lunes, 22 de julio de 2019

OS OUTROS ATENTADOS O PATRIMONIO


OS OUTROS ATENTADOS O PATRIMONIO







Vista parcial da Pedra dos Carballos

Fai poucos dias denunciabamos en este blog un dos mais graves atentados que se teñen feito desde as institucións encargadas da sua protección contra os petróglifos do Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro (PAAR), e por extensión de toda Galicia, pero non é o único xeito de estragálos.

Hai outro mais sutíl e difícil de rastrexar, pero non por iso menos prexudicial. Trátase dos xeitos de desinformar e ocultar a nosa realidade disfrazandoa de un modo totalmente acentifico e creando nas xentes unha idea totalmente errada e desprovista de calquer respecto polo coñecemento das nosas manifestacións históricas.

O pasado sete de xullo asistin a unha visita guiada o PAAR dirixida polo arqueólogo da empresa Alicerce Juan Anca e sentín vergoña allea polo que este “profesional” nos contou. Deixo aquí a transcripción do seu comentario tan sobrado de chauvinismo como falto de rigor na Laxe dos Carballos. En cursiva as intervencións dalguns dos participantes.


Comezamos co petróglifo mais famoso de Galicia, Laxe dos Carballos. Imaxinades o tema do nome, Laxe dos Carballos, ¿non?Este petróglifo estivo tapado durante moito tempo por eso o seu estado de conservación e único. No ano 1991 un veciño de Campo Lameiro abriu un camiño por esta parte e atopou estes debuxos, estes sulcos, ¿non? ¿Que fixo? Chamou o arqueológo provincial Antonio de la Peña Santos, e veu a facer unha excavación de urxencia e de súpeto, atopou o gran cervo. Esto foi unha conmoción na comunidade cientifica porque e algo único. Este cervo non se atopa noutra parte do mundo, ¿non?. No ano 2007 e 2008 viñemos da Universidade e do CSIC a excavar outra vez este petróglifo porque unha vez que o destaparon, o taparon de novo agardando a ver que iba a facer. Cando se decidiu facer aquí o Centro de Interpretación de Campo Lameiro, pois tiveron que facer un proxecto de investigación moi potente para….para poñelo en valor este espacio e, excavou sete petróglifos que hai aquí no Parque, ¡sete petróglifos!. Fixemos dous quilometros e medio de gaveas, de zanxas pa que entendades o castelan, porque queriamos coñecer o povoado, a cultura e a sua relación cos petróglifos. Unha razón, a primeira para datalos, para saber a sua antiguedade e despois tamén queriamos saber o seu uso, si habia ferramentas por aqui, e como se facían, o tema da pintura, que rituais se empregaban, e despois de dous anos traballando, despois de excavar sete petróglifos e dous quilometros de gaveas, ¿que encontramos?, ¿que atopamos? ¡NADA! Por eso é importante o concepto santuario. Aqui se lles caia un cacharro de cerámica, poden ser douscentos cincuenta anacos e aparecen, pero non apareceu nada. Realmente o povoado apareceu na base de cimentación do Centro de Interpretación, era un antigo campo de fútbol. Ahí, facendo o edificio pois apareceu o povoado. Por temas museográficos está aquí integrado preto dos petróglifos, pero realmente o povoado apareceu no Museo, ¿vale?


Calco da Pedra dos Carballos,
tomado de Santos Estevez, Manuel:  Sobre la cronólogía del Arte Rupestre Atlántico en Galicia.


Agora vou a dicir porqué este petróglifo e único en Galicia, en España, en Europa e no Mundo:

Primeiro: ¿Cantos tipos diferentes de cervos observades?
Por exemplo, este xa de tipo Campo Lameiro podiamos chamálo, pero hai mais, ¿non? ¿Vedes este?
-Si
Aqui vedes un que está alongado?
-Si.
Este se vé un pouquiño, non?, non vedes aquí outro pequeniño?
-Si.

Lembrade que sempre tendes no Parque un panel como é un debuxo a carón de cada petróglifo para poder observalo, ¿non? Porque aquí temos o problema da luz. Como non estan pintados depende da luz do dia. A primeira hora e a ultima hora e a mellor hora do dia, porque a luz é asi, no petróglifo, de lado que se ven mellor os sulcos, pero un dia de sol as doce do mediodia e asi a luz e non se ve casi nada. Entón si algun non pode ollar que se apoie no panel.

E cantos tipos de cervos ollades ahi? Sete? Até din que hai dezaseis.

Aqui, mira, aquí, este é moi curioso, este, que está como mirando patrás, non ves este? Vedes aquí? Aquí hai outro que falei antes ese alongado, outro pequeniño, aquí tamén unha figura…

E por qué case todos son diferentes? Ou todos son diferentes, teñen diferentes estilos. Ahi está un dos grandes enigmas. ¿Todos pintades igual? Os pintores pint…
Ou o que é o maior xenio da arte mundial porque dominaba fai catro mil anos moitos estilos artísticos diferentes: mais naturalista, mais esquemático, mais cubista como lle chaman, ou que eran moitos artistas diferentes traballando nun panel e cada un poñendo a imaxe de como via o cervo. ¿non?
Vale.

Restitución  fotogramétrica.

Despois, o gran cervo, as partes do gran cervo.

¿Vedes a cornamenta, non? Extraordinaria. Despois, as orellas, ¿as vedes? ¿Os ollos?, ¿boca?, e aquí xa hai unha cousa peculiar, ¿que é? Un colar. ¿E normal un cervo con colar? E despois colledes aquí...e estó que é
-as pezuñas.
estes tres dedos. ¿Un cervo con colar e con dedos e normal? Xa nos está falando que non e un cervo pa comer, e un animal mitolóxico, de comics, de tebeos na imaxinación da xente, ¿non?

¿E que lle pasa no lombo do gran cervo? ¿Que lle pasa no lombo? Están cazando, ¿non? Entón que está pasando nesta escena…de caza, efectivamente. ¿E porque queren cazar o gran cervo? E o que falábamos antes. Vos cando vades a Africa, a Etiopía e lle sacades unha foto a algunhas tribus vanche a decir: non. ¿E porque non? Porque te queres apropiar do meu espiritu. Fai catro mil anos os guerreiros que dominaban esta sociedade querian a representar algo para apropiarse do seu espiritu. Hoxendia eu quero un coche pois fago traelo de bus e o proxecto ¿non? E unha idea, unha apropiación simbolica, ¿non? da imaxe. E cal e a recompensa, o premio. Pois o secreto está na cornamenta. Hai unha serie de debuxos, A princesa Mononoke que fala sobre isto que é algo case da mitoloxía universal. Quen cace o gran cervo coa gran cornamenta ten asegurada a vida eterna. O famoso mito do eterno renacimento que podedes ver por Mesopotamia, neste caso Xapón. E esta sería a recompensa, case nada, vivir eternamente. Antes de chegar o cristianismo a Galicia xa habia outra forma, outra creencia, outra relixión e xa tiña outra forma de velo.

Despois, tedes que pensar que o debuxo que está ahi e bidimensional, e como un cadro de pintura, ¿non? pero, neste caso non se ve tan ben, pero os petróglifos son como esculturas, ¿non? Son esculturas en 3D, en tres dimensions, son esculturas que van aproveitando a rocha para facer. E a iso lle temos que engadir que estarían pintados, ¿non? Como vedes non estarían así, daquela. O que non sabemos e onde estarían pintados si polo suco, por aquí ou polo interior. Non vos decatades como poder ser: por aquí ou polo interior. En Suecia que é algo semellante, cronoloxicamente a arte rupestre que teñen, os pintaron de color vermello, ocre, e pintaron a parte interior.

Aqui en Galicia, por temas de conservación e divulgación todavia non estan pintados pero que pensedes que estarían pintados.



Superposición da cabeza do cervo sobre a combinación circular.

E despois temos que engadirlle mais dimensións. Unha posible, sería aquí, esta combinación circular preto da boca do cervo, que podia representar?: ¡O bramido do cervo! O són, ¿no? O cervo está sufrindo un ataque e aquí está gritando, o bramido do cervo pero hai outra mais. Fai dous anos o arqueólogo Felipe Criado da Asociación Europea de Arqueoloxía, un investigador Gonzalez, din, eles, saiu no programa de television española, de feito que a cornamenta do cervo e un calendario lunisolar. Estan representadas as 36 luas do ano. ¿Non vedes? Aquí hai trinta e seis marcas, trinta e seis luas, e trinta e seis anos, trinta e seis luas e un ano solar. E moi dificil demostralo, porque a diferencia de grandes monumentos da historia como Stonehenge ou Newgrange hai referencia astronómica evidente. Aqui veñen os arqueologos os solsticios e ainda non atoparon a relación coa cornamenta.
Pero bueno, que saibades que eles fai catro mil anos tamen tiñan unha referencia como os reloxios de sol, ¿non? O cambio das estacions...tiñan que ter unha referencia tanto para cazar, para facer agricultura, tiñan que saber como cambian as estacións. ¿Vale? ¿Algunha dúbida?
- En que te basas para decir que estaban pintados?
Ehhhh...primeiro, pola antropoloxía, porque se...case toda a pintura en Escandinavia, Etiopia a xente non… ou a Acrópolis de Grecia. Deixar as cousas espídas case que non… Case todo o mundo pintaba, as piramides Mayas todo, todo estaba pintado. O deixalo espído e excepcional. As esculturas romanas. Pensar que estában sin pintar… O problema, que non temos restos materiais, efectivamente, que é unha comparación antropolóxica. Aqui en Galicia sencillamente non aparecen pigmentos o calor. Dín que podia ser aquí alguns investigadores un soporte onde gardara as pinturas, pero non está documentado, non hai restos. E mais ben por comparación antropolóxica. Polo menos así claramente no...
-Miran todos os cervos para o mismo lado?
Aqui diferentes lados. Aqui están en esta dirección pero despois os que vamos a ver no Outeiro dos Cogoludos como que están mirando…
-Pero nesta pedra están mirando todos para alá a dereita
Si, nesta pedra si
-No
No? Cal é?
-O que estas pisando
-E unha femia
Pero na maioria dos casos estan mirando nunha dirección, nesta direccion. Despois vamos a ir o Outeiro dos Cogoludos están noutra dirección, estan como arredor de unha cunca que haberia ahi unha cunca pois estarian mirando para aquel lado….”

Da sua intervención, faise evidente o grao de improvisación e chapuza que está detrás da creación e posta en marcha das instalacións do PAAR.


Descoñecemos os criterios e a prospección feita antes de cavar dous quilometros e medio de gáveas con resultado negativo, e que o povoado fora descuberto o excavar a cimentación do edificio do Centro de Interpretación do Parque. Si non fora tan serio o malgasto de 11 millons de euros de fondos públicos, resultaría risible.


Despois de avisarnos que como protección non se podian pisar os gravados, fixo a sua intervencion desde enriba da laxe, pisando e ocultando algun dos motivos, como unha asistente lle fixo notar. En ningún momento fala da diacronía na realización dos gravados o que lle permite dicir sin ruborizarse que unha combinación circular danada polo gravador do gran cervo, polo tanto anterior, representa o bramido do cervo ferído.

O recorrir a unha serie xaponesa de debuxos animados, ou a Mesopotámia para explicar que o mito da vida eterna xa era coñecido polos galegos antes da chegada do cristianismo, xa é para nota.

E non digamos o tema do calendario lunisolar proposto polo seu admirado Felipe Criado ¡que saiu nun programa da televisión española! anque non sexa capaz de explicalo e non xustifique nin se pare a contar as marcas da cornamenta que non dan trinta e seis por ningures, e que ademais os arqueólogos non lle atoparon relación cos solsticios...pero iso que mais da.

Do tema das pinturas, case mellor nin falar. Xa se pon en evidencia él só.






miércoles, 17 de julio de 2019

DENUNCIA POLA AGRESIÓN OS PETROGLIFOS DE CAMPO LAMEIRO


O PARQUE ARQUEOLÓXICO DA ARTE RUPESTRE DE CAMPO LAMEIRO

As nefastas consecuencias da privatización da xestion do Patrimonio






Aspecto actual de a Forneiriña 1


O Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre (PAAR) e un conxunto de arte rupestre o ar libre ubicado no municipio de Campo Lameiro provincia de Pontevedra. Ten unha extension de unhas 22Ha e alberga no seu interior caseque un cento de rochas con gravados.

Despois de unha inversión multimillonaria, foi inaugurado polo Presidente da Xunta de Galicia Alberto Nuñez do Partido Popular en xuño do 2011 convertindose no primeiro Parque Arqueolóxico de Galicia, e a primeira experiencia de privatización da xestion do Patrimonio.

A Xestión foille encomendada a INGENIAqed, unha empresa sevillana de deseño de pabellons e actos semiculturales nacida arredor dos actos do Quinto Centenario e con nula experiencia na xestión de un parque destas caracteristicas. Era a todas luces unha maniobra para poñer o Parque en marcha e propiciar que se poidera pasar a sua xestión a familiares do entón Alcalde de Campo Lameiro, Julio Sayans do Partido Popular.

Así, o pouco tempo dita empresa comezou a incunplir os acordos e deixou de pagar os sueldos os empregados do Parque até que en febreiro de 2012 a Conselleria de Cultura da Xunta de Galicia cedeu de maneira irregular a concesión a empresa Espiral Xestión Cultural S.L. constituida un mes antes con 3000 € de capital social e con Jorge Sayáns fillo do alcalde de Campo Lameiro e Juan Manuel Boullosa, irmá de unha concelleira do PP no mesmo municipio como administradores solidarios.

A Dirección foille encomendada a Jose Manuel Rey Garcia quen, a xulgar polas publicacións do PAAR, utilizouno para a sua promocion persoal. Das seis publicacións citadas na páxina oficial do Parque, catro son da sua autoría e as outras duas son anteriores a sua chegada o Parque.

A finais do ano 2014 autorizou, en contra das normas mais elementais de coidado de Patrimonio, o desbroce do Parque mediante un tractor de cadenas. Este feito supuxo danos irreparables no petroglifo de a Forneiriña 2, e que unha vez denunciado, negou a existencia de gravados na parte da rocha que resultara danada, e unha vez demostrado que habia gravados, tentou quitar importancia os danos.





A Forneiriña 2 coa rexweneración espontánea da pátina e na que persisten as pegadas da desbrozadora

A Conselleria de Cultura, como non podia ser de outro modo a hora de protexer os militantes do PP encargados da xestión, zanxou a denuncia co pago de 3000 €, para a reparación dos danos, que a dia de hoxe continuan como o primeiro dia.

Esa neglixencia na xestión e coidado dos bens que tiña a obriga de coidar, non tivo ningunha consecuencia, e até foi premiado coa encomenda de dirixir o Museo Provincial de Pontevedra.

O pasado dia 7 de xulio con motivo de unha visita o parque tivemola desagradable visión de unha das mais graves actuacións contra as rochas do Parque. Xa desde a distancia destaca a Laxe da Forneiriña 1 pola sua brancura. A pátina que a cobria fora destruida deixandoa en un estado que nunca tivo e que contrasta coas rochas da contorna.


A Forneiriña 1


Laxe dos Cabalos


Outeiro dos Cogoludos


Contraste entre a pátina orixinal e a agresión,



Esta foi a primeira sorpresa, pero un percorrido polas distintas estacións amosou que non era un feito illado, senón que era a norma das labouras de limpeza que se levaron baixo a sua dirección.


Copia da denuncia presentada na Garda Civil


Diante da gravidade dos feitos constatados, diversos colectivos de defensa do Patrimonio (Irmandade Illa de Tambo, Umia Vivo e Anovaterra) encabezados por A Forneiriña (creada a raiz dos danos da desbrozadora) vimonos na obriga de presentar unha denuncia na Garda Civil contra o actual Director do Museo de Pontevedra e anteriormente do PAAR para que se depuren as responsabilidades e para que a Dirección Xeral de patrimonio tome cartas no asunto e por unha vez que se implique realmente na proteccion do Patrimonio.

domingo, 14 de julio de 2019

PETROGLIFO DAS ABELAIRES




AS ABELAIRES


Un paradigmatico exemplo do desprezo da Xunta de Galicia polo noso Patrimonio.





Vista cenital parcial da rocha das Abelaires. Restitución fotogramétrica.
O dia 13 de decembro de 1975, según consta no antigo ficheiro do Museo de Pontevedra, dei conta do achado do gran petroglifo de As Abelaires (GA 36008025), tan de actualidade nestes dias a consecuencia das labores de limpeza que a empresa Arbore Arqueoloxia por encargo da Deputación de Pontevedra e o Concello de Cangas do Morrazo está a levar a cabo.



Ficha orixinal do Secretario do Museo de Pontevedra, Alfredo Garcia Alén.


Xa desde o primeiro momento foi palmária a sua singularidade, a gran superficie que ocupaba e o feito de ter varias das suas combinacións circulares ocupando os relevos da pedra levounos a pensar que poderia representar un mapa de relevo da zona, dadas as similitudes que presentaba coas representacións de castros fortificados. Axiña esa suposición foi desbotada xa que os gravados, alomenos naquel momento, asimilabanse a epocas anteriores o nacemento da cultura castrexa e os seus povoados e que anque non era novedosa a idea, non servia para explicar o resto dos motivos gravados.


Como consecuencia do seu interese e grazas as xestións do por aquela entón Secretario do Museo de Pontevedra Alfredo Garcia Alén, un equipo da Televisión Española desplazouse no ano seguinte a facer unha reportaxe que foi emitida no programa Misión Rescate da Segunda Cadena de TVE. Nesa reportaxe participaron conmigo un grupo de mozos de Cangas os que fixen esta foto, que é o unico documento gráfico que queda daquel dia, pois a filmación orixinal esta perdida xunto con outras moitas filmacións da época, e xa non figura nos arquivos de RTVE.


 Amalia Corral, Marisa Rivera, José Maria Abeijon, Fina Rodas e Antonio Nores, que participaron conmigo na gravación do programa de RTVE Misión rescate, 1976

Ubícase perto da Chan de Castiñeiras no linde entre os Concellos de Bueu e Cangas do Morrazo. Trátase de un grande afloramento rochoso de perto de 200 m² de superdficie dividido por profundas diaclasas e que foi utilizado como canteira para a extraccion de postes en epoca recente, incluso despois do seu descobrimento, e de constantes agresións ambientais. Foi usado como vertedoiro de refugallos de construcción e basureiro, e soportou agresións como a modificación do trazado do camiño ancestral que subía o monte Liboreiro, que pasaba a uns cinco metros polo lado oeste e foi desviado a parte leste sobre os motivos gravados na rocha, e as que a construcción do polígono industrial da Chan de Castiñeiras supuxo para todos os xacementos arqueolóxicos que se ubicaban en dito lugar e que comprendian unha necropole megalítica con alomenos 4 mámoas das que se conservan tres, un xacemento calcolítico desaparecido e un do bronce final completamente arrasado para a construcción de unha nave para procesado de chatarra férrica.

Evolución da paisaxe onde se aprecian os grandes cambios sufridos ao longo de 60 anos no contorno do petróglifo.
A estructura rectangular das primeiras imaxes e o cemiterio de Bueu.



Na sua proximidade, e incumplindo todalas Normas Legais da Area de protección dos Bens de Interese Cultural, a Xunta de Galicia construiu o Punto Limpo e a planta de recollida de lixo da Mancomunidade do Morrazo, o que demostra a nula sensibilidade das administracións municipais e autonómicas para a protección e valoración do patrimonio arqueolóxico e cultural.


Despois de innumerables denuncias por parte de diversos colectivos de protección do patrimonio e medioambientais. o longo dos anos 2008, 2012, 2012 e 2013 entre outros, dado o estado de absoluto abandono en que se achaba, fixeranse algunhas labouras para a retirada do mais groso dos materiales que caseque cubrian a rocha por completo, amén da maleza que o cobria.

Estado no que se atopaba no ano 2011

Sin embargo esas mínimas actuacións, desligadas por completo de labouras de divulgación e concienciación entre os veciños e a comunidade educativa, non tivo apenas influencia na sua posta en valor, polo que de novo foi utilizado como vertedoiro sin que as autoridades políticas fixeran nada por evitalo.

Tivo que ser co cambio de sensibilidade e ideoloxía nos governos municipais e na Deputación de Pontevedra que por fin se decidise actuar na sua conservación e limpeza e que agardamos sexan continuadas no resto dos petróglifos do concello de Cangas en este caso, e dos milleiros que se encontran espallados o longo de toda Galicia e que o governo da Xunta está permitindo que se destrocen dia tras dia sin facer caseque nada por conservalos, mais alá de privatizar algúns con consecuencias funestas como se viu no caso do PAAR de Campo Lameiro, onde se ven de perpetrar por parte dos seus xestores, unha das mais terribles agresións que se teñen coñecido en bens que se atopan (teoricaménte) baixo a sua protección.

As labouras de limpeza que se están a levar a cabo, permitironme facer o primeiro intento de restitución fotogramétrica en tanto a empresa que a realiza non teña dispoñible o que ella vai a realizar e que aquí presento en un avance.


Restitución fotogramétrica .

Detalle nº 1 da figura anterior

Detalle nº 2.

E de agardar que unha vez completados os traballos que se están a facer, poidan sair a luz novos motivos e que por falla de un estudo pormenorizado nunca se poideron contemplar.

Agardo que esta pequena contribución sirva para chamar a atención a todalas personas interesadas en manter estas singulares manifestacións da nosa prehistoria, e que poidan ser transmitidas nas mellores condicións para que os nosos herdeiros poidan disfrutar de un elemento tan extraordinario, anque se atope rodeado de instalacións de tratamento de lixo.

A incompetencia en matéria cultural da Xunta de Galicia foi quen deixou que o lixo tivera sepultada esta rocha. Confio en que unha vez posta en valor, os propios veciños sexan quen de defendela e mantela.