viernes, 2 de agosto de 2019

OUTEIRO DOS COGOLUDOS

OUTEIRO DOS COGOLUDOS



Reconstitución fotogramétrica do Outeiro dos Cogoludos !


No artigo precedente falaba dos atentados o noso Patrimonio que supoñen o feito de poñer seu coidado e divulgación en mans de persoas que pola súa actuación maniféstanse claramente incompetentes, e mais atentas o seu medre e o lucro, que o rigor informativo, glosando o acontecido no Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre en Campo Lameiro.

Falaba entón do menosprezo e falla de rigor a hora de divulgar a Arte Rupestre por parte de un arqueólogo da empresa Alicerce, a quen a empresa que xestiona o PAAR encomendou a tarefa de guía divulgador.

Centrárame daquela nas explicacións proporcionadas acerca da Laxe dos Carballos e a súa particularisima interpretación carente de todo rigor e sobrada de chauvinismo.

Parecía difícil de superar, pero o acontecido a continuación no Outeiro dos Cogoludos viu a confirmar, como afirma a Lei de Murphy, que toda a súa mala praxe e susceptible de empeorar.

Transcrición da súa intervención. En cursiva as intervencións de algúns dos participantes no percorrido.

Outeiro dos Cogoludos. E o segundo petróglifo mais importante do Parque. Sabedes que polo tema da luz non se pode ollar moi ben a estas horas, así que lembrade que tedes un panel, un debuxo de apoio, ¿vale? O que falaba aquí... o que comentaba antes: Todos petróglifos son BIC, Ben de Interese Cultural, é a maior protección, unha das maiores proteccións que existe ¿non? en Patrimonio.

Unha das razóns e que son moi fráxiles. Si cinco mil persoas pasamos tódolos días por enriba de un petróglifo o esnaquizamos, ¿eh? Son sucos moi pequeniños que, si están elaborados con unha pedra que de dureza 0 a 10 ten 8, ¿con que pedra se fixo estes sucos, estos debuxos?

-Con un seixo

Efectivamente con un seixo que ten dureza 8 sobre 10, o diamante ten 10 e, co seixo fan os debuxos o debuxo, e cal é o suco que despois de catro mil anos que empezou sendo así en forma de U ¿non? quedou moi pequeniño moi pequeniño, e calquera pisada ou calque acción, incluso cando elementos naturais como un incendio, un incendio pode eliminar totalmente este petróglifo.


Detalle do Outeiro dos Cogoludos 1

Bueno, vou a explicar aquí este petróglifo aínda que se ve regular, e tedes que ter moita confianza no que digo, porque realmente non sei a luz que está pasando. Bueno aquí hai ...

-Dous

...varios cervos, non? Hai un cervo grande que se ve ben, hai un cervo e despois hai outros pequeniños.

Isto sería como unha manda de cervos, e de súpeto pasamos a este cervo, que este xa, ten algunha cousa diferente, bueno e unha cerva, ¿non? e está como repiqueteada, ¿non?

Outeiro dos Cogoludos 1, detalle cuadrúpedo repicado. Aprécianse o remate primitivo dos sucos das patas.

O que era o suco de fai catro mil anos desapareceu porque alguén chegou con un obxecto metálico e interpretou como sería. Eu quero pensar que este debuxo existía previamente. O importante e a cabeza, ¿non? Que a cabeza está ollando atrás como ó resto, aos tres cervos da manda, ¿non? E diante do cervo temos un cadrado, ¿non? Cunhas liñas, ¿que pode ser?, ¿que pode ser?

-Unha trampa

-Unha xaula

Unha xaula, esta intentando atrapar o cervo. E os cervos ¿a que veñen a esta zona?

Outeiro dos Cogoludos 1. Detalle coa superposición de unha combinación circular sobre un animal a esquerda.

¿Vedes aquí?, ¿estas combinacións circulares que tedes aquí? Como anécdota está en moitas empresas públicas galegas, Medio Rural, Sogama, ¿vedes? Isto para que teñades unha idea seria como unha braña, unha zona de auga e terra. Vos cando tirades unha pedra a auga ¿que pasa?

-Fai unhas ondas

Pois os cervos, ¿non? virían tódolos días a beber auga. E alguén o sabe e, ten aquí unha trampa, un cadrado que podedes ver mellor no debuxo, incluso aquí hai coma dous cans que xa se ven moi mal, coma dous cadelos pequenos trabando na parte traseira, e aquí chega, chegamos aquí a braña a zona de auga que tamén ten outro significado que, si o vades a ver no vídeo da exposición permanente si tedes ocasión, que din que os chamáns toman elementos alucinóxenos como hongos e tal, e das primeiras visións que teñen, ¿non? Os famosos que din fosfenos, ¿non? Estas son as visións, e xa a segunda son armas, cervos...xa depende ¿non? da cultura… ¿E que falla neste...no que estou contando? ¿Que falla? ¡OS CAZADORES! ¿non?


Outeiro dos Cogoludos 2

Pois vamos aquí a ver os cazadores a ver como se ven, por favor, veremos que vimos aquí a ver os cazadores. Aparte hoxe, co tema do Curro de Sabucedo e moi importante. De feito veu unha equipa da televisión alemana porque querían documentar que antiga era a Rapa das Bestas en Galicia, e aquí está a resposta. Asi vades ter que bordear o panel e mirar a figura porque se ve regular. Vedes a figura...non son cervos, son cabalos, e vedes a figura, ¿como está? Vedes a figura, o xinete, vedes aquí unha figura como unha persoa, non ves que ten... unha muller ou un home que ten como un escudo, unha espada, ¿non o vedes? a parte traseira polo menos, ¿non?

-está imaxinando…

Facendo aquí o debuxo, a parte dianteira...e o que non vexa pola luz, que vea. ¿non? Isto e moi importante porque nos di dúas cousas, Primeiro que e unha escéa de domesticación do cabalo fai miles de anos e o segundo de monta. Porque hai bridas, esta agarrando a cabeza do cabalo, ¿non?

De feito nunha parte norte do Parque esta unha das mandas de cabalos de Sabucedo, porque hai unha relación en toda Galicia entre os curros, a rapa e os petróglifos. E a testemuña de que é algo milenario o temos aquí, nestes debuxos, ¿vale?

Pero agora vamos recapitular e facer unha análise en conxunto. ¿Que esta pasando neste petróglifo? Están cazando o cervo, e o que vimos antes (Os Carballos) e a caza final e a tumba.


Chan da Isca

Comparativa dos tamaños de tres espadas na Arte Rupestre galega
Escala aproximada.









Esta até fai anos era unha teoría mais, pero fai dous anos, un novo achádego, unha descuberta do petróglifo da Chan da Isca, que é a segunda arma mais grande de Galicia, que sae en medio de unha manda de vinte e tres cervos pequenos. Era a peza do puzzle que fallaba por atopar.

Agora xa sabemos, mais ou menos, o que nos querían contar. Aquel petróglifo que atoparon logo, que está a cinco minutos por aquí, sería o inicio simbólico da caza, esto sería a caza, porque xa dos vinte e tres cervos collen tres os cazadores, delimitan a tres, e despois desos tres collen un, o separan e o meten nunha xaula e alí xa e cando lle lanzan as frechas, as lanzas, e o matan. Xa sabemos mais ou menos, incluso fixemos fai dous anos un congreso de Arte Rupestre, e os investigadores si que coincidian que mais ou menos sabemos a mensaxe deste santuario: Inicio da caza, cazando, tumba e enterramento. ¿Vale?

Algunha pregunta?, algunha dúbida?

-Todo ben

Coido que o anterior xa se comenta por si só. E unha cousa de vergoña allea. ¿En que mans estamos deixando a divulgación nos distintos Parques temáticos da Prehistoria galega? ¿Como podemos aspirar a que a nosa xente tome conciencia e valore estas manifestacións culturais si lles están a contar películas de chamáns colocados con alucinóxenos, tribos de Etiopía ou santuarios inventados?

E curiosa a estratexia que se sigue. O Parque alberga casque un cento de rochas con gravados, das cales solo oito son as que figuran nos itinerarios e no caso que estou a describir, so tres son mencionadas e se visitaron dúas.

Construíse unha narración e escóllense as estacións que encaixan nela, e preséntase como si fose a única explicación posible anque sexa forzando até o ridículo as interpretacións, deixando de lado todas aqueles motivos que poden alterar ou mesmo desmontar o relato.

Así vemos que si na Pedra dos Carballos unha combinación circular representaba o bramido do cervo ferido, no Outeiro dos Cogoludos pasa a representar un brañal, iso si, utilizado como logotipo por diferentes empresas públicas galegas, que hai que meter algunha cuña publicitaria no medio do conto.

E, si e preciso, levados polo chauvinismo mais pueril, mencionase como rasgo distintivo da espada gravada na Chan da Isca o feito de ser a segunda mais grande de Galicia. Quero pensar que se debe a ignorancia do guía e non o guión repartido pola Consellería para o persoal do Parque. Coido que a ilustración comparativa non fai necesaria mais información.

En que lugar queda a sociedade de valentes guerreiros da Idade do Bronce, que para cazar un cervo van a cabalo coa gran espada (pero menos) a retirar tres animais da gran manda de vinte e tres, lévannos preto das brañas e alí, meten a un en unha xaula e despois o levan a Pedra dos Carballos onde o matan con frechas e lanzas. ¡Que gran valor hai que ter para asasinar un animal en unha xaula para apropiarse do seu espiritu e gañar a vida eterna!

Valor o que ten o narrador da historia para contar semellante película sen ruborizarse, e que os responsables da xestión do Parque llo consintan.

Quedounos claro que o Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro alberga un santuario onde se conmemora o inicio da caza do cervo, para apropiarse do seu espiritu e lograr así a inmortalidade na Chan da Isca, a caza con xaula no Outeiro dos Cogoludos e o asasinato, pois asasinato e matar un animal engaiolado, na Pedra dos Carballos. O do enterramento non quedou claro onde sería, supoño que na cista do Irixo que hai no Parque…..

Así foi a película e así nos foi contada. E así os ferrídos e duros, imbéciles e escuros nos rouban coas privatizacións do Patrimonio os nosos sinais de identidade.

3 comentarios:

  1. E cal sería entón a túa explicación???...A crítica é válida se aporta algo...Como fas co petroglifo de Mogor. Gracias

    ResponderEliminar
  2. A esplotación está no relato dos aconteceres😳🧐

    ResponderEliminar