PETRÓGLIFOS
E COMETAS
Inicio
con esta entrada unha serie de escritos acerca da presencia de
representacións cometarias nos petróglifos galegos, tentando abrir
novas vias de investigación e achegamento os motivos que en eles
aparecen gravados. Teñense feito, con distinta fortuna, nos ultimos
anos intentos de vincular os gravados rupestres e as rochas nos que
se atopan con distintas orientacións astronómicas correspondentes a
momentos determinados dos ciclos estacionais. Eu desde aquí pretendo
dar outro enfoque a este tipo de aproximación, complementandoas ou
ampliando os campos de investigación.
Comezo
con unha das rochas que me parecen mais singulares no repertorio dos
motivos gravados e que nunca foi estudada nin reproducida na sua
totalidade, permanecendo en un absoluto abandono, como a inmensa
maioria das estacións de Arte Rupestre galega por parte das
autoridades da Xunta de Galicia, reponsables ultimas da sua
destrucción.
Vista cenital da rocha na que se aprecia o seu abandono e os restos do incendio sufrido fai uns anos |
Trátase
da Portela da Laxe en Viascon, Cerdedo-Cotobade, a que
dediquei unha das entradas
deste blog e que é sobrevivinte do grupo de cinco rochas con
gravados dos cales catro foron destruidas a finais dos anos 70 do
seculo pasado para a ampliación da estrada Pontevedra-Ourense e que
aparte pequenos estudos sobre motivos concretos (esvásticas e
paletas), permanece sin un estudo de conxunto.
Ten
baixo o meu punto de vista e a falta de estudos mais extensos, unha
dais mais numerosas representacións de simbolos cometarios
merecentes de unha monografía especifica polo seu valor e
singularidade.
1
A ESVÁSTICA
Entre
os simbolos de difusión mundial, sin dubida a esvástica
ou cruz gamada e os seus derivados, trisquéles,
tetrasquéles, trinácrias,
láuburos ou rosas
camúnas, é un dos mais
amplamente representados. Tanto é así que non se pode recurrir as
teorias difusionistas para xustificar a sua aparición nas mais
diversas cronoloxías e culturas dos cinco continentes.
Tradicionalmente,
na bibliografía histórica (caseque toda ella referida a Eurasia)
ven sendo interpretada como unha representación solar que derivou en
simbolo de boa sorte en algunhas relixións maormente do sul e
sudeste asiatico.
A
pesares dos que siguen mantendo a sua relación coa figura do sol ou
o seu percorrido o longo dos ceos, as probas de que se dispoñen
distan moito de confirmalo.
En
moitos lugares aparece formando parte de unha tríada xunto co Sol
e a Lúa, polo que non parece haber motivo para duplicar a
representación do sol ou o seu camiño. E mais, en moitos gravados
no Tibet, aparece sobre a esvastica un motivo descrito como con forma
de lágrima que ben poderia ser unha coma cometaria.
Gravado da Idade do ferro no Tibet |
Este
simbolo de catro brazos doblados que parten de un centro comun, foi
adoptado oficialmente e convertido en sinonimo de horror polo réxime
da Alemania nazi, pero houbo unha época moi anterior na que as
esvásticas abundaban e
eran simbolos benignos coñecidos por caseque todalas culturas do
planeta.
¿Como
chegou a establecerse este simbolo nas antigas culturas da India,
China, Tibet, SO norteamericano, Mexico Maya, Brasil, Gran Bretaña,
Galiza, Exipto, Turkia, Nixeria, Centroeuropa, e Irán entre outros
lugares?
A
esvástica é un autentico
enigma: un simbolo de miles de anos de antiguidade que o parecer non
nace espontaneamente, pola sua complexidade, na mente das personas
nin se transmite primariamente de cultura en cultura, polo que
estaríamos diante de un problema irresoluble.
Sin
embargo, si a esvástica
tivera o seu orixen en algo aparecido no ceo, algo que poideran
observar culturas moi separadas, resolveriase o misterio.
De
entrada, esa idea parece moi alonxada da realidade poola sinxela
razón de que hoxendía non hai no ceo algo que semelle unha
esvástica resplandecente.
Pero basta con botar unha ollada os debuxos e fotos dos surtidores
que proxecta un núcleo cometario para percibir que ahí hai os
elementos necesarios para crear un prodíxio deste tipo.
Tormenta dos meteoros das Leonidas 1833 |
Imaxinemos entón unha escea no que catro ou cinco mil anos mais tarde será coñeceido como Viascón. Nas noites dos ultimos meses grandes prodixios se viran nos ceos nocturnos. As estrelas parecian caer na terra, o terror daquelas xentes tiña que haber sido absoluto. Os grandes meteoroides vaporizantes (bólidos) en unha atmósfera cargada con polvo de cometa producirián efectos visuales inusuales. Refracción, reflexión e posiblemente emisión secundaria entran en xogo como cando un obxecto considerable salpica en unha atmósfera cargada de aerosol comprimindo moléculas de gas contra motas de polvo co arco da sua onda de choque ate que o obxecto se vaporiza, alumeando as múltiples capas de compresión de gas e entullos separados. Desde o chan esto podería parecer como si un deus tirara unha pedra no estanque del ceo. E moi probable que un gran sector del ceo enchérase de tales fenómenos. Anque a intensidade podería variar de ano en ano os nosos antepasados, agardaban sen dubida, un espectáculo de luz bastante desconcertante en determinadas epocas do ano e, un dia unha gran cruz coas puntas curvadas apareceu no ceo, visible incluso a pleno dia.
Diagráma de Jon Lemberg. en Comet de Carl Sagan e Ann Druyan |
Posiblemente
especularían sobre o seu significado, o presaxio ou a importancia
relixiosa. As xentes decidiron copialo en unha rocha onde xa
anteriormente se foran gravando fenomenos similares coa intención de
que quedaran rexistrados por si algún dia un deses fenomenos
rematara con eles, ou ben poder prever si se repetirian con algunha
periodicidade.
Todo
o que acabo de dicir, non pasa de ser unha mera especulación. A
forma da esvástica
non e moi diferente das estructuras en molinete observadas en moitos
cometas. Recentemente no cometa Bennet 1970.
Cometa Bennet 1970II |
Si
estudamos esas formas, poderemos aceptar a posibilidade de que si
pasa perto da terra un numero suficiente de cometas con surtidores,
tarde ou cedo chegará algún que presente unha forma parecida a unha
esvástica. Pero por si solo, este argumento e insuficiente para
convencernos do orixen cometario do simbolo. En un tema tan
especulativo falta polo menos un elemento de proba directa.
Fragmento do libro de seda de Mawangdui con representacións cometarias. |
E
é aquí onde entra o achado en unha tumba da dinastía Han en
Mawangdui, China de un antigo atlas de seda con figuras cometarias do
seculo III ou IV adC, pero trátase
de unha antoloxía de observacións cuxa antiguidade e moito maior.
Nel figuran 29 modelos de cometas, xunto con descripcions e presaxios
relativos a cada un. O numero 29 representa unha esvástica
con
unha descripción mais extensa que a dos demais. Esé é, coido, o
elemento diferenciador e que permitiria identificalo co que esta
gravado na Portela
da Laxe
en Viascón.
E
un cometa que pode aparecer nas catro epocas do ano, o que indicaría
un cometa de ciclo corto, posiblemente de uns catro anos o que
coincidiría coas distintas representacións que aparecen no
petróglifo e
que irei describindo en sucesivas entradas deste blog.
Para
a elaboración deste escrito seguin a publicación Comet
de Carl Sagan e Ann Druyan, 1985 do que tomei moitos datos.