lunes, 22 de julio de 2019

OS OUTROS ATENTADOS O PATRIMONIO


OS OUTROS ATENTADOS O PATRIMONIO







Vista parcial da Pedra dos Carballos

Fai poucos dias denunciabamos en este blog un dos mais graves atentados que se teñen feito desde as institucións encargadas da sua protección contra os petróglifos do Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro (PAAR), e por extensión de toda Galicia, pero non é o único xeito de estragálos.

Hai outro mais sutíl e difícil de rastrexar, pero non por iso menos prexudicial. Trátase dos xeitos de desinformar e ocultar a nosa realidade disfrazandoa de un modo totalmente acentifico e creando nas xentes unha idea totalmente errada e desprovista de calquer respecto polo coñecemento das nosas manifestacións históricas.

O pasado sete de xullo asistin a unha visita guiada o PAAR dirixida polo arqueólogo da empresa Alicerce Juan Anca e sentín vergoña allea polo que este “profesional” nos contou. Deixo aquí a transcripción do seu comentario tan sobrado de chauvinismo como falto de rigor na Laxe dos Carballos. En cursiva as intervencións dalguns dos participantes.


Comezamos co petróglifo mais famoso de Galicia, Laxe dos Carballos. Imaxinades o tema do nome, Laxe dos Carballos, ¿non?Este petróglifo estivo tapado durante moito tempo por eso o seu estado de conservación e único. No ano 1991 un veciño de Campo Lameiro abriu un camiño por esta parte e atopou estes debuxos, estes sulcos, ¿non? ¿Que fixo? Chamou o arqueológo provincial Antonio de la Peña Santos, e veu a facer unha excavación de urxencia e de súpeto, atopou o gran cervo. Esto foi unha conmoción na comunidade cientifica porque e algo único. Este cervo non se atopa noutra parte do mundo, ¿non?. No ano 2007 e 2008 viñemos da Universidade e do CSIC a excavar outra vez este petróglifo porque unha vez que o destaparon, o taparon de novo agardando a ver que iba a facer. Cando se decidiu facer aquí o Centro de Interpretación de Campo Lameiro, pois tiveron que facer un proxecto de investigación moi potente para….para poñelo en valor este espacio e, excavou sete petróglifos que hai aquí no Parque, ¡sete petróglifos!. Fixemos dous quilometros e medio de gaveas, de zanxas pa que entendades o castelan, porque queriamos coñecer o povoado, a cultura e a sua relación cos petróglifos. Unha razón, a primeira para datalos, para saber a sua antiguedade e despois tamén queriamos saber o seu uso, si habia ferramentas por aqui, e como se facían, o tema da pintura, que rituais se empregaban, e despois de dous anos traballando, despois de excavar sete petróglifos e dous quilometros de gaveas, ¿que encontramos?, ¿que atopamos? ¡NADA! Por eso é importante o concepto santuario. Aqui se lles caia un cacharro de cerámica, poden ser douscentos cincuenta anacos e aparecen, pero non apareceu nada. Realmente o povoado apareceu na base de cimentación do Centro de Interpretación, era un antigo campo de fútbol. Ahí, facendo o edificio pois apareceu o povoado. Por temas museográficos está aquí integrado preto dos petróglifos, pero realmente o povoado apareceu no Museo, ¿vale?


Calco da Pedra dos Carballos,
tomado de Santos Estevez, Manuel:  Sobre la cronólogía del Arte Rupestre Atlántico en Galicia.


Agora vou a dicir porqué este petróglifo e único en Galicia, en España, en Europa e no Mundo:

Primeiro: ¿Cantos tipos diferentes de cervos observades?
Por exemplo, este xa de tipo Campo Lameiro podiamos chamálo, pero hai mais, ¿non? ¿Vedes este?
-Si
Aqui vedes un que está alongado?
-Si.
Este se vé un pouquiño, non?, non vedes aquí outro pequeniño?
-Si.

Lembrade que sempre tendes no Parque un panel como é un debuxo a carón de cada petróglifo para poder observalo, ¿non? Porque aquí temos o problema da luz. Como non estan pintados depende da luz do dia. A primeira hora e a ultima hora e a mellor hora do dia, porque a luz é asi, no petróglifo, de lado que se ven mellor os sulcos, pero un dia de sol as doce do mediodia e asi a luz e non se ve casi nada. Entón si algun non pode ollar que se apoie no panel.

E cantos tipos de cervos ollades ahi? Sete? Até din que hai dezaseis.

Aqui, mira, aquí, este é moi curioso, este, que está como mirando patrás, non ves este? Vedes aquí? Aquí hai outro que falei antes ese alongado, outro pequeniño, aquí tamén unha figura…

E por qué case todos son diferentes? Ou todos son diferentes, teñen diferentes estilos. Ahi está un dos grandes enigmas. ¿Todos pintades igual? Os pintores pint…
Ou o que é o maior xenio da arte mundial porque dominaba fai catro mil anos moitos estilos artísticos diferentes: mais naturalista, mais esquemático, mais cubista como lle chaman, ou que eran moitos artistas diferentes traballando nun panel e cada un poñendo a imaxe de como via o cervo. ¿non?
Vale.

Restitución  fotogramétrica.

Despois, o gran cervo, as partes do gran cervo.

¿Vedes a cornamenta, non? Extraordinaria. Despois, as orellas, ¿as vedes? ¿Os ollos?, ¿boca?, e aquí xa hai unha cousa peculiar, ¿que é? Un colar. ¿E normal un cervo con colar? E despois colledes aquí...e estó que é
-as pezuñas.
estes tres dedos. ¿Un cervo con colar e con dedos e normal? Xa nos está falando que non e un cervo pa comer, e un animal mitolóxico, de comics, de tebeos na imaxinación da xente, ¿non?

¿E que lle pasa no lombo do gran cervo? ¿Que lle pasa no lombo? Están cazando, ¿non? Entón que está pasando nesta escena…de caza, efectivamente. ¿E porque queren cazar o gran cervo? E o que falábamos antes. Vos cando vades a Africa, a Etiopía e lle sacades unha foto a algunhas tribus vanche a decir: non. ¿E porque non? Porque te queres apropiar do meu espiritu. Fai catro mil anos os guerreiros que dominaban esta sociedade querian a representar algo para apropiarse do seu espiritu. Hoxendia eu quero un coche pois fago traelo de bus e o proxecto ¿non? E unha idea, unha apropiación simbolica, ¿non? da imaxe. E cal e a recompensa, o premio. Pois o secreto está na cornamenta. Hai unha serie de debuxos, A princesa Mononoke que fala sobre isto que é algo case da mitoloxía universal. Quen cace o gran cervo coa gran cornamenta ten asegurada a vida eterna. O famoso mito do eterno renacimento que podedes ver por Mesopotamia, neste caso Xapón. E esta sería a recompensa, case nada, vivir eternamente. Antes de chegar o cristianismo a Galicia xa habia outra forma, outra creencia, outra relixión e xa tiña outra forma de velo.

Despois, tedes que pensar que o debuxo que está ahi e bidimensional, e como un cadro de pintura, ¿non? pero, neste caso non se ve tan ben, pero os petróglifos son como esculturas, ¿non? Son esculturas en 3D, en tres dimensions, son esculturas que van aproveitando a rocha para facer. E a iso lle temos que engadir que estarían pintados, ¿non? Como vedes non estarían así, daquela. O que non sabemos e onde estarían pintados si polo suco, por aquí ou polo interior. Non vos decatades como poder ser: por aquí ou polo interior. En Suecia que é algo semellante, cronoloxicamente a arte rupestre que teñen, os pintaron de color vermello, ocre, e pintaron a parte interior.

Aqui en Galicia, por temas de conservación e divulgación todavia non estan pintados pero que pensedes que estarían pintados.



Superposición da cabeza do cervo sobre a combinación circular.

E despois temos que engadirlle mais dimensións. Unha posible, sería aquí, esta combinación circular preto da boca do cervo, que podia representar?: ¡O bramido do cervo! O són, ¿no? O cervo está sufrindo un ataque e aquí está gritando, o bramido do cervo pero hai outra mais. Fai dous anos o arqueólogo Felipe Criado da Asociación Europea de Arqueoloxía, un investigador Gonzalez, din, eles, saiu no programa de television española, de feito que a cornamenta do cervo e un calendario lunisolar. Estan representadas as 36 luas do ano. ¿Non vedes? Aquí hai trinta e seis marcas, trinta e seis luas, e trinta e seis anos, trinta e seis luas e un ano solar. E moi dificil demostralo, porque a diferencia de grandes monumentos da historia como Stonehenge ou Newgrange hai referencia astronómica evidente. Aqui veñen os arqueologos os solsticios e ainda non atoparon a relación coa cornamenta.
Pero bueno, que saibades que eles fai catro mil anos tamen tiñan unha referencia como os reloxios de sol, ¿non? O cambio das estacions...tiñan que ter unha referencia tanto para cazar, para facer agricultura, tiñan que saber como cambian as estacións. ¿Vale? ¿Algunha dúbida?
- En que te basas para decir que estaban pintados?
Ehhhh...primeiro, pola antropoloxía, porque se...case toda a pintura en Escandinavia, Etiopia a xente non… ou a Acrópolis de Grecia. Deixar as cousas espídas case que non… Case todo o mundo pintaba, as piramides Mayas todo, todo estaba pintado. O deixalo espído e excepcional. As esculturas romanas. Pensar que estában sin pintar… O problema, que non temos restos materiais, efectivamente, que é unha comparación antropolóxica. Aqui en Galicia sencillamente non aparecen pigmentos o calor. Dín que podia ser aquí alguns investigadores un soporte onde gardara as pinturas, pero non está documentado, non hai restos. E mais ben por comparación antropolóxica. Polo menos así claramente no...
-Miran todos os cervos para o mismo lado?
Aqui diferentes lados. Aqui están en esta dirección pero despois os que vamos a ver no Outeiro dos Cogoludos como que están mirando…
-Pero nesta pedra están mirando todos para alá a dereita
Si, nesta pedra si
-No
No? Cal é?
-O que estas pisando
-E unha femia
Pero na maioria dos casos estan mirando nunha dirección, nesta direccion. Despois vamos a ir o Outeiro dos Cogoludos están noutra dirección, estan como arredor de unha cunca que haberia ahi unha cunca pois estarian mirando para aquel lado….”

Da sua intervención, faise evidente o grao de improvisación e chapuza que está detrás da creación e posta en marcha das instalacións do PAAR.


Descoñecemos os criterios e a prospección feita antes de cavar dous quilometros e medio de gáveas con resultado negativo, e que o povoado fora descuberto o excavar a cimentación do edificio do Centro de Interpretación do Parque. Si non fora tan serio o malgasto de 11 millons de euros de fondos públicos, resultaría risible.


Despois de avisarnos que como protección non se podian pisar os gravados, fixo a sua intervencion desde enriba da laxe, pisando e ocultando algun dos motivos, como unha asistente lle fixo notar. En ningún momento fala da diacronía na realización dos gravados o que lle permite dicir sin ruborizarse que unha combinación circular danada polo gravador do gran cervo, polo tanto anterior, representa o bramido do cervo ferído.

O recorrir a unha serie xaponesa de debuxos animados, ou a Mesopotámia para explicar que o mito da vida eterna xa era coñecido polos galegos antes da chegada do cristianismo, xa é para nota.

E non digamos o tema do calendario lunisolar proposto polo seu admirado Felipe Criado ¡que saiu nun programa da televisión española! anque non sexa capaz de explicalo e non xustifique nin se pare a contar as marcas da cornamenta que non dan trinta e seis por ningures, e que ademais os arqueólogos non lle atoparon relación cos solsticios...pero iso que mais da.

Do tema das pinturas, case mellor nin falar. Xa se pon en evidencia él só.






No hay comentarios:

Publicar un comentario