A
SERPE DO VILAR
Restitución dixital do motivo principal |
A estación de arte rupestre
do Vilar, en San Xoan de Poio, foi dada a coñecer por Miguel
Anxo
Sartal
Lorenzo
no ano 2001. No seu inventario identifica 11 rochas con gravados
en distinto grado de conservación. Como consecuencia dos incendios
forestales do ano 2006 moitos dos motivos sofriron grandes
desperfectos, que se suman os xa padecidos anteriormente por acharse
en unza zona de extracción tradicional de pedra de construcción que
mutilou e deixou gravemente afectados moitos dos gravados. A todo
isto hai que sumar a desidia e o abandono no que se atopa actualmente
por parte das autoridades municipales e autonómicas que fan que a
sua pervivencia esté seriamente comprometida como acontece coa
inmensa maioria dos petróglifos de Galicia e do Concello de Poio en
particular, que non dubída en dilapidar cantidades vergoñentas de
diñeiro en actividades festivas de determinadas actuacións musicais
de comportamentos cuasi mafiosos, e non dispón de recursos para
limpar o entorno dos gravados e poñerlles unha mínima sinalización
informativa.
Estado no que se atopan as rochas gravadas |
En datas recentes estiven a
facer os levantamentos fotogramétricos de algunha das rochas coa
previsión de que alomenos quede constancia da sua riqueza de motivos
e como denuncia do indecente estado de abandono en que se atopan.
Abonda con comparar a situación na que se atopan similares
manifestacións histórico-artisticas en paises como Noruega,
Suecia, Gran Bretaña, Irlanda, Francia ou Italia para darnos conta
da incultura dos responsables políticos tanto municipales como
autonómicos, sobre todo estes últimos que se negan a solicitar a
declaración da nosa Arte Rupestre como Patrimonio da Humanidade.
A
PEDRA DA SERPE
Propoño
denominar asi a rocha que na publicación citada o principio está
mencionada
como rocha numero 9, pola sua singularidade, polo motivo nela
representado e porque supón a confirmación da abundancia de ofidios
nas representacións
tradicionalmente consideradas como combinacións circulares, que a
raiz do desenmascaramento da manipulación levada a cabo na
representación do
principal gravado da Pedra
da Moura Encantada
en Mogor, Marín, e
deixando de lado o seguidismo que se leva feito no ultimo século
a hora de interpretar este tipo de gravados, cambiando o paradigma, e
sobre todo ollando moitos destes gravados como representacións en
baixo relevo e non somente como sulcos, o numero de ofidios, aumenta
de forma exponencial.
Coido
que xa se fai imprescindible, para o mellor estudo de
moitas das combinacións
circulares e
laberínticas, a sua
inclusión dentro dos motivos zoomorfos e
deixar nos motivos xeométricos aquelas combinacions mais sinxelas.
Deste xeito coido que se daría un pulo o estudo do significado de
tantas representacións de ofidios e a sua pervivencia o longo de,
alomenos, tres milenios.
O
seu descobridor
advirte, coido que nun
magnifico exercicio de honradez intelectual: “...as
reproduccións que fago (ou quizais, mellor dito, as aproximacións
ás reproduccións) son feitas a ollo a través do que vin nas rochas
e nas fotos, polo tanto quero que se acollan con moito coidado.”
Debuxo do descobridor |
Na
sua descripción, como non podia ser doutro xeito o estar
condicionado polas
interpretacións tradicionais, e probablemente polo estado no que se
atopaba a rocha, fala de duas combinacións de circulos concéntricos
de distinto tamaño, unha gran cazoleta e varias cazoletas pequenas
no interior da combinación circular mais grande.
Reconstitución dixital da rocha |
Sin
embargo, o que aparece na restitución fotogramétrica e unha figura
totalmente distinta. A gran combinación circular é en realidade
unha figura espiral arredor de un grupo de cazoletas que amosa na sua
parte esquerda unha cabeza ben delineada e un trazo que parece
indicar a lingua.
Trataríase
entón da representación realistica de unha serpe acobillando unha
posta de ovos, tal como acontece na natureza, o que indicaría un
grado notable de observación por parte do que realizou a figura.
Culebra de anel coidando os ovos |
A
pequena combinación circular foi cortada para a realización da gran
cazoleta, que podería ter (si botamos a imaxinación a voar, cousa
non recomendable) unha función de vaso de ofrendas,
en relación con algún tipo de ceremónia que poideran ter lugar na
devandirta rocha, pois e moi dificil pensar que o traballo de gravar
estas figuras fose puramente ornamental
As
interpetacións que poidan darse a este feito, están ainda por
estudar. Non
e este o único
exemplo no que a serpe arrodea os ovos, como acontece en moitos dos
gravados que veño estudando. Ábrese
en todo caso, unha novedosa e coido que moi interesante, liña
de investigación á
que invito a todos aqueles que sexan capáces de desprenderse dos
prexuizos inducidos por unha burda manipulación. Coido
que non vai a ser tarefa fácil, sobre todo si temos en conta que o
centro de interpretación da Arte Rupestre, referente en todo
Galicia, está dirixído por unha persoa que non dubida en publicitar
e resaltar a figura manipulada que condicionou
a investigación nos últimos tres cuartos de século.
Ola Antonio
ResponderEliminarHoxe vin, no traballo sobre espirais de Fernández Pintos de decembro do 2018 pp. 70-73, un motivo que se pode paralelizar a este que publicas. Bótalle un vistazo, é unha espiral que encerra unhas coviñas no medio, atópase nun panel de Outeiro do Corno de Redondela. Ao mellor che interesa ou o mellor non ten nada que ver. Sempre leo con curiosidade os teus posts nos diferentes medios, gracias. Un saúdo
Moitas grazas pola tua curiosidade e pola información. Botareille unha ollada e a ver que se pode facer. Saúdos.
EliminarEste é: https://www.researchgate.net/publication/330090873_Los_petroglifos_de_espirales_en_Galicia.
ResponderEliminarPáxinas da 70 á 73, hai unha reprodución fotogramétrica. Un saúdo
Grazas !!
ResponderEliminarOs ovos.poden ser pelouros para sogos?
ResponderEliminar