viernes, 16 de febrero de 2018

A PEDRA DA MOURA ENCANTADA 3

De laberintos e serpes.


Quero desde o inicio facer unha clara distinción entre as figuras de laberintos no mundo clasico, porque coido que pode ser importante a hora de expoñer a miña hipotesis.

Os dous tipos de laberintos habituales son os de forma mais ou menos circular e os de forma cuadrangular. Nos de forma circular estarían encadrados os que aparecen nos petróglifos do NO da Peninsula Ibérica. En canto os cuadrangulares, estes son totalmente alleos a nosa xeografia e son os unicos aos que aparece vencellada a representación do minotauro sobre todo en moedas no améto xeografico do Exeo e a antiga Grecia. Esta diiferencia formal, podería explicarse porque os cuadrangulares poderían corresponderse a algún tipo de construcción física, no que os trazos se corresponderian a muros e o espazo entre eles a corredores. Este e un feito que a Evans nas suas excavacións en Creta lle sorprendeu ao non atopar un edificio circular que poidera ter correspondencia cos grabados coñecidos.


A pesares de que esta distinción debería ser mais que evidente, no dia de hoxe nos centros de interpretación da Arte Rupestre en Galiza, siguese repetindo a cantinela do Minotauro, Teseo, e o laberinto de Creta, cousa explicable pola devoción (caseque adoración) que os responsables destes centros teñen pola figura de Sobrino Lorenzo-Ruza, o autentico inventor do suposto Laberinto de Mogor.

Tal como manifestei en anteriores entradas do blog, a manipulación realizada sobre a representación do gravado da Pedra da Moura Encantada por parte de Sobrino Buhigas e Sobrino Lorenzo-Ruza no primeiro tercio do seculo XX, levou a unha interpretación do mesmo claramente dirixida a sua vinculación co mundo mediterraneo, coa intención de profundar nas supostas relacións existentes entre este e os mitos fundacionais da vila de Pontevedra, cidade da que eran oriundos.

O engadirlle un trazo inexistente o motivo principal dos gravados na Pedra da Moura Encantada, facendoo semellar a unha representación de un laberinto de tipo circular representado en moedas cretenses, marcou un camiño de investigación, o meu parecer completamente erroneo, que as sucesivas xeracións de arqueólogos foron incapaces de cuestionar, aceptando de maneira acrítica e tan lonxana da practica cientifica, unha interpretación baseada non no gravado en si, senon na sua representación fotográfica, e na opinion indemostrable dos dous autores citados.


Pedra da Moura Encantada, Mogor

Agora, unha vez plantexada unha nova interpretación do dito gravado, que ao noso parecer representaria unha serpe, cumpre analizar que outra interpretación poderian ter os demais gravados de laberintos (estes si mais canonicos) presentes en distintas rochas no NO da Peninsula Iberica, un deles sito apenas a uns 25 m. da Pedra da Moura Encantada, concretamente na rocha coñecida como os Campiños.

Trátase de unha rocha gravemente danada por traballos de cantería, e que na parte conservada amosa a representación de un laberinto de tipo clásico con cruz central e sete voltas acompañado do que creemos que pode ser a representación de unha espada.


Reconstitución dixital da Pedra dos Campiños

As figuras están moi desgastadas e só son visibles en especiales condiciones luminicas, ou mediante tecnicas de reconstrucción de imaxe tridimensionais. A pesares delo, son perceptibles dous engrosamentos no inicio exterior dos sulcos.

Este feito, que practicamente non e mencionado nas publicacións, coido que e o elemento que premite unha nova interpretación do que agocha a figura laberintica.

A primeira vez que vin un laberinto, a primeira imaxe que me viu a cabeza e a de duas serpes entrelazadas. E así podería ser, pero precisaba de mais datos para poder facer unha atribución semellante. E a resposta estaba na Pedra do Outeiro do Cribo, en Armenteira e na de Pé de Mula en Sabaxáns, Mondariz..


Outeiro do Cribo, Armenteira, Meis


Pé de Mula, Sabaxáns, Mondariz                                                                                                                                                        Foto: Angel de Prado

Os laberíntos que ali aparecen gravados xunto con outras figuras, presentan en un dos estremos dos sulcos dous engrosamentos intencionados que coido poden representar as cabezas de dous ofidios. Este feito podería ser accidental, mais o atopalo tamén en outras figuras laberínticas, faime pensar que o que se pretende representar e, efectivamente, un acoplamento entre duas serpes, cuxa interpretación deberá ser motivo de investigación.  


De calquera xeito, coido que se impón un novo enfoque das figuras de serpes, ou serpentiformes gravadas nos petróglifos galegos. De seren consideradas motivos caseque residuais, un novo enfoque permitiria incluir nesa atribución as figuras delimitadas por dous sulcos, como acontece coa da Pedra da Moura Encantada de Mogor ou na do Pornedo I, ou as que representan un só sulco, xa sexa serpenteante rematado ou non en unha cazoleta ou ben as que se enroscan sobre si mesmas en forma de espiral. Son conscente do atrevimento de esta interpretación, pero cos datos dispoñibles na actualidade, penso que hai elementos mais que abundantes para explorar esa nova via.


Interpretación da figura gravada na Pedra da Moura Encantada


Interpretación da Pedra dos Campiños.

E moi dificil sustraerse a idea de que os petróglifos, senón todos, unha gran parte, estiveran no seu tempo sinalizados dalgun xeito, e mesmo algúns estiveran pintados, como aconteceu coa maior parte das manifestacions escultoricas até épocas recentes. Avala esta hipotesis a tradición de pintar en poca castrexa os baixorrelevos que adornaban as portas de algunhas vivendas, ou as estatuas de guerreiros, e o uso da pintura na decoracion dos templos gregos, romanos e nas catedrais e igrexas románicas, chegando nos modestos cruceiros até os nosos dias.

Si ben a conservación dos pigmentos ao ar libre non é doado, si que temos manifestacións do seu uso en abrigos e covas xa desde o paleolítico, onde tiveron a oportunidade de chegar até os nosos dias. Polo tanto o feito de que hoxe non se conserven (anque recentemente tense documentado o achado de pigmentos entre os sedimentos recollidos na excavación de algun petróglifo) non invalida en modo algún a licencia que me permito o facer as reconstruccións pictoricas que acompñan este texto. Non pretenden ser mais que un mero exemplo do aspecto que poderían haber tido no seu tempo, e moito menos supoñer que as cores que uso fosen as dispoñibles daquela entón.