PETRÓGLIFO
DA LAXE DAS PICADAS
DE
DESTRUCTORES E SALVADORES DO PATRIMONIO
Na “Conferencia sobre el descubrimiento de insculturas rupestres de Galicia” que Ramon Sobrino Buhigas pronuncia no ano 1928 na sede da Real Sociedad Geográfica, adica a Casto Sampedro, presidente da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra, e o debuxante e primo seu Enrique Campo estas verbas de admiración: “quienes cuantos a estos estudios se dediquen, rendirán testimonio de admiración y profundo agradecimiento por la labor realizada en la materia, base de todo cuanto posteriormente se hizo sobre arte rupestre en Galicia”.
Estas mismas verbas podo aplicarllas, sin cambiar unha coma, a él mesmo e o seu fillo Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza, pola inxente laboura desenvolvida o longo de mais de medio século, co descobrimento, estudo e catalogación de estacións de arte rupestre que culminaron coa publicación do monumental Corpus Petroglyphorum Gallaeciae.
A sua importancia está fora de toda dúbida, pero tampouco está exenta de claroscuros como calquer outra persoa, e o recoñecemento da sua valía, non pode, nin debe, agochar outros feitos de mais dificil aceptación.
Noutras entradas deste blog (1), (2), (3), (4) e (5) intentei demostrar a fraude cometida na Pedra da Moura Encantada en Mogor, Marín e hoxe quero chamar a atención sobre o comportamento no traslado do petróglifo da Laxe das Picadas e a sua peripecia até quedar depositado no Museo de Pontevedra.
O petróglifo na sua ubicación orixinal, 1917. |
Este petróglifo estaba situado na tomada de Rey Dominguez en Montecelo, Poio e alí foi fotografado por Ramón Sobrino Buhigas no ano 1917. No estado actual atópase fragmentado en seis anacos e con unhas medidas de 2x1,50 m aprox. Presenta na sua superficie varias combinacións circulares, algunha figura de cuadrúpede e múltiples coviñas as que alude a sua denominación.
Despois da sua publicación no Corpus Petroglyphorum Gallaeciae e algunhas referencias en distintas publicacións de diversos autores, no ano 1951, sin saber os motivos foi partido e trasladado a finca que os Sobrino tiñan na veciñanza como aparece recollido en unha nota do diario de Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza.
Diario de Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza |
Non resulta comprensible esta actuación, pois, no suposto que estivese en peligro, o normal sería que o seu traslado fose o Museo de Pontevedra, que nos anos cincuenta do século pasado, xa tiña recollidos algúns petróglifos, e ademais sería de agardar que as persoas que se interesaban no seu estudo e conservación o depositaran nel e non en unha finca privada.
Evidentemente Sobrino Lorenzo-Ruza era coñecedor desas prácticas, e ademais por eses días estaba a organizarse o III Congreso Arqueológico Nacional que se celebrou en Pontevedra ano e medio despois, polo que resulta de todo punto incomprensible a apropiación para seu desfrute de esta peza patrimonial.
Supoño que o que realmente buscaba, era ter no seu xardín privado un elemento decorativo de primeiro orde, e por si acaso deixou constancia dos gastos do traslado para poder reclamalos en caso de que tivese que depositalo no Museo como sería a sua obriga.
Permaneceu no xardín da sua casa en estado de lamentable abandono até que foi vendida a mediados dos anos 70.
Nesas datas o seu sobriño neto Angel Núñez Sobrino solicitou diante da Comisión Provincial de Patrimonio autorización para trasladalo a Casa da Eira que posúen en Cequeril, Cuntis, como si fose un ben da sua propiedade.
Actas da Comisión Provincial de Patrimonio |
A resposta da Comisión autorizando o traslado é lapidaria. Autorízao pero con unha serie de salvagardas. Que se faga co debido coidado e, que houbera sido preferible que se incorporara o Museo Provincial. Na mesma resposta comunica o Patronato do Museo para que fagan algunha xestión nese sentido. Así mesmo a Comisión “lamenta y condena el deplorable estado en que se encuentra el petroglífo”
A recomendación o Patronato do Museo tivo efecto, pois a pesares da intención do solicitante de levalo, hoxendía esta no Museo anque este pretenda vendelo como un logro persoal e o documente con esta carta.
Sería crible de non contar coas actas da Comisión Provincial de Patrimonio onde queda patente a sua intención de quedarse con el en un novo emprazamento.
Para os que coñecimos a García Alén, non nos resulta difícil imaxinar as xestións levadas a cabo para convencelo de que o entregara o Museo anque fora como unha doazón, aceptando de feito a sua propiedade, anque non se fiaba moito del, cando pide que o “donativo tuviese el consentimiento de tus padres y de tu abuela”
A vista dos datos aportados, queda de manifesto que non se tratou de un donativo voluntario, xa que se asi fora non se pretendería o seu traslado a outra finca familiar, senón que antes de solicitar o traslado, se fixera entrega voluntaria no Museo e xa este xestionaría con Patrimonio o traslado.
El Correo Gallego, 21.10.2012 |
O mérito de que hoxe o petróglifo se atope no Museo de Pontevedra hai que atribuírllo a Alfredo Garcia Alén, quen coa lexislación vixente no ano 1976, podendo ir coa Garda Civil a incautalo, preferiu facelo como donativo por deferencia a sua avoa “persona a la que respeto demasiado para que hiciesemos algo que ella no aprobase”.
Ben está o que ben acaba
Bibliografía:
Nuñez Sobrino, Angel: Ramón
Sobrino Lorenzo-Ruza (1915-1959), eximio arqueólogo .
Anuario Brigantino 2015, nº 38
Nuñez
Sobrino, Angel:Ramón
Sobrino Buhígas (1888-1946): materia y forma pétrea señalada y
nombrada. Anuario
Brigantino 2017, nº 40
El
Correo Gallego, Compostela 23.10.2012
O petroglifo "entra" no Museo en 1980. As "irregularidades" administrativas foron constantes, sobre todo dende que, en 1974, ten a categoría de Monumento Nacional (hoxe: B.I.C.), e así aparece, co nº 161, no B.O.E. de 20/12/1974. Pero no País das Trapalladas, como tí ben dices, ben está o que ben acaba.
ResponderEliminar