AS
CONSECUENCIAS DE UNHA FRAUDE
Pedra da Moura Encantada, Mogor, Marín Restitucion fotogramétrica. |
Como teño indicado
nas anteriores entradas deste blog ( 1,2,3
e 4
) a modificación da representacion do gravado de unha serpe na Pedra
da Moura Encantada para que se semellase a un laberinto e desviar así
a atencion hacia o mundo mediterraneo, conlevou que se desbotase
calquer outra posible interpretación.
Así chegouse o
extremo que resulta cando menos ridículo que os investigadores da
arte rupestre do NO da Peninsula
Iberica, cegados pola sua reluctáncia tachen de seudolaberintos
ou laberintiformes
todos aqueles motivos que se asemellan o que aparece gravado na Pedra
da Moura Encantada pero que difiren nos seus trazos, sin ser capaces
de ver que o que aparece na dita rocha é un seudolaberinto si o
comparamos cos laberíntos canónicos, como o dos Campiños, situado
a uns 25m. Ou o do Outeiro do Cribo en Armenteira.
Esa cerrazón mental
propiciou que se siga falando de laberintiformes ou seudolaberintos
en vez de falar de serpes ou serpentiformes, o que axudaría sen
nengunha dubida a avanzar na comprensión e/ou interpretación deses
gravados tan numerosos e sacálos do apartado de rarezas dentro dos
motivos representados nos petróglifos.
Garcia Alén e de la Peña Santos, 1980 |
Desde os traballos
de Vazquez Varela e de la Peña Santos intentando sistematizar os
motivos para tentar avanzar nas cronoloxías relativas ou nas
asociacións de motivos, sempre me chamou a atención a non inclusión
das figuras espirais e laberintos entre os zoomorfos xunto coas
outras duas figuras de serpes. E a aceptación para os cuadrupedos a
delimitación do corpo por medio de trazos, pero non para as serpes,
si exceptuamos a discutible da Pedra da Beillosa.
Aceitando que as
serpes poden esta representadas mediante dous trazos que suliñan o
corpo, entón de maneira automatica abrese un gran abano de
posibilidades de interpretación de figuras como algunhas
combinacións circulares incluidas na categoria de motivos
xeométricos, especialmente as figuras arriñondas e as suas
combinacións.
Pedra da Moura Encantada. Restitución fotogramétrica con cor engadida |
Sin apenas
separarnos do motivo principal da Pedra da Moura Encantada que sería
a mais coñecida tanto pola calidade do gravado, canto pola sua
amplisima e acrítica difusión temos outra figura que pasa
practicamente desapaercibida e que está totalmente eclipsada pola su
irmá mais grande. Trátase de unha figura de menor tamaño e que
para min representa unha serpe enroscada sobre si mesma. Engadín na
figura unha infima cantidade de color para facela mais apreciable a
simple vists e para comparar coa imaxen que encabeza este artigo.
De este xeito a
Pedra da Moura Encantada, xa pasa a ter outra psibilidade de
interpretación, sin necesidade de ir a buscar teseos e minotauros
(lástima de bois, que diria Castelao), chamáns colocados con
sustitutos do LSD e outras barbaridades que hai que oir de boca dos
guias do Centro de Interpretación de Mogor.
Pedra dos Mouros 1 Restitución fotogramétrica con cor engadida |
Apenas 50m. o Leste,
na tamen archicoñecida Pedra dos Mouros, ademauis das tres figuras
de zoomorfos hai un feixe de combinacións circulares, entre as que
figuran alomenos tres posibles representacións de ofidios. A maior e
mais dificil de apreciar polo seu desgaste e unha combinación
tradicionalmente interpretada como un (como non) seudolaberinto. Debo
recoñecer que non foi tarefa fácil chegar a identificar os seus
gastadisimos sulcos, dificultado ademais pola imposibilidade legal de
unha limpeza exaustiva do motivo.
Este gran conxunto
ten sufrido multiples alteracións ao longo do tempo, algunhas en
épocas moi recentes. Coido que o trazo central da figura que veño
de amosar, pola profundidade do sulco, non se corresponde coa epoca
do gravado orixinal. Chama tamén a atencion os dous finos trazos en
V que poderían definir a cabeza da serpe.
Outra das probables
representacións de ofidios é esta pequena combinacion circular con
trazo e coviña central, que creo tamen que representa unha serpe
enroscada con catro volutas e a cabeza cara o esterior.
Existe alomenos
outra representación mais na mesma rocha, anque está pendente de
unha analise mais exhautiva, e que de seguro nos dará mais
sorpresas.
A Godalleira
|
Co exposto até
dagora, considero que é imprescindible un novo enfoque no estudo das
representacións de ofidios, e non circunscibila exclusivamente os
motivos lineales tipo Troña ou Os Remedios, e abrilo a unha profunda
revisión de tódolos motivos tradicionalmente interpretados como
leberintiformes, laberintos, combinacións circulares ou arriñonadas
e tentar averiguar, non xa as relacións co mundo mediterraneo para
interpretar estes motivos, que probablemente existan como alguns
indicios fan pensar, pero dandolles outro enfoque que poida achegar
luz a circunstancia de que esten tan representados os ofidios na
nosa arte rupestre. E si aceitamos que o clásico laberinto está en
realidade formado por duas serpes en proceso de acoplamento ( aquí
), entón e urxente a sua reinterpretación, e deixar definitivamente
de lado a mistificación causada por unha falsificación.
Son conscente da posibilidade de que a miña interpretación sexa errada. E por elo polo que a par dos motivos coloreados, poño os orixinales sin ningun tipo de manipulación, para que calquera poida comprobalo. Si os que fixeron a manipulación na reprodución do gravado da Pedra da Moura Encantada houbesen feito o mesmo, posiblemente hoxe non estaríamos nesta situación.
Son conscente da posibilidade de que a miña interpretación sexa errada. E por elo polo que a par dos motivos coloreados, poño os orixinales sin ningun tipo de manipulación, para que calquera poida comprobalo. Si os que fixeron a manipulación na reprodución do gravado da Pedra da Moura Encantada houbesen feito o mesmo, posiblemente hoxe non estaríamos nesta situación.
Agardo nos vindeiros
traballos seguir amosando a inxente cantidade de figuras susceptibles
de ser reinterpretadas, coa intención de que se poida abrir un
debate, no que someter os meus postulados a critica que non se lle
fixo os responsables do impasse no que nos atopamos no estudo de
estas singulares representacións.
A fe d q a fartura e cantidade de diferentes dibuxos xeométricos d serpe q se coñecen indica cultura,algo común a moita xente e moitas variables o q a serpes se refiere alucinante saudos
ResponderEliminar