A
SERPE DE SÁ
(VALADARES, MONÇAO)
Aspecto da rocha e a reconstitución fotogramétrica |
No ano 2015 tiven coñecemento
por unha nova no Facebook de Pablo Novoa, da existencia de un
petróglifo coa representación de un laberínto en Sá,
freguesía de Valadares no concello de Monçao, Portugal. Dita nova
era escueta, daba conta da orixinalidade do motivo e da circunstancia
de tratárse da primeira representación laberíntica de Portugal,
acompañado de unha foto e a información das persoas que lle habian
facilitado o seu coñecemento.
Non
foi
até o 2018 que tiven a oportunidade de visitálo na compaña de
Angel de Prado e facer
o levantamento fotográfico para o seu tratamento informatico.
O
petróglifo ubicase en unha laxe fragmentada e posiblemente
desplazada do seu lugar orixinal e moi alterada a sua superficie
probablemente polas labores de canteria que provocaron a sua
fragmentación. Os motivos que se conservan na actualidade son unha
figura serpentiforme, definida polos seus descobridores como un
laberinto do
tipo da
Pedra da
Moura Encantada en Mogor
ou clásico (descoñecendo
que este non
é tal, en todo caso seríao o dos Campiños,
tamén en Mogor)
xunto
con un reticulado unido a ella e moi alterado en toda a sua
superficie é duas ou tres representacións de embarcacións prehistóricas.
Un
laberinto é por definición: Un lugar formado artificiosamente por
vias
e encrucilladas, para confundir a quen se adentra nel, de modo que
non poida acertar coa saída. Clasificanse basicamente en dous grupos
“según
a relación que existe co centro e a saída do mesmo” O
primeiro destes grupos e o laberínto
clásico
ou univiario,
que
é o que nos interesa aquí, no que se fai percorrer o ingresar nel
todo espazo para chegar o centro mediante un único camiño, e dicir,
non ofrece camiños alternativos, senón que existe unha única
saída, que é por onde se entra o laberínto. (Wikipedia)
Polo
tanto a principal característica de unha representación laberíntica
ten, por forza, que dispoñer de un espazo aberto de entrada, tal
como se aprecia no dos Campiños
ou no Outeiro
do Cribo,
cousa
que non acontece no grabado da Pedra
da Moura Encantada
en Mogor ou en este de Sá.
Así
pois, non estamos falando de laberintos, senón de outra cousa. E,
como creo que demostrei noutros artigos deste blog 1,
2,
3,
4
e 5 , trátase da representación de ofidios.
Os Campiños Outeiro do Cribo |
Unha
primeira ollada o motivo principal a pesares da dificultade de
lectura, xa puxo de manifesto a diverxencia cos trazos que se
corresponderían con un laberínto clásico, en cambio o asemellaban
moito mais a figura de serpe gravada na Pedra
da Moura
Encantada,
e
unha primeira restitución fotográmetrica así o revelou.
Non foi doado resolver alguns
trazos debido o seu mal estado de conservación e o feito que
nalgunhas partes os sulcos parecen estar cortados polo motivo
reticulado e algún desconchado na parte esquerda do motivo.
Despois de diversos
tratamentos fotográficos e de restitución tridimensional, coido que
fun quen de trazar a figura completa, desvelando o que me pareceu de
principio: unha figura de serpe replegada sobre si mesma coa cabeza
no interior da figura e o rabo entre as duas espiras da esquerda.
Reconstitución fotogramétrica e calco |
Non
é, en ningun caso, unha representación de un laberínto clásico,
nin moito menos, como se repite unha e outra vez nas distintas
publicacións que tratan destas figuras, froito da impericia e da
dificultade que conleva o tentar reproducir unha figura tan complexa.
A
pretendida dificultade de realización de unha figura de semellantes
carácteristicas, do mesmo xeito que ocorre cos gravada na Pedra
da Moura Encantada
non é tal no momento que asumimos que pode ser feita sin dificultade
mediante o uso de una corda repregada de moi diversos xeitos, que
daría lugar a figuras tradicionalmente denominadas seudolaberíntos
ou laberíntiformes.
Disposición inicial do plegado da corda |
Segundo paso |
Terceiro paso |
Cuarto paso |
Resultado final. |
Resulta
descorazonador contemplar como nas publicacións especializadas
seguese a falar de maneira absolutamente acrítica de
figuras laberínticas, sin cuestionarse nin por asomo a posibilidade
que deixen de ser figuras xeométricas e pasen a ser representacións
zoomórficas, como creo que é evidente.
Temos
así que asistir asombrados
a verdadeiros exercicios de funambulismo cínico e crédulo,
repetindo
unha e outra vez conceptos e interpretacións que dan vergoña allea,
e mais cando veñen de pretendidos expertos na materia. O dano que a
investigación se leva infrinxido o longo de caseque un seculo, como
consecuencia da manipulación gráfica da figura da Moura
Encantada
representada na sua rocha homónima por parte dos Sobrino e os seus
seguidores, non ten trazas de esvairse, mais ben estáse a consolidar
por parte dos novos seguidores (ou mais ben adoradores) que
incapaces de pensar por si mesmos, seguen as suas doctrinas como si
de un novo testamento se tratára.
E
con estas actitudes tan conservadoras non se avanza no coñeceménto e
valoración de unha das mais senlleiras mostras do noso Patrimonio.
Mágoa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario