O
MATO DAS CRUCES, SALCEDO,
REVISITADO.
(I)
O Mato das Cruces en San Martiño de Salcedo, Pontevedra e as suas laxes con gravados rupestres e unha das estacións que poderiamos considerar como históricas dentro da arte rupestre galega. Pertence o grupo de estacións que foron catalogádas pola veterana Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra e dadas a coñecer nos primeiras publicacións que abordaron distintos aspectos desa faceta tan particular da historia galega.
Temos a fortuna de contar con uns excelentes debuxos da autoría do debuxante Enrique Campo realizado a principios do seculo XX que nos permite observar a evolución do estado da rocha até os nosos dias.
Trátase de un gran outeiro rochoso dividido por diaclasas en varias superficies aplanadas e con pequenas pendientes, en catro das cales poden observarse unha serie de gravados en distintos graos de conservación. Este outeiro, como moitisimos outros, foi obxecto de actuacións de cantería cuxos sinais son claramente visibles na sua contorna e que afectaron en gran medida a todo o conxunto.
Desde él, dominábase o amplo val do rio Tomeza, anque a dia de hoxe a visibilidade e limitadisima por mor das plantacions incontroladas de eucaliptos e o descuido xeral das masas de monte que esta a padecer Galiza en xeral e Pontevedra en particular. A unica vista que pode dar unha idea da que se tiña en tempos pasados e esta tomada a uns 50 metros a dereita do xacemento. Apreciase o fundo a cidade de Pontevedra da que apenas dista uns 5 km.
Vista cenital da reconstitucion dixital do conxunto das rochas coa sua numeración de cara o seu estudo. Apreciase ben o grau de abandono. |
O seu estado de conservación, como o da inmensa maioria das estacions de arte rupestre galego, e de extrema deixadez, arrodeado de masas de eucaliptos, toxos e fentos que en caso de incendio, cada vez mais frecuente, levaria a infrinxirlle danos irreparables.
A Xunta de Galicia e o Concello de Pontevedra, ambolos dous encarregados por lei da su conservación, fan caso omiso das denuncias interpostas por varios colectivos de defensa do Patrimonio, o que os fai complices da sua destrucción. E curioso como desde os gobernos do PP e do BNG se coincide en malgastar cartos no sostemento de bens da iglesia católica (exenta de pagar impostos) mentras se deixan desprotexidas as mais antigas mostras do noso riquisimo patrimonio arqueolóxico.
A única actuación feita nesta estación, foi a colocación de un panel, seica informativo, no que o rigor e inexistente. E un compendio de inexactitudes e desprezo polo que alí está representado.
Fixo falla a union de oito organismos oficiais para parir semellante enxendro linguistico e descriptivo. Fala de dous paneis con gravados, cando son alomenos catro, e de un lugar de gran valor paisaxistico, cando na realidade está sepultado entre eucaliptos que non permiten ningunha visibilidade paisaxistica. A traducción do texto galego o inglés debeu ser feita por alguén que odia profundamente esa lingua e a ignora ou, o mais probable, por algun programa (malo) de traducción automática, quedando como unha mostra do que non se debería permitir en ningún caso e menos ainda financialo con fondos europeos.
Chama a atención que entre os organismos da Xunta de Galicia que financiou parte desta actuación, este ausentre a Consellería de Patrimonio, supoño que os petróglifos non son da sua competencia…..
O primeiro conxunto na laxe 1, no que centrarei este primeiro traballo, e o mais afastado da entrada polo muro que circunda o mato, presenta um amplo desconchado na rocha, producto probablemente das labouras de canteria que tiveron lugar ao longo do seculo XX e posiblemente con anterioridade. Vou a cinguirme exclusivamente a este ultimo periodo, pois o debuxo que encabeza este traballo e o que sigue, da autoria do malogrado debuxante Enrique Campo, finado no 1911 con apenas vinteun anos, permite apreciar o estado en que se atopaba na primeira decada do seculo XX. Isto vai a permitir ollar a evolucion da conservación dos distintos motivos que aparecen gravados e botar un pouco de luz sobre o mais singular deles, a representación similar a unha cornamenta de cervo exenta, descontextualizada de calquer figura de cuadrupedo que poidera haber na rocha e propoñer novas lecturas favorecidas pola utilización das novas tecnoloxías de reconstitución tridimensional e modelado dixital da rocha.
Mália as diferenzas da proxección xeométrica, pódese comprobar a exactitude na representación dos gravados, agás algunha minima diferenza na interpretación, o que permite supoñer que o representado no debuxo é o que se podia ollar na rocha cando este foi feito.
E visible un minimo desconchado que caseque non afecta a ningún dos motivos, quedando totalmente despexada a zona onde podería haber estado a representación do corpo o que corresponderian os supostos cornos, polo que non é aventurado pensar que nunca houbo tal representación. De feito, anque moi proximos a rotura da rocha, vese claramente que rematan en un vertice exento.
Deixando aparte a semellanza formal coas astas de un cervo, coido que poden ter relación con alguns motivos representados na Portela da Laxe en Viascón, ou na Laxe das Cruces en Tourón, sobre os que estou traballando na actualidade e pendentes de confirmación e publicación.
A dia de hoxe o desconchado afecta a catro motivos. O grupo de cazoletas enmarcadas nun semicirculo a esquerda completamente desaparecido, mais da metade das duas combinacións de circulos na parte superior e a menos afectada sería a combinación circular profundamente rebaixada da parte inferior.
Neste calco da autoría de Antonio de la Peña Santos pódese apreciar con claridade o alcance da afección os gravados e sirveme tamén para facer unha reflexión.
De entre os sistemas de reproducción dos gravados rupestres até o advenimento das novas tecnoloxías, os calcos foron e son, sin dubida, un dos metódos mais precisos pero que padecen, según o meu criterio, de unha excesiva valoración do estado actual da superficie do sulco, profundamente alterado pola erosión, en detrimento do trazado inicial deste e do espazo entre eles, ou dito doutra maneira a prevalencia da superficie unidimensional sobre a tridimensionalidade que lles confire o feito de estar representados sobre unha superficie en relevo, quedando os motivos, moitas veces claramente distorsionados e que deberían ser interpretados como si de baixos relevos se tratara. Isto e moi evidente cando se compara o calco coa reproducción tridimensional por exemplo nesta comparación da combinación circular da parte baixa de esta reproducción coa sua reproducción en relevo.
Das once combinacións circulares, completas ou mutiladas, que decoran a laxe, alomenos tres permiten unha nova lectura a raiz do xa exposto en anteriores entradas do blog, nas que apunto a posibilidade de que poidan tratarse de representacions serpentiformes. Poño a carón da reproducción do gravado, unha versión coloreada coa unica intención de facer visible a miña interpretación, que en ningun caso considero definitiva, agardando que outras personas, a vista do motivo poidan dar as suas propias valoracións e contribuir a sacar do impasse actual e abrir novas vias o estudo dos petróglifos.
A primeira e un grupo de tres cordons enrolados entorno a un grupo de oito coviñas moi erosionadas con outras moitas na parte externa. A semellanza con unha serpe protexendo os ovos, segundo a miña interpretación, coido que é evidente.
Na segunda figura, considerada como anterior simplemente como combinación de circulos concentricos con coviña central e apendice, pasando por alto o feito de que en moitas ocasións o apendice sirve para delimitar claramente unha figura replegada sobre si mesma, si deixamos de ver só sulcos e damos protagonismo o espazo que delimitan.
A terceira, e mais pequena, ofrece menos dubidas a hora da sua lectura. Trátase de unha figura serpentiforme coa parte mais delgada do seu corpo no exterior e que se replega sobre si mesma duas veces até chegar o centro.
Con todo, non considero que o feito de representar estes serpentiformes, agás nalgun caso, esté ligado o animal propiamente dito, senon a unha idea que poida ser representada por él, co cal o abano de posibilidades interpretativas extendese exponencialmente, permitindo abrir o enfoque hacia representacións celestes que coido pode ser este caso concreto como irei desenvolvendo en vindeiros artigos
Talmente d acordo,permítome facer unha opinión d observación dende o punto d vista d como nos conxuntos os sulcos fan entre eles un sistema q evita pozas ou asulegamentos q distorsionaran o efecto e as cores q levaran,¿ Nas representacións .verticales non levan surco ??.Eu as vexo co a iluminación das teas,ou no albor,solpor,po lo efecto do regueiriño e coviñas co auga ou viño🤭Debia seré,e, si se fai flipante😳
ResponderEliminar