lunes, 8 de abril de 2019

A SERPE DE SÁ



A SERPE DE SÁ

(VALADARES, MONÇAO)





Aspecto da rocha e a reconstitución fotogramétrica

No ano 2015 tiven coñecemento por unha nova no Facebook de Pablo Novoa, da existencia de un petróglifo coa representación de un laberínto en , freguesía de Valadares no concello de Monçao, Portugal. Dita nova era escueta, daba conta da orixinalidade do motivo e da circunstancia de tratárse da primeira representación laberíntica de Portugal, acompañado de unha foto e a información das persoas que lle habian facilitado o seu coñecemento.

Non foi até o 2018 que tiven a oportunidade de visitálo na compaña de Angel de Prado e facer o levantamento fotográfico para o seu tratamento informatico.

O petróglifo ubicase en unha laxe fragmentada e posiblemente desplazada do seu lugar orixinal e moi alterada a sua superficie probablemente polas labores de canteria que provocaron a sua fragmentación. Os motivos que se conservan na actualidade son unha figura serpentiforme, definida polos seus descobridores como un laberinto do tipo da Pedra da Moura Encantada en Mogor ou clásico (descoñecendo que este non é tal, en todo caso seríao o dos Campiños, tamén en Mogor) xunto con un reticulado unido a ella e moi alterado en toda a sua superficie é duas ou tres representacións de embarcacións prehistóricas.


Un laberinto é por definición: Un lugar formado artificiosamente por vias e encrucilladas, para confundir a quen se adentra nel, de modo que non poida acertar coa saída. Clasificanse basicamente en dous grupos “según a relación que existe co centro e a saída do mesmo” O primeiro destes grupos e o laberínto clásico ou univiario, que é o que nos interesa aquí, no que se fai percorrer o ingresar nel todo espazo para chegar o centro mediante un único camiño, e dicir, non ofrece camiños alternativos, senón que existe unha única saída, que é por onde se entra o laberínto. (Wikipedia)

Polo tanto a principal característica de unha representación laberíntica ten, por forza, que dispoñer de un espazo aberto de entrada, tal como se aprecia no dos Campiños ou no Outeiro do Cribo, cousa que non acontece no grabado da Pedra da Moura Encantada en Mogor ou en este de Sá. Así pois, non estamos falando de laberintos, senón de outra cousa. E, como creo que demostrei noutros artigos deste blog 1, 2, 3, 4 e 5 , trátase da representación de ofidios.

                                   Os Campiños                                                                                   Outeiro do Cribo                                   
Unha primeira ollada o motivo principal a pesares da dificultade de lectura, xa puxo de manifesto a diverxencia cos trazos que se corresponderían con un laberínto clásico, en cambio o asemellaban moito mais a figura de serpe gravada na Pedra da Moura Encantada, e unha primeira restitución fotográmetrica así o revelou.

Non foi doado resolver alguns trazos debido o seu mal estado de conservación e o feito que nalgunhas partes os sulcos parecen estar cortados polo motivo reticulado e algún desconchado na parte esquerda do motivo. 

Despois de diversos tratamentos fotográficos e de restitución tridimensional, coido que fun quen de trazar a figura completa, desvelando o que me pareceu de principio: unha figura de serpe replegada sobre si mesma coa cabeza no interior da figura e o rabo entre as duas espiras da esquerda.

Reconstitución fotogramétrica e calco

Non é, en ningun caso, unha representación de un laberínto clásico, nin moito menos, como se repite unha e outra vez nas distintas publicacións que tratan destas figuras, froito da impericia e da dificultade que conleva o tentar reproducir unha figura tan complexa.

A pretendida dificultade de realización de unha figura de semellantes carácteristicas, do mesmo xeito que ocorre cos gravada na Pedra da Moura Encantada non é tal no momento que asumimos que pode ser feita sin dificultade mediante o uso de una corda repregada de moi diversos xeitos, que daría lugar a figuras tradicionalmente denominadas seudolaberíntos ou laberíntiformes.


Disposición  inicial do plegado da corda

Segundo paso

Terceiro paso

Cuarto paso

Resultado final.

Resulta descorazonador contemplar como nas publicacións especializadas seguese a falar de maneira absolutamente acrítica de figuras laberínticas, sin cuestionarse nin por asomo a posibilidade que deixen de ser figuras xeométricas e pasen a ser representacións zoomórficas, como creo que é evidente.

Temos así que asistir asombrados a verdadeiros exercicios de funambulismo cínico e crédulo, repetindo unha e outra vez conceptos e interpretacións que dan vergoña allea, e mais cando veñen de pretendidos expertos na materia. O dano que a investigación se leva infrinxido o longo de caseque un seculo, como consecuencia da manipulación gráfica da figura da Moura Encantada representada na sua rocha homónima por parte dos Sobrino e os seus seguidores, non ten trazas de esvairse, mais ben estáse a consolidar por parte dos novos seguidores (ou mais ben adoradores) que incapaces de pensar por si mesmos, seguen as suas doctrinas como si de un novo testamento se tratára.

E con estas actitudes tan conservadoras non se avanza no coñeceménto e valoración de unha das mais senlleiras mostras do noso Patrimonio.

Mágoa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario