TIN FOIL.
PRIMEIRA APLICACION EN GALICIA NO ESTUDO DA ARTE RUPESTRE 1976.
Restitución fotogramétrica da parte central do petróglifo de Pinal do Rei. Cangas do Morrazo
Dous anos antes da publicación en 1978 de Simple Field Techniques for Recording Engravings by Casting and Stereophotography de J. Clegg en Conservation of Rock Art: Proceedings of the International Workshop on the Conservation of Rock Art, Perth. Perth. (ed.). pp. 22-26. Sydney, no que se describe o procedemento denominado como “tin foil” para a reproducción de gravados rupestres, xa eu o tiña empregado na reproducción de alguns petróglifos que habiamos descuberto no Morrazo.
Esta actividade experimental quedou inédita, como tantas outras iniciativas novedosas (https://covadeparalaia.blogspot.com/2020/01/fontecova-prospeccion-xeoelectrica-1979.html) que sobre a marcha iba aplicando a medida que os meus coñecementos sobre arqueoloxía e prehistoria iban avanzando de forma autodidacta.
Recentemente, grazas o arquivo fotográfico de Francisco Fariña Busto ex director do Museo Provincial de Ourense, mentor e compañeiro na documentación dos achados que iba descobrindo a mediados dos anos 70 do pasado século, tiven acceso as fotografias que documentan o uso deste procedemento para a obtención de calcos de algunhas estacións de Arte rupestre que descobriramos o recentemente desaparecido Antonio Nores Soliño no castro dos Remedios en Tirán, Moaña, e o que eu descobrira no Pinal do Rei en Cangas do Morrazo.
O método consiste en aproveitar a maleabilidade de unha folla de aluminio. Apoiando a superficie da folla a superficie da rocha con gravados, e utilizando unha brocha suave para facer presión, consiguese un negativo da rocha con unha precisión milimetrica, o tempo que facilita a sua lectura o eliminar as cores variables da rocha e proporcionar unha tonalidade uniforme, semellante a que se pode conseguir a dia de hoxe con alguns programas de procesamento de imaxes e restitucións tridimensionais.
Unha vez obtido o molde dos gravados, pode ser utilizado para a sua reproducción en escaiola. Para elo sobre o dorso da folla se aplica unha cola e follas de papel que o secar daran rixidez o conxunto, podendo entón ser trasladado sin que se deforme o gravado.
Este sistema foi o que utilicei para a realización do calco en escaiola do petróglifo da Escada IV en Meira, hoxe desafortunadamente desaparecidos o calco e o petróglifo.
O principal inconvinte deste método e a sua aplicación sobre sulcos ou ocos superiores a 12 mm de profundidade, pois neste caso córrese o risco de esgace da folla, cousa que pode evitarse, cando se usa para facer un molde de escaiola, aplicando sucesivas capas deixando o oco recheo.
De esta experiencia punteira, como tantas outras que se levaron a cabo no Morrazo, nin o Grupo Arqueologíco “García Alén”, nin o Grupo Arqueolóxico do Morrazo deron conta nas suas publicacións. a pesares de haberse atribuido toda a actividade arqueolóxica en eses anos no Morrazo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario