miércoles, 5 de diciembre de 2018

PETRÓGLIFOS E COMETAS


PETRÓGLIFOS E COMETAS



Cometas gravados na Portela da Laxe

Inicio con esta entrada unha serie de escritos acerca da presencia de representacións cometarias nos petróglifos galegos, tentando abrir novas vias de investigación e achegamento os motivos que en eles aparecen gravados. Teñense feito, con distinta fortuna, nos ultimos anos intentos de vincular os gravados rupestres e as rochas nos que se atopan con distintas orientacións astronómicas correspondentes a momentos determinados dos ciclos estacionais. Eu desde aquí pretendo dar outro enfoque a este tipo de aproximación, complementandoas ou ampliando os campos de investigación.

Comezo con unha das rochas que me parecen mais singulares no repertorio dos motivos gravados e que nunca foi estudada nin reproducida na sua totalidade, permanecendo en un absoluto abandono, como a inmensa maioria das estacións de Arte Rupestre galega por parte das autoridades da Xunta de Galicia, reponsables ultimas da sua destrucción.

Vista cenital da rocha na que se aprecia o seu abandono e os restos do incendio sufrido fai uns anos

Trátase da Portela da Laxe en Viascon, Cerdedo-Cotobade, a que dediquei unha das entradas deste blog e que é sobrevivinte do grupo de cinco rochas con gravados dos cales catro foron destruidas a finais dos anos 70 do seculo pasado para a ampliación da estrada Pontevedra-Ourense e que aparte pequenos estudos sobre motivos concretos (esvásticas e paletas), permanece sin un estudo de conxunto.

Ten baixo o meu punto de vista e a falta de estudos mais extensos, unha dais mais numerosas representacións de simbolos cometarios merecentes de unha monografía especifica polo seu valor e singularidade.

1 A ESVÁSTICA

Entre os simbolos de difusión mundial, sin dubida a esvástica ou cruz gamada e os seus derivados, trisquéles, tetrasquéles, trinácrias, láuburos ou rosas camúnas, é un dos mais amplamente representados. Tanto é así que non se pode recurrir as teorias difusionistas para xustificar a sua aparición nas mais diversas cronoloxías e culturas dos cinco continentes.

Tradicionalmente, na bibliografía histórica (caseque toda ella referida a Eurasia) ven sendo interpretada como unha representación solar que derivou en simbolo de boa sorte en algunhas relixións maormente do sul e sudeste asiatico.

A pesares dos que siguen mantendo a sua relación coa figura do sol ou o seu percorrido o longo dos ceos, as probas de que se dispoñen distan moito de confirmalo.

En moitos lugares aparece formando parte de unha tríada xunto co Sol e a Lúa, polo que non parece haber motivo para duplicar a representación do sol ou o seu camiño. E mais, en moitos gravados no Tibet, aparece sobre a esvastica un motivo descrito como con forma de lágrima que ben poderia ser unha coma cometaria.


Gravado da Idade do ferro no Tibet

Este simbolo de catro brazos doblados que parten de un centro comun, foi adoptado oficialmente e convertido en sinonimo de horror polo réxime da Alemania nazi, pero houbo unha época moi anterior na que as esvásticas abundaban e eran simbolos benignos coñecidos por caseque todalas culturas do planeta.

¿Como chegou a establecerse este simbolo nas antigas culturas da India, China, Tibet, SO norteamericano, Mexico Maya, Brasil, Gran Bretaña, Galiza, Exipto, Turkia, Nixeria, Centroeuropa, e Irán entre outros lugares?

A esvástica é un autentico enigma: un simbolo de miles de anos de antiguidade que o parecer non nace espontaneamente, pola sua complexidade, na mente das personas nin se transmite primariamente de cultura en cultura, polo que estaríamos diante de un problema irresoluble.

Sin embargo, si a esvástica tivera o seu orixen en algo aparecido no ceo, algo que poideran observar culturas moi separadas, resolveriase o misterio.

De entrada, esa idea parece moi alonxada da realidade poola sinxela razón de que hoxendía non hai no ceo algo que semelle unha esvástica resplandecente. Pero basta con botar unha ollada os debuxos e fotos dos surtidores que proxecta un núcleo cometario para percibir que ahí hai os elementos necesarios para crear un prodíxio deste tipo.


Tormenta dos meteoros das Leonidas 1833

Imaxinemos entón unha escea no que catro ou cinco mil anos mais tarde será coñeceido como Viascón. Nas noites dos ultimos meses grandes prodixios se viran nos ceos nocturnos. As estrelas parecian caer na terra, o terror daquelas xentes tiña que haber sido absoluto. Os grandes meteoroides vaporizantes (bólidos) en unha atmósfera cargada con polvo de cometa producirián efectos visuales inusuales. Refracción, reflexión e posiblemente emisión secundaria entran en xogo como cando un obxecto considerable salpica en unha atmósfera cargada de aerosol comprimindo moléculas de gas contra motas de polvo co arco da sua onda de choque ate que o obxecto se vaporiza, alumeando as múltiples capas de compresión de gas e entullos separados. Desde o chan esto podería parecer como si un deus tirara unha pedra no estanque del ceo. E moi probable que un gran sector del ceo enchérase de tales fenómenos. Anque a intensidade podería variar de ano en ano os nosos antepasados, agardaban sen dubida, un espectáculo de luz bastante desconcertante en determinadas epocas do ano e, un dia unha gran cruz coas puntas curvadas apareceu no ceo, visible incluso a pleno dia.



Diagráma de Jon Lemberg. en Comet de Carl Sagan e Ann Druyan

Posiblemente especularían sobre o seu significado, o presaxio ou a importancia relixiosa. As xentes decidiron copialo en unha rocha onde xa anteriormente se foran gravando fenomenos similares coa intención de que quedaran rexistrados por si algún dia un deses fenomenos rematara con eles, ou ben poder prever si se repetirian con algunha periodicidade.

Todo o que acabo de dicir, non pasa de ser unha mera especulación. A forma da esvástica non e moi diferente das estructuras en molinete observadas en moitos cometas. Recentemente no cometa Bennet 1970.


Cometa Bennet 1970II

Si estudamos esas formas, poderemos aceptar a posibilidade de que si pasa perto da terra un numero suficiente de cometas con surtidores, tarde ou cedo chegará algún que presente unha forma parecida a unha esvástica. Pero por si solo, este argumento e insuficiente para convencernos do orixen cometario do simbolo. En un tema tan especulativo falta polo menos un elemento de proba directa.


Fragmento do libro de seda de Mawangdui con representacións cometarias.

E é aquí onde entra o achado en unha tumba da dinastía Han en Mawangdui, China de un antigo atlas de seda con figuras cometarias do seculo III ou IV adC, pero trátase de unha antoloxía de observacións cuxa antiguidade e moito maior. Nel figuran 29 modelos de cometas, xunto con descripcions e presaxios relativos a cada un. O numero 29 representa unha esvástica con unha descripción mais extensa que a dos demais. Esé é, coido, o elemento diferenciador e que permitiria identificalo co que esta gravado na Portela da Laxe en Viascón.

E un cometa que pode aparecer nas catro epocas do ano, o que indicaría un cometa de ciclo corto, posiblemente de uns catro anos o que coincidiría coas distintas representacións que aparecen no petróglifo e que irei describindo en sucesivas entradas deste blog.

Para a elaboración deste escrito seguin a publicación Comet de Carl Sagan e Ann Druyan, 1985 do que tomei moitos datos.