lunes, 27 de agosto de 2018

¿ UN HENGE NO CONCELLO DE FORCAREI ?


¿ UN HENGE NO CONCELLO DE FORCAREI ?





A mediados dos anos 70 do pasado seculo, as persoas que tiñamos inquietudes patrimoniales e arqueolóxicas case non tiñamos acceso a ningunha publicación especializada si exceptuamos as revistas que editaban distintos museos e universidades, non sempre ben divulgadas e limitada a sua distribución a contadas bibliotecas.

No medio dese deserto editorial botabase en falta unha revista de caracter divulgativo de masas e fora dos circuitos de distribución acádemicos.

Foi nese contexto cando por casualidade en un kiosko de xornales en Vigo dei con unha revista que se publicaba en Francia baixo o titulo de Histoire et Archeologie e as suas monografías baixo o titulo de Les dossiers de l’Archeologie e que me abriu os ollos hacia uns temas que aquí en España eran caseque descoñecidos, como por exemplo o uso da fotografía aerea para o descubrimento de xacementos arqueolóxicos.




E certo que na facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago xa se estaban a utilizar as fotos procedentes do vóo de Xullo de 1957 feito pola marina dos USA para a elaboración do primeiro atlas fotogramétrico da Peninsula Iberica anque coa finalidade caseque exclusiva de identificar castros e as posibles centuriacións que poideran atoparse na comarca da Limia, e practicamente nada mais.

Despois de ser aceptado como membro da Sección de Prehistoria e Arqueoloxía do Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos do CSIC, tiven acceso as copias das fotos de dito vóo e ademais o uso de un visor estereoscópico que me permitiu facer unha primeira aproximación ao uso desa tecnoloxia, e de casualidade dar conunha figura que no seu tempo non supen identificar e que agora, cuarenta anos despois dou a coñecer.

Trátase, como se pode apreciar de un recinto circular de uns 110 metros de diametro unido a unha avenida rectilinea de uns 170 metros de lonxitude e 25 metros de ancho que parece penetrar no interior do recinto con un quiebro dirixido hacia dereita da imaxe e flanqueada por dous pequenos muros. (Todas estas medidas son aproximadas e obtidas a partires dos datos da aplicación https://es.goolzoom.com )






A dereita do recinto principal, e visible unha pequena estructura circular de uns 20 metros de diametro.

Perpendicular a avenida dous muros delimitan unha figura trapezoidal de uns 75 x 30 metros con unha divisuión interior.

Está ubicado no concello de Forcarei, na parroquia de Santiago de Pardesoa, entre San Marcos e O Xisto, coordenadas: 42.52734902, -8.31862365 a unha altitude de 632 m.s.n.m.

A semellanza de estas estructuras coas denominadas Henge nas Illas Britanicas e evidente, e tamén co xacemento de A Roda de Barreiros, Lugo

Arbor Low Henge, Derbyshire, Inglaterra (https://www.webbaviation.co.uk)



Un Henge e unha estructura prehistórica en forma circular ou ovalada, anque mais raramente tamen pode ser rectangular, formada por un foxo e un terraplen que a delimitan. Poden contar con unha via de acceso e con estructuras petreas ou de madeira no seu interior. Nalgúns casos presentan unha marcada orientación astronómica que pode definir unha función calendárica ou ritual. Son frecuentes nas Illas Britanicas, anque recentemente se descubriran algunhas na Galiza, como é o caso da Roda de Barreiros ou o de Adai, tamén en Lugo.

Para a sua cronoloxía en Galiza tan só contamos con unha data de radiocarbono obtida na Roda de Barreiros arredor do 1700 a.de C. en pleno Bronce Medio.

Ao longo destes corenta anos este recinto pasou por varias fases de forestación que alteraron sensiblemente o seu entorno e danáron, coido que irremediablemente, a avenida que nas modernas imaxes xa non se aprecia.




A primeira imaxen aérea de que dispoñemos e a do primeiro vóo americano de 1946, anque de baixa resolución, permite apreciar o henge e mais a sua avenida de acceso, pero ademais amosa unha serie de pequenos camiños de servizo as parcelas, xa que daquela ainda se adicaba a labores agrícolas que xa pouco mais perduraron. A seguinte imaxe e do vóo americano do ano 1957, nela xa caseque desapareceron as parcelas de labor, o que supón xa un grande cambio nos usos do solo, quedando abandonadas as leiras e ocupadas por matogueiras e monte baixo. E esta a mellor das imaxes historicas de que dispoñemos, pois as seguintes de 1973 e 1980 feitas en condicións mais desfavorables de luz apenas permiten ver a estructura circular e constatar o abandono do monte que uns vinte anos despois foi intensamente forestado con unha plantación de piñeiros que alterou definitivamente o emplazamento.



Entre os anos 2001 e 2003 mentras os piñeiros eran cativos, ainda se obtiveron boas fotos estas xa en cores que permiten ollar ben o recinto e unha especie de camiños de acceso pola sua parte oriental e practicamente sin rastro da avenida que desde o SO penetraba no recinto.



Entre os anos 2010 e 2017 xa non e visible nas fotos debido o crecemento da masa arbórea que na actualidade aparece seriamente afectada.



Nesta imaxen dixital do relevo ainda permite apreciar a existencia de un sulco posiblemente pertencente a avenida de acceso desde o SO.

Coido que podería ser o momento de que as autoridades responsables do coidado do noso Patrimonio, diante da escasez de monumentos de este tipo, fixeran algunha actuación tendente a seu estudo e posta en valor, anque debo manifestar o meu pesimismo, vendo o pouco (ningún) caso que se lle fixo a Roda de Barreiros, totalmente esquecida até que este verán foi sometida a unha laboura de roce da matogueira que a estaba a cubrir.




 Esta ultima imaxe e comparativa do estado en que se atopa Stonehenge na Gran Bretaña e de como nos gustaria chegar a ver o Henge que veño de dar a coñecer que alomenos no plano formal presenta grandes similitudes..


No hay comentarios:

Publicar un comentario