martes, 22 de mayo de 2018

DE CANTEIROS E INDULTOS




DE CANTEIROS E INDULTOS



Publíca hoxe o Faro de Vigo unha nova na que da conta do achado de un novo petróglifo fora de contexto no Anguieiro en Darbo, Cangas do Morrazo. A nova en si non deixa de ser unha boa nova, e unha achega mais a catalogación dos Xacementos Arqueolóxicos do Morrazo, baixo o rimbombante título de Arqueología Computacional da autoría de Benito Vilas Estévez da Universidade de Vigo, Alia Vazquez Martínez e Miguel Carrero da Universidade de Santiago de Compostela.

A nova da conta tamén de que o Governo Municipal de Cangas do Morrazo pretende poñer en valor este descubrimento...Benvido sexa, xa que os petroglifos de Cangas estan na sua maioria en estado de absoluto abandono, para vergoña da Corporación Municipal. Para mostra a situación na que se atopan algúns dos mais senlleiros que tiven a sorte de descubrir a mediados dos anos 70 do século pasado.




Pinal do Rei

Pinal do Rei

caso de este de Pinal do Rei e extremadamente sangrante pois atopase dentro de unha superficie de ambitos educacionais e lúdicos, Institutos e zonas deportivas. O seu estado e o resultado da agresion constante con rotura de botellas contra a rocha e basureiro durante moitos anos. A dia de hoxe, coido que se talaron as mimosas que o tiñan cercado. As fotos son do 2016.
As  Abelaires, o tellado branco e a nave do Punto Limpo.


As Abelaires. Camiño de entullos sobre a rocha.


Pero quizáis o mais vergoñento sexa o estado no que se atopa o gran pétroglifo das Abelaires, no linde co Concello de Bueu e o que lle instalaron dentro da sua area de afectacion, nada menos que o mal chamado Punto Limpo, quedando cercado de basuras e entullos de toda indole. Ademáis este e un dos que sufriu agresións notables por parte dos canteiros, ainda poden ollarse os furos das barrenas para dinamitalo.

Sirve este feito para enlazalo coa nova do xornal onde, indirectamente falan das actividades de cantería e resulta extremadamente cómico, senon fose tráxico, o razonamento dos autores cando dan conta de que o petroglifo atopado por eles: "Es un caso particular y paradigmático en el arte rupestre gallego, debido, por una parte, a que no se encuentra in situ y por la otra, a que fue indultado". Consideran pois que o feito de arrincalo da rocha onde estaba ubicado e utilizalo na construcción de un forno equivale a un indulto. Non atino a pensar que a unha persoa lle corten un brazo, e que ese brazo sexa considerado un indulto. A continuación, deixan esta pérola "Sabemos que el afloramiento original debía contar con más grabados, ya que algunos de los motivos del petroglifo de Forno de Anguieiro se encuentran cortados". Menos mal que quedan persoas de mente tan brillante que nos van a guiar no noso camiño hacia o coñecemento das nosas orixes.

Este tipo de pensamento e consecuencia directa da absurda teoría de que os petróglifos chegaron a nos grazas os canteiros, que se adicaban a indultalos, considerando como indulto a sua destrucción e/ou mutilación,



Exemplo de petróglifo indultado polos canteiros.A parte superior e a esquedra da imaxe foron concienzudamente indultadas., e con elas os gravados que alí habia.

Os exemplos de actividade extractiva de pedra sin respectar ningun tipo de gravado, son tan abondosos, que facer unha lista sería inabarcable. Somentes no Morrazo hai mais de duas ducias de rochas con gravados, que presentan sinais de esa actividade, nalguns casos chegando a sua caseque total destrucción, e noutro moitos as mutilaións dos motivos gravados son moi evidentes. Pero, como di o noso refraneiro: O falar non ten cancelas

3 comentarios:

  1. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  2. O do indulto eu entendino en relación a isto que din: "o propietario da leira de inmediato deuse conta do que chegara entre as pedras enviadas para construír a adega e decidiu apartalas"

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. E bó contar con outro punto de vista. Mais o sentido do artigo non e o que a min me induce a pensar. De todolos xeitos, grazas polo teu comentario.

      Eliminar