando me avisaron de que estában a traballar na eirexa botandolle unha capa de granito, que asi se chamaba a mistura de formigon con pedra miuda para despois sometela a un proceso de pulimentación, que iba a deixar o chan como un espello, e non coas laxes de pedra centenarias que ainda hoxe se poden ollar.
Fun a velo e atopeime conque xa habian comezado a formigonar, e diante da urxencia, chamei o Segredario do Museo de Pontevedra, por aquela entón D. Alfredo Garcia Alén co que mantiña unha amigable relación, para tentar de parar aquela aberración.
Desplazouse a Moaña e inmediatamente paralizou a obra. A min supoxome un violento enfrentamento co contratista, co sacristán daquela e co cura que me proibiu volver a entrar na eirexa, cousa que fixen, e non voltei a entrar hasta pasados moitos anos.
A continuación Garcia Alén dixome que a mellor maneira para que non voltasen a facerse ese tipo de actuacións, sería importante que oficializara unha denuncia que podería servir de base para que intervira o Ministerio de Cultura e dera lugar a incoación de un expediente para conseguir que se declarara Monumento Histórico Artistico o que lle daría o maior grado posible de protección legal.
E ahí e onde comeza a odisea de levála a cabo, e onde mais se aprecia con respecto a hoxe o cambio de actitude e de mentalidade dos veciños .
Para presentar a denuncia tiña que ir acompañada dos datos do denunciante e de alomenos 25 veciños. que a apoiaran. Puxenme a percorrer casa por casa no Cruceiro, na Xalde, Casal, Abelendo, Quintela, Sabaceda, e Broullón, sin conseguir que ninguen me dira os datos para apoiala. Naqueles tempos ir contra o cura impoñía moito, e ninguén se quixo mollar.
Afortunadamente as renovacións do DNI facianse periodicamente no Concello, onde se gardaban os documentos para renovar, e a solución que se me ocorriu foi copiar os nomes e numero dos DNI e adxuntarllos a denuncia.
A primeiros de setiembre presentei a denuncia xunto cos datos dos veciños na Delegación de Cultura de Pontevedra, que o dia 7 remitíulla o Consejero de Patrimonio Artistico D. José Filgueira Valverde
A partires de aquí a lenta maquinaria da Administración segiu o ser curso e o 4 de marzo de 1982, caseque catro anos despois, o BOE publicaba a resolución 14142 na que se daba conta da incoación do expediente para a declaración como Monumento Historico Artístico da eirexa parroquial de San Martiño de Moaña.
Do
documento orixinal da denuncia, debido os distintos avatares que
pasou o Ministerio de Cultura, despois o traspaso a Xunta de Galicia
e os anos transcurridos por desgraza non queda mais constancia que o
escrito de recepción incluido neste artigo.
Quero
desde aquí expresar o meu recoñecemento aos anonimos veciños que
sin sabelo contribuiron a que hoxe a nosa eirexa sexa unha das
grandes xoias do románico e que as vindeiras xeracións poidan
desfrutala,
esta vez si, co respecto que merece.
Moi ben feito,moitas gracias
ResponderEliminarMenos mal que daquela aínda había algunha xente afoutada como para loitar pola defensa do patrimonio de todos! O meu respeto e admiración!
ResponderEliminar