OUTEIRO
DOS COGOLUDOS
Reconstitución fotogramétrica do Outeiro dos Cogoludos ! |
No
artigo
precedente falaba dos atentados o noso Patrimonio que supoñen
o feito de poñer seu coidado e divulgación en mans de persoas que
pola súa actuación maniféstanse claramente incompetentes, e mais
atentas o seu medre e o lucro, que o rigor informativo,
glosando o acontecido
no Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre en Campo Lameiro.
Falaba
entón do menosprezo e falla de rigor a hora de divulgar a Arte
Rupestre por parte de
un arqueólogo da
empresa Alicerce,
a quen a empresa que
xestiona o PAAR encomendou a tarefa de guía divulgador.
Centrárame daquela nas
explicacións proporcionadas acerca da Laxe dos Carballos e a súa
particularisima interpretación carente de todo rigor e sobrada de
chauvinismo.
Parecía difícil de superar,
pero o acontecido a continuación no Outeiro dos Cogoludos viu a
confirmar, como afirma a Lei de Murphy, que toda a súa mala praxe e
susceptible de empeorar.
Transcrición
da súa intervención. En cursiva
as intervencións de algúns dos participantes no percorrido.
Outeiro
dos Cogoludos. E o segundo petróglifo mais importante do Parque.
Sabedes que polo tema da luz non se pode ollar moi ben a estas horas,
así que lembrade que tedes un panel, un debuxo de apoio, ¿vale? O
que falaba aquí... o que comentaba antes: Todos petróglifos son
BIC, Ben de Interese Cultural, é a maior protección, unha das
maiores proteccións que existe ¿non? en Patrimonio.
Unha
das razóns e que son moi fráxiles. Si cinco mil persoas pasamos
tódolos días por enriba de un petróglifo o esnaquizamos, ¿eh? Son
sucos moi pequeniños que, si están elaborados con unha pedra que de
dureza 0 a 10 ten 8, ¿con que pedra se fixo estes sucos, estos
debuxos?
-Con
un seixo
Efectivamente con un seixo
que ten dureza 8 sobre 10, o diamante ten 10 e, co seixo fan os
debuxos o debuxo, e cal é o suco que despois de catro mil anos que
empezou sendo así en forma de U ¿non? quedou moi pequeniño moi
pequeniño, e calquera pisada ou calque acción, incluso cando
elementos naturais como un incendio, un incendio pode eliminar
totalmente este petróglifo.
Detalle do Outeiro dos Cogoludos 1 |
Bueno, vou a explicar aquí
este petróglifo aínda que se ve regular, e tedes que ter moita
confianza no que digo, porque realmente non sei a luz que está
pasando. Bueno aquí hai ...
-Dous
...varios cervos, non? Hai
un cervo grande que se ve ben, hai un cervo e despois hai outros
pequeniños.
Isto sería como unha manda
de cervos, e de súpeto pasamos a este cervo, que este xa, ten
algunha cousa diferente, bueno e unha cerva, ¿non? e está como
repiqueteada, ¿non?
Outeiro dos Cogoludos 1, detalle cuadrúpedo repicado. Aprécianse o remate primitivo dos sucos das patas. |
O que era o suco de fai
catro mil anos desapareceu porque alguén chegou con un obxecto
metálico e interpretou como sería. Eu quero pensar que este debuxo
existía previamente. O importante e a cabeza, ¿non? Que a cabeza
está ollando atrás como ó resto, aos tres cervos da manda, ¿non?
E diante do cervo temos un cadrado, ¿non? Cunhas liñas, ¿que pode
ser?, ¿que pode ser?
-Unha
trampa
-Unha
xaula
Unha xaula, esta intentando
atrapar o cervo. E os cervos ¿a que veñen a esta zona?
Outeiro dos Cogoludos 1. Detalle coa superposición de unha combinación circular sobre un animal a esquerda. |
¿Vedes aquí?, ¿estas
combinacións circulares que tedes aquí? Como anécdota está en
moitas empresas públicas galegas, Medio Rural, Sogama, ¿vedes? Isto
para que teñades unha idea seria como unha braña, unha zona de
auga e terra. Vos cando tirades unha pedra a auga ¿que pasa?
-Fai
unhas ondas
Pois
os cervos, ¿non?
virían
tódolos días a beber auga. E alguén o sabe e, ten aquí unha
trampa, un cadrado que podedes ver mellor no debuxo, incluso aquí
hai coma dous cans que xa se ven moi mal, coma dous cadelos pequenos
trabando na parte traseira, e aquí chega, chegamos
aquí a braña a zona de auga
que tamén
ten outro significado que, si o vades a ver no vídeo da exposición
permanente si tedes ocasión, que din que os chamáns
toman elementos alucinóxenos como hongos e tal, e das primeiras
visións que teñen, ¿non?
Os famosos que din fosfenos, ¿non?
Estas son as visións, e xa a
segunda son armas,
cervos...xa depende ¿non?
da cultura… ¿E que falla neste...no que estou contando? ¿Que
falla? ¡OS
CAZADORES! ¿non?
Outeiro dos Cogoludos 2 |
Pois
vamos aquí a ver os cazadores a ver como se ven, por favor, veremos
que vimos aquí a ver os cazadores. Aparte hoxe, co tema do Curro de
Sabucedo e moi importante. De feito veu unha equipa da televisión
alemana porque querían documentar que antiga era a Rapa
das Bestas
en Galicia, e aquí está a resposta. Asi
vades ter que bordear o panel e mirar a figura porque se ve regular.
Vedes a figura...non son cervos, son cabalos, e vedes a figura, ¿como
está? Vedes a figura, o xinete, vedes aquí unha figura como unha
persoa, non ves que ten... unha muller ou un home que ten como un
escudo, unha espada, ¿non
o vedes? a parte traseira polo menos, ¿non?
-está
imaxinando…
Facendo
aquí o debuxo, a parte dianteira...e o que non vexa pola luz, que
vea. ¿non?
Isto e moi importante porque nos di dúas cousas, Primeiro que e unha
escéa
de domesticación do cabalo fai miles de anos e
o segundo de monta. Porque hai bridas, esta agarrando a cabeza do
cabalo, ¿non?
De
feito nunha parte norte do Parque esta unha das mandas de cabalos de
Sabucedo, porque hai unha relación en toda Galicia entre os curros,
a rapa e os petróglifos. E a testemuña de que é
algo milenario o temos aquí,
nestes debuxos, ¿vale?
Pero
agora vamos recapitular e facer unha análise en conxunto. ¿Que esta
pasando neste petróglifo?
Están cazando o cervo, e o que vimos antes (Os
Carballos) e a caza final e a
tumba.
Chan da Isca |
Comparativa dos tamaños de tres espadas na Arte Rupestre galega Escala aproximada. |
Esta
até
fai anos era unha teoría
mais, pero fai dous anos, un novo achádego,
unha descuberta do petróglifo da Chan da Isca, que é a segunda arma
mais grande de Galicia, que sae en medio de unha manda de vinte e
tres cervos pequenos. Era a peza do puzzle que fallaba por atopar.
Agora
xa sabemos, mais ou menos, o que nos querían contar. Aquel
petróglifo que atoparon logo, que está a cinco minutos por
aquí, sería o inicio
simbólico
da caza, esto sería a caza, porque xa dos vinte e tres cervos collen
tres os cazadores, delimitan a tres, e despois desos tres collen un,
o separan e o meten nunha xaula e alí xa e cando lle lanzan as
frechas, as lanzas, e o matan. Xa sabemos mais ou menos, incluso
fixemos fai dous anos un congreso de Arte
Rupestre,
e os investigadores si que coincidian que mais ou menos sabemos a
mensaxe deste santuario: Inicio da caza, cazando, tumba e
enterramento. ¿Vale?
Algunha pregunta?, algunha
dúbida?
-Todo
ben
Coido que o anterior xa se
comenta por si só. E unha cousa de vergoña allea. ¿En que mans
estamos deixando a divulgación nos distintos Parques temáticos da
Prehistoria galega? ¿Como podemos aspirar a que a nosa xente tome
conciencia e valore estas manifestacións culturais si lles están a
contar películas de chamáns colocados con alucinóxenos, tribos de
Etiopía ou santuarios inventados?
E curiosa a estratexia que se
sigue. O Parque alberga casque un cento de rochas con gravados, das
cales solo oito son as que figuran nos itinerarios e no caso que
estou a describir, so tres son mencionadas e se visitaron dúas.
Construíse unha narración e
escóllense as estacións que encaixan nela, e preséntase como si
fose a única explicación posible anque sexa forzando até o
ridículo as interpretacións, deixando de lado todas aqueles motivos
que poden alterar ou mesmo desmontar o relato.
Así vemos que si na Pedra dos
Carballos unha combinación circular representaba o bramido do cervo
ferido, no Outeiro dos Cogoludos pasa a representar un brañal, iso
si, utilizado como logotipo por diferentes empresas públicas
galegas, que hai que meter algunha cuña publicitaria no medio do
conto.
E, si e preciso, levados polo
chauvinismo mais pueril, mencionase como rasgo distintivo da espada
gravada na Chan da Isca o feito de ser a segunda mais grande de
Galicia. Quero pensar que se debe a ignorancia do guía e non o guión
repartido pola Consellería para o persoal do Parque. Coido que a
ilustración comparativa non fai necesaria mais información.
En que lugar queda a sociedade
de valentes guerreiros da Idade do Bronce, que para cazar un cervo
van a cabalo coa gran espada (pero menos) a retirar tres animais da
gran manda de vinte e tres, lévannos preto das brañas e alí, meten
a un en unha xaula e despois o levan a Pedra dos Carballos onde o
matan con frechas e lanzas. ¡Que gran valor hai que ter para
asasinar un animal en unha xaula para apropiarse do seu espiritu e
gañar a vida eterna!
Valor o que ten o narrador da
historia para contar semellante película sen ruborizarse, e que os
responsables da xestión do Parque llo consintan.
Quedounos claro que o Parque
Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro alberga un santuario
onde se conmemora o inicio da caza do cervo, para apropiarse do seu
espiritu e lograr así a inmortalidade na Chan da Isca, a caza con
xaula no Outeiro dos Cogoludos e o asasinato, pois asasinato e matar
un animal engaiolado, na Pedra dos Carballos. O do enterramento non
quedou claro onde sería, supoño que na cista do Irixo que hai no
Parque…..
Así foi a película e así
nos foi contada. E así os ferrídos e duros, imbéciles e escuros
nos rouban coas privatizacións do Patrimonio os nosos sinais de
identidade.
E cal sería entón a túa explicación???...A crítica é válida se aporta algo...Como fas co petroglifo de Mogor. Gracias
ResponderEliminarA esplotación está no relato dos aconteceres😳🧐
ResponderEliminarExplicacion
ResponderEliminar