DE
CANTEIROS E INDULTOS
Publíca
hoxe o Faro
de Vigo unha nova na que da conta do achado de un novo petróglifo
fora de contexto no Anguieiro en Darbo, Cangas do Morrazo. A nova en
si non deixa de ser unha boa nova, e unha achega mais a catalogación
dos Xacementos Arqueolóxicos do Morrazo, baixo o rimbombante título
de Arqueología
Computacional da
autoría de Benito Vilas Estévez da Universidade de Vigo, Alia
Vazquez Martínez e Miguel Carrero da Universidade de Santiago de
Compostela.
A
nova
da conta tamén de que o Governo Municipal de Cangas do Morrazo
pretende poñer en valor este descubrimento...Benvido sexa, xa que os
petroglifos de Cangas estan na sua maioria en estado de absoluto
abandono, para vergoña da Corporación Municipal. Para
mostra a situación na que se atopan algúns dos mais senlleiros que tiven a sorte de descubrir a
mediados dos anos 70 do século pasado.
Pinal do Rei |
As Abelaires, o tellado branco e a nave do Punto Limpo. |
As Abelaires. Camiño de entullos sobre a rocha. |
Pero
quizáis o mais vergoñento sexa o estado no que se atopa o gran
pétroglifo das Abelaires, no linde co Concello de Bueu e o que lle
instalaron dentro da sua area de afectacion, nada menos que o mal
chamado Punto Limpo, quedando cercado de basuras e entullos de toda
indole. Ademáis este e un dos que sufriu agresións notables por
parte dos canteiros, ainda poden ollarse os furos das barrenas para
dinamitalo.
Sirve
este feito para enlazalo coa nova do xornal onde, indirectamente
falan das actividades de cantería e resulta
extremadamente cómico,
senon fose tráxico, o razonamento dos autores cando
dan
conta de que o petroglifo atopado por eles: "Es
un caso particular y paradigmático en el arte
rupestre
gallego, debido, por una parte, a que no se encuentra in situ y por
la otra, a que fue indultado".
Consideran
pois que o feito de arrincalo da rocha onde estaba ubicado e
utilizalo na construcción de un forno equivale a un indulto. Non
atino a pensar que a unha persoa lle corten un brazo, e que ese brazo
sexa considerado un indulto. A continuación, deixan esta pérola
"Sabemos
que el afloramiento original debía contar con más grabados, ya que
algunos de los motivos del petroglifo de Forno de Anguieiro se
encuentran cortados".
Menos
mal que quedan persoas de mente tan brillante que nos van a guiar no
noso camiño hacia o coñecemento das nosas orixes.
Este
tipo de pensamento e consecuencia directa da absurda teoría de que
os petróglifos chegaron a nos grazas os canteiros, que se adicaban a
indultalos,
considerando
como indulto a sua destrucción e/ou mutilación,
Exemplo de petróglifo indultado polos canteiros.A parte superior e a esquedra da imaxe foron concienzudamente indultadas., e con elas os gravados que alí habia. |
Os
exemplos de actividade extractiva de pedra sin respectar ningun tipo
de gravado, son tan abondosos, que facer unha lista sería
inabarcable. Somentes no Morrazo hai mais de duas ducias de rochas
con gravados, que presentan sinais de esa actividade, nalguns casos
chegando a sua caseque total destrucción, e noutro moitos as
mutilaións dos motivos gravados son moi evidentes. Pero, como di o
noso refraneiro: O
falar non ten cancelas
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarO do indulto eu entendino en relación a isto que din: "o propietario da leira de inmediato deuse conta do que chegara entre as pedras enviadas para construír a adega e decidiu apartalas"
ResponderEliminarE bó contar con outro punto de vista. Mais o sentido do artigo non e o que a min me induce a pensar. De todolos xeitos, grazas polo teu comentario.
Eliminar