Mostrando entradas con la etiqueta sobrino lorenzo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta sobrino lorenzo. Mostrar todas las entradas

lunes, 25 de noviembre de 2019

PETRÓGLIFO DA LAXE DAS PICADAS




PETRÓGLIFO DA LAXE DAS PICADAS

DE DESTRUCTORES E SALVADORES DO PATRIMONIO







Na “Conferencia sobre el descubrimiento de insculturas rupestres de Galicia” que Ramon Sobrino Buhigas pronuncia no ano 1928 na sede da Real Sociedad Geográfica, adica a Casto Sampedro, presidente da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra, e o debuxante e primo seu Enrique Campo estas verbas de admiración: “quienes cuantos a estos estudios se dediquen, rendirán testimonio de admiración y profundo agradecimiento por la labor realizada en la materia, base de todo cuanto posteriormente se hizo sobre arte rupestre en Galicia”. 



Estas mismas verbas podo aplicarllas, sin cambiar unha coma, a él mesmo e o seu fillo Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza, pola inxente laboura desenvolvida o longo de mais de medio século, co descobrimento, estudo e catalogación de estacións de arte rupestre que culminaron coa publicación do monumental Corpus Petroglyphorum Gallaeciae.


A sua importancia está fora de toda dúbida, pero tampouco está exenta de claroscuros como calquer outra persoa, e o recoñecemento da sua valía, non pode, nin debe, agochar outros feitos de mais dificil aceptación.

Noutras entradas deste blog (1), (2), (3), (4) e (5) intentei demostrar a fraude cometida na Pedra da Moura Encantada en Mogor, Marín e hoxe quero chamar a atención sobre o comportamento no traslado do petróglifo da Laxe das Picadas e a sua peripecia até quedar depositado no Museo de Pontevedra.


O petróglifo na sua ubicación orixinal, 1917.


Este petróglifo estaba situado na tomada de Rey Dominguez en Montecelo, Poio e alí foi fotografado por Ramón Sobrino Buhigas no ano 1917. No estado actual atópase fragmentado en seis anacos e con unhas medidas de 2x1,50 m aprox. Presenta na sua superficie varias combinacións circulares, algunha figura de cuadrúpede e múltiples coviñas as que alude a sua denominación.



Despois da sua publicación no Corpus Petroglyphorum Gallaeciae e algunhas referencias en distintas publicacións de diversos autores, no ano 1951, sin saber os motivos foi partido e trasladado a finca que os Sobrino tiñan na veciñanza como aparece recollido en unha nota do diario de Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza.



Diario de Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza


Non resulta comprensible esta actuación, pois, no suposto que estivese en peligro, o normal sería que o seu traslado fose o Museo de Pontevedra, que nos anos cincuenta do século pasado, xa tiña recollidos algúns petróglifos, e ademais sería de agardar que as persoas que se interesaban no seu estudo e conservación o depositaran nel e non en unha finca privada.



Evidentemente Sobrino Lorenzo-Ruza era coñecedor desas prácticas, e ademais por eses días estaba a organizarse o III Congreso Arqueológico Nacional que se celebrou en Pontevedra ano e medio despois, polo que resulta de todo punto incomprensible a apropiación para seu desfrute de esta peza patrimonial.


Supoño que o que realmente buscaba, era ter no seu xardín privado un elemento decorativo de primeiro orde, e por si acaso deixou constancia dos gastos do traslado para poder reclamalos en caso de que tivese que depositalo no Museo como sería a sua obriga.

Permaneceu no xardín da sua casa en estado de lamentable abandono até que foi vendida a mediados dos anos 70.




Nesas datas o seu sobriño neto Angel Núñez Sobrino solicitou diante da Comisión Provincial de Patrimonio autorización para trasladalo a Casa da Eira que posúen en Cequeril, Cuntis, como si fose un ben da sua propiedade.




Actas da Comisión Provincial de Patrimonio


A resposta da Comisión autorizando o traslado é lapidaria. Autorízao pero con unha serie de salvagardas. Que se faga co debido coidado e, que houbera sido preferible que se incorporara o Museo Provincial. Na mesma resposta comunica o Patronato do Museo para que fagan algunha xestión nese sentido. Así mesmo a Comisión “lamenta y condena el deplorable estado en que se encuentra el petroglífo”



A recomendación o Patronato do Museo tivo efecto, pois a pesares da intención do solicitante de levalo, hoxendía esta no Museo anque este pretenda vendelo como un logro persoal e o documente con esta carta.




Sería crible de non contar coas actas da Comisión Provincial de Patrimonio onde queda patente a sua intención de quedarse con el en un novo emprazamento.


Para os que coñecimos a García Alén, non nos resulta difícil imaxinar as xestións levadas a cabo para convencelo de que o entregara o Museo anque fora como unha doazón, aceptando de feito a sua propiedade, anque non se fiaba moito del, cando pide que o “donativo tuviese el consentimiento de tus padres y de tu abuela” 



A vista dos datos aportados, queda de manifesto que non se tratou de un donativo voluntario, xa que se asi fora non se pretendería o seu traslado a outra finca familiar, senón que antes de solicitar o traslado, se fixera entrega voluntaria no Museo e xa este xestionaría con Patrimonio o traslado.

El Correo Gallego, 21.10.2012

O mérito de que hoxe o petróglifo se atope no Museo de Pontevedra hai que atribuírllo a Alfredo Garcia Alén, quen coa lexislación vixente no ano 1976, podendo ir coa Garda Civil a incautalo, preferiu facelo como donativo por deferencia a sua avoa “persona a la que respeto demasiado para que hiciesemos algo que ella no aprobase”.



Ben está o que ben acaba




Bibliografía: Nuñez Sobrino, Angel: Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza (1915-1959), eximio arqueólogo . Anuario Brigantino 2015, nº 38

Nuñez Sobrino, Angel:Ramón Sobrino Buhígas (1888-1946): materia y forma pétrea señalada y nombrada. Anuario Brigantino 2017, nº 40

El Correo Gallego, Compostela 23.10.2012