martes, 15 de mayo de 2018

AS CONSECUENCIAS DE UNHA FRAUDE




AS CONSECUENCIAS DE UNHA FRAUDE




Pedra da Moura Encantada, Mogor, Marín
Restitucion fotogramétrica.

Como teño indicado nas anteriores entradas deste blog ( 1,2,3 e 4 ) a modificación da representacion do gravado de unha serpe na Pedra da Moura Encantada para que se semellase a un laberinto e desviar así a atencion hacia o mundo mediterraneo, conlevou que se desbotase calquer outra posible interpretación.

Así chegouse o extremo que resulta cando menos ridículo que os investigadores da arte rupestre do NO da Peninsula Iberica, cegados pola sua reluctáncia tachen de seudolaberintos ou laberintiformes todos aqueles motivos que se asemellan o que aparece gravado na Pedra da Moura Encantada pero que difiren nos seus trazos, sin ser capaces de ver que o que aparece na dita rocha é un seudolaberinto si o comparamos cos laberíntos canónicos, como o dos Campiños, situado a uns 25m. Ou o do Outeiro do Cribo en Armenteira.

Esa cerrazón mental propiciou que se siga falando de laberintiformes ou seudolaberintos en vez de falar de serpes ou serpentiformes, o que axudaría sen nengunha dubida a avanzar na comprensión e/ou interpretación deses gravados tan numerosos e sacálos do apartado de rarezas dentro dos motivos representados nos petróglifos.

Garcia Alén e de la Peña Santos, 1980

Desde os traballos de Vazquez Varela e de la Peña Santos intentando sistematizar os motivos para tentar avanzar nas cronoloxías relativas ou nas asociacións de motivos, sempre me chamou a atención a non inclusión das figuras espirais e laberintos entre os zoomorfos xunto coas outras duas figuras de serpes. E a aceptación para os cuadrupedos a delimitación do corpo por medio de trazos, pero non para as serpes, si exceptuamos a discutible da Pedra da Beillosa.

Aceitando que as serpes poden esta representadas mediante dous trazos que suliñan o corpo, entón de maneira automatica abrese un gran abano de posibilidades de interpretación de figuras como algunhas combinacións circulares incluidas na categoria de motivos xeométricos, especialmente as figuras arriñondas e as suas combinacións.
Pedra da Moura Encantada. Restitución fotogramétrica con cor engadida

Sin apenas separarnos do motivo principal da Pedra da Moura Encantada que sería a mais coñecida tanto pola calidade do gravado, canto pola sua amplisima e acrítica difusión temos outra figura que pasa practicamente desapaercibida e que está totalmente eclipsada pola su irmá mais grande. Trátase de unha figura de menor tamaño e que para min representa unha serpe enroscada sobre si mesma. Engadín na figura unha infima cantidade de color para facela mais apreciable a simple vists e para comparar coa imaxen que encabeza este artigo.

De este xeito a Pedra da Moura Encantada, xa pasa a ter outra psibilidade de interpretación, sin necesidade de ir a buscar teseos e minotauros (lástima de bois, que diria Castelao), chamáns colocados con sustitutos do LSD e outras barbaridades que hai que oir de boca dos guias do Centro de Interpretación de Mogor.

Pedra dos Mouros 1
Restitución fotogramétrica con cor engadida

Apenas 50m. o Leste, na tamen archicoñecida Pedra dos Mouros, ademauis das tres figuras de zoomorfos hai un feixe de combinacións circulares, entre as que figuran alomenos tres posibles representacións de ofidios. A maior e mais dificil de apreciar polo seu desgaste e unha combinación tradicionalmente interpretada como un (como non) seudolaberinto. Debo recoñecer que non foi tarefa fácil chegar a identificar os seus gastadisimos sulcos, dificultado ademais pola imposibilidade legal de unha limpeza exaustiva do motivo.

Este gran conxunto ten sufrido multiples alteracións ao longo do tempo, algunhas en épocas moi recentes. Coido que o trazo central da figura que veño de amosar, pola profundidade do sulco, non se corresponde coa epoca do gravado orixinal. Chama tamén a atencion os dous finos trazos en V que poderían definir a cabeza da serpe.

Pedra dos Mouros 2
Restitución fotogramétrica con cor engadida

Outra das probables representacións de ofidios é esta pequena combinacion circular con trazo e coviña central, que creo tamen que representa unha serpe enroscada con catro volutas e a cabeza cara o esterior.

Existe alomenos outra representación mais na mesma rocha, anque está pendente de unha analise mais exhautiva, e que de seguro nos dará mais sorpresas.


A Godalleira 

Restitución fotogramétrica con cor engadida
A uns 500m. en liña recta no lugar da Godalleira, entre a media ducia de motivos circulares hai unha caseque pegada o chan que coido é unha nova representación de un ofidio.

Co exposto até dagora, considero que é imprescindible un novo enfoque no estudo das representacións de ofidios, e non circunscibila exclusivamente os motivos lineales tipo Troña ou Os Remedios, e abrilo a unha profunda revisión de tódolos motivos tradicionalmente interpretados como leberintiformes, laberintos, combinacións circulares ou arriñonadas e tentar averiguar, non xa as relacións co mundo mediterraneo para interpretar estes motivos, que probablemente existan como alguns indicios fan pensar, pero dandolles outro enfoque que poida achegar luz a circunstancia de que esten tan representados os ofidios na nosa arte rupestre. E si aceitamos que o clásico laberinto está en realidade formado por duas serpes en proceso de acoplamento ( aquí ), entón e urxente a sua reinterpretación, e deixar definitivamente de lado a mistificación causada por unha falsificación.

Son conscente da posibilidade de que a miña interpretación sexa errada. E por elo polo que a par dos motivos coloreados, poño os orixinales sin ningun tipo de manipulación, para que calquera poida comprobalo. Si os que fixeron a manipulación na reprodución do gravado da Pedra da Moura Encantada houbesen feito o mesmo, posiblemente hoxe non estaríamos nesta situación.

Agardo nos vindeiros traballos seguir amosando a inxente cantidade de figuras susceptibles de ser reinterpretadas, coa intención de que se poida abrir un debate, no que someter os meus postulados a critica que non se lle fixo os responsables do impasse no que nos atopamos no estudo de estas singulares representacións.

1 comentario:

  1. A fe d q a fartura e cantidade de diferentes dibuxos xeométricos d serpe q se coñecen indica cultura,algo común a moita xente e moitas variables o q a serpes se refiere alucinante saudos

    ResponderEliminar