Mostrando entradas con la etiqueta petroglifo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta petroglifo. Mostrar todas las entradas

lunes, 24 de agosto de 2020

NOVAS REPRESENTACIÓNS DE EMBARCACIÓNS PREHISTORICAS NOS PETRÓGLIFOS GALEGOS: OUTEIRO DO CRIBO

 

NOVAS REPRESENTACIÓNS DE EMBARCACIÓNS PREHISTORICAS NOS PETRÓGLIFOS GALEGOS:

OUTEIRO DO CRIBO

Representacion  da nova embarcación


O petróglifo do Outeiro do Cribo foi dado a coñecer en 1978 1 e dende entón, como acontece con demasiada frecuencia, pasou a ser citado na bibliografía de un modo acrítico sin que ninguén mais se aproximara o seu estudo nin a verificar si o que nel se di correspóndese co que hai gravado na rocha, si exceptuamos a realización de un novo calco dous anos despois2.

Os seus descubridores, o tratarse de un traballo feito a pouco de licenciarse e case sin experiencia, centrarónse maiormente na figura do labirínto, por tratarse de un tema novedoso e moi escaso naqueles momentos, e facendo unha lectura superficial do resto dos gravados da rocha. Elo fixo que non se prestara demasiada atención e non se leran adecuadamente os motivos, sobre todo os mais achegados a figura do labirínto que por estar repicados non se lles concedeu a importancia que creemos que teñen.

1 Grandío de Fraga, Eduardo e Rodriguez Casal, Anton A. O petroglífo fo Outeiro do Cribo na Armenteira (Pontevedra)Novos datos pro estudio dos motivos labirínticos en Galicia. GALLAECIA 3-4 1978

2García Alen, Alfredo e de la Peña Santos, Antonio. Grabados rupestres de la Provincia de Pontevedra. Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1980


Comparativa entre os calcos publicados e a fotogrametría.


Por elo, queremos facer unha revisión a partires da utilización das novas tecnoloxías de reprodución de imaxe e tratamento fotogramétrico das mesmas que nos permitiron constatar a presenza de novas figuras, e distintas técnicas de gravado en toda a superficie da rocha.


Mapa de situación


O gravado sitúase o N. da Ria de Pontevedra en unha rocha denominada Pedra do Cribo, no lugar de Campo da Cepa, parroquia de Santa Maria da Armenteira, Concello de Meis, provincia de Pontevedra. Coordenadas Latitude: 42,455102, Lonxitude: -8,733771, Altitude 494 m. s.n.m. e a uns 8 km en liña recta do seu paralelo mais próximo: o labirinto dos Campiños en Mogor, Marín.



Panel superior


Os motivos distribúense en tres grupos ben delimitados pola orografía da rocha. Na parte superior, a figura de un labirínto canónico e catro representación de distinta factura que coidamos son representacións de embarcacións prehistóricas.



Panel central


Diferenciadas da anterior por un rebaixe transversal que presenta na sua porción central un esconchado feito con un instrumento metálico coa intención de rachar a rocha para buscar algún tesouro, como está documentado en outros gravados rupestres do NO1, feito entre as cornas de unha figura de un cervo de sucos moi desgastados que coroa o panel central, no que figuran unhas seis ou sete representacións de cuadrúpedes en distinto grado de desgaste. Unha análise detallada do desgaste da rocha permítenos aventurar que pode ter sido feito de maneira intencionada, borrando parte dos gravados para poder gravar outros sobre eles.



Panel inferior


Separado por unha diaclasa con un elevado grado de desescamación está o grupo inferior no que destaca unha combinación de dous círculos concéntricos con posible cazoleta central, tamén agredido igual co cervo da parte central descrito anteriormente, unha figura de un cervo de ampla cornamenta, un cuadrúpede mais pequeno e de sucos moi gastados, unha figura que semella un un antropomorfo portando un báculo ou bastón, e na parte da esquerda unha figura que semella o corpo de un cuadrupede en oco e un xinete que, por estilo e técnica, presenta dificultades de adscrición prehistórica.

Atendendo a técnica e o diferente grado de erosión dos gravados, podemos establecer polo menos tres etapas ben diferenciadas. A mais primitiva, a dos sucos mais erosionados poderían corresponder o pequeno cuadrúpede inferior, os diversos fragmentos de animales os que superpuxeron as figuras do gran macho central e o animal que parece arrastrar unhas varas e a figura da embarcación mais elaborada.

Unha segunda fase corresponderíase coas figuras dos dous grandes cervos, os circulos concéntricos, o probable antropomorfo e a figura do labirinto .

A terceira fase, sin que poidamos precisar a data en que foi realizado, corresponderian as figuras do xinete, as tres embarcacións e a figura do cuadrupede que arrastra as varas, sin que podamos precisar o aspecto que poderían ter antes da sua manipulación.



Representacion de embarcacións, algunhas repicadas.


O que coidamos que singulariza este petróglifo e, sin dubida, a primeira asociación de figuras de embarcacións con un labirinto, o que nos permite facer unha relectura da figura que acompaña o gravado principal da Pedra da Moura Encantada en Mogor, sobre a que xa tiñamos as nosas sospeitas.


Detalle da probable embarcación da Pedra da Moura WEncantada, Mogor, Marín.


Os gravados asociados o labirinto e que amosan evidentes sinais de repicado, son definidos polos seus descobridores como “un motivo indescifrabel e atípico, formado por un apéndice coroado por un cadrado. A sua dereita un circo concéntrico incompleto” descripción baseada na observación desde un punto de vista inferior da pedra e claramente erronea en canto a descripción do suposto “circo concentrico” que estaría situado a esquerda según eles os describen e que se trataría de unha figura en omega invertida e similar as representacións de embarcacións do petróglifo da Borna en Meira. O outro motivo que describen como “apendice coroado por un cadrado” creemos que representan duas embarcacións similares e de distinto tamaño con paralelos tamen no petróglifo da Borna antes mencionado.





Completa a descrición desta parte da rocha (un auténtico palimpsesto no que se borraron e gravaron novas figuras, como resulta apreciable na fotogrametría con partes mais claras e lisas con respecto a rugosidade xeral e sucos case imperceptibles e que precisarían de unha análise mais exhaustiva, pero que os meus medios non me permiten facer) unha figura, inapreciable para os descubridores e para os autores dos calcos, indubidable de unha embarcación con casco delimitado por dous segmentos curvos e proa e popa elevadas con un prótomo na primeira (diante da que se aprecia unha pequena combinación de círculos concéntricos) enriba da cal se percibese unha figura antropomorfa e uns trazos aparentemente desconectados dos elementos construtivos.



Restitución fotogramétrica.



A identificación proposta sobre as figuras repicadas xurdiu fai moito tempo pola semellanza formal con unha representación moi esquemática de unha embarcación de tipo nórdico de época medieval, concretamente algún tipo de drakar viquingo, pois o feito de estaren repicados manifestaba unha orixe histórica. Non foi até o descubrimento da embarcación mais elaborada e de sucos moi desgastados que nos replantexamos a atribución netamente prehistórica do conxunto dos gravados preto do labirinto. Coincidiu no tempo co estudo que estamos a facer do petróglifo da Borna onde, entre as numerosisimas representacións de embarcacións atopamos algunha semellante a estas e que solo difire na angulosidade dos seus trazos.


A interpretación destas figuras e a sua relación co labirínto serán merecentes de un estudo mais profundo, mais agora queremos dalo a coñecer, pois estamos seguros que para moitos estudosos da arte rupestre, dos labirintos, e das representacións de embarcacións, abrir unha nova ventá a posibilidade de buscar contactos mediterráneos (que nos non compartimos polo agora) para estes elementos singulares, e que pouco a pouco van a ir cobrando importancia, poden contribuir a demostrar que non sempre ex oriente lux.



1Aparicio Casado, B. Segredos ao descuberto. Pegadas de canteiros e de buscadores de tesouros nos petróglifos galegos. 2017

lunes, 25 de noviembre de 2019

PETRÓGLIFO DA LAXE DAS PICADAS




PETRÓGLIFO DA LAXE DAS PICADAS

DE DESTRUCTORES E SALVADORES DO PATRIMONIO







Na “Conferencia sobre el descubrimiento de insculturas rupestres de Galicia” que Ramon Sobrino Buhigas pronuncia no ano 1928 na sede da Real Sociedad Geográfica, adica a Casto Sampedro, presidente da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra, e o debuxante e primo seu Enrique Campo estas verbas de admiración: “quienes cuantos a estos estudios se dediquen, rendirán testimonio de admiración y profundo agradecimiento por la labor realizada en la materia, base de todo cuanto posteriormente se hizo sobre arte rupestre en Galicia”. 



Estas mismas verbas podo aplicarllas, sin cambiar unha coma, a él mesmo e o seu fillo Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza, pola inxente laboura desenvolvida o longo de mais de medio século, co descobrimento, estudo e catalogación de estacións de arte rupestre que culminaron coa publicación do monumental Corpus Petroglyphorum Gallaeciae.


A sua importancia está fora de toda dúbida, pero tampouco está exenta de claroscuros como calquer outra persoa, e o recoñecemento da sua valía, non pode, nin debe, agochar outros feitos de mais dificil aceptación.

Noutras entradas deste blog (1), (2), (3), (4) e (5) intentei demostrar a fraude cometida na Pedra da Moura Encantada en Mogor, Marín e hoxe quero chamar a atención sobre o comportamento no traslado do petróglifo da Laxe das Picadas e a sua peripecia até quedar depositado no Museo de Pontevedra.


O petróglifo na sua ubicación orixinal, 1917.


Este petróglifo estaba situado na tomada de Rey Dominguez en Montecelo, Poio e alí foi fotografado por Ramón Sobrino Buhigas no ano 1917. No estado actual atópase fragmentado en seis anacos e con unhas medidas de 2x1,50 m aprox. Presenta na sua superficie varias combinacións circulares, algunha figura de cuadrúpede e múltiples coviñas as que alude a sua denominación.



Despois da sua publicación no Corpus Petroglyphorum Gallaeciae e algunhas referencias en distintas publicacións de diversos autores, no ano 1951, sin saber os motivos foi partido e trasladado a finca que os Sobrino tiñan na veciñanza como aparece recollido en unha nota do diario de Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza.



Diario de Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza


Non resulta comprensible esta actuación, pois, no suposto que estivese en peligro, o normal sería que o seu traslado fose o Museo de Pontevedra, que nos anos cincuenta do século pasado, xa tiña recollidos algúns petróglifos, e ademais sería de agardar que as persoas que se interesaban no seu estudo e conservación o depositaran nel e non en unha finca privada.



Evidentemente Sobrino Lorenzo-Ruza era coñecedor desas prácticas, e ademais por eses días estaba a organizarse o III Congreso Arqueológico Nacional que se celebrou en Pontevedra ano e medio despois, polo que resulta de todo punto incomprensible a apropiación para seu desfrute de esta peza patrimonial.


Supoño que o que realmente buscaba, era ter no seu xardín privado un elemento decorativo de primeiro orde, e por si acaso deixou constancia dos gastos do traslado para poder reclamalos en caso de que tivese que depositalo no Museo como sería a sua obriga.

Permaneceu no xardín da sua casa en estado de lamentable abandono até que foi vendida a mediados dos anos 70.




Nesas datas o seu sobriño neto Angel Núñez Sobrino solicitou diante da Comisión Provincial de Patrimonio autorización para trasladalo a Casa da Eira que posúen en Cequeril, Cuntis, como si fose un ben da sua propiedade.




Actas da Comisión Provincial de Patrimonio


A resposta da Comisión autorizando o traslado é lapidaria. Autorízao pero con unha serie de salvagardas. Que se faga co debido coidado e, que houbera sido preferible que se incorporara o Museo Provincial. Na mesma resposta comunica o Patronato do Museo para que fagan algunha xestión nese sentido. Así mesmo a Comisión “lamenta y condena el deplorable estado en que se encuentra el petroglífo”



A recomendación o Patronato do Museo tivo efecto, pois a pesares da intención do solicitante de levalo, hoxendía esta no Museo anque este pretenda vendelo como un logro persoal e o documente con esta carta.




Sería crible de non contar coas actas da Comisión Provincial de Patrimonio onde queda patente a sua intención de quedarse con el en un novo emprazamento.


Para os que coñecimos a García Alén, non nos resulta difícil imaxinar as xestións levadas a cabo para convencelo de que o entregara o Museo anque fora como unha doazón, aceptando de feito a sua propiedade, anque non se fiaba moito del, cando pide que o “donativo tuviese el consentimiento de tus padres y de tu abuela” 



A vista dos datos aportados, queda de manifesto que non se tratou de un donativo voluntario, xa que se asi fora non se pretendería o seu traslado a outra finca familiar, senón que antes de solicitar o traslado, se fixera entrega voluntaria no Museo e xa este xestionaría con Patrimonio o traslado.

El Correo Gallego, 21.10.2012

O mérito de que hoxe o petróglifo se atope no Museo de Pontevedra hai que atribuírllo a Alfredo Garcia Alén, quen coa lexislación vixente no ano 1976, podendo ir coa Garda Civil a incautalo, preferiu facelo como donativo por deferencia a sua avoa “persona a la que respeto demasiado para que hiciesemos algo que ella no aprobase”.



Ben está o que ben acaba




Bibliografía: Nuñez Sobrino, Angel: Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza (1915-1959), eximio arqueólogo . Anuario Brigantino 2015, nº 38

Nuñez Sobrino, Angel:Ramón Sobrino Buhígas (1888-1946): materia y forma pétrea señalada y nombrada. Anuario Brigantino 2017, nº 40

El Correo Gallego, Compostela 23.10.2012

domingo, 18 de agosto de 2019

A LAXE DO CUCO


¿CÉRVIDOS OU CÁPRIDOS?

A LAXE DO CUCO




Restitución fotogramétrica do estado actual da Laxe do Cuco


O Outeiro do Cuco áchase no lugar de Cernadelo, na parroquia de San Xurxo de Sacos, concello de Cerdedo-Cotobade na provincia de Pontevedra, a esquerda da estrada que desde o km 74,6 da N-541 leva a ermida que hai na carballeira de San Xusto e o antigo Balneario do rio Lerez. 

No dito outeiro hai varias rochas con gravados, e unha delas, a Laxe do Cuco, (42.5131437909, -8.5061537581, Datum: ETRS89) e o obxecto deste traballo.

Trátase de unha rocha plana case a ras de chan de superficie irregular dividida lonxitudinalmente en dirección E-O por unha diaclása da cal arranca outra en dirección N-S, formando tres paneis, dos cales o superior alberga a maioría dos gravados, 12 cuadrúpedes, un dos cales esta unido polo rabo a un pequeno círculo con coviña central, unha pequena combinación circular e unha figura cuadrangular, mentres nos dous inferiores, a dereita o cuadrúpede mais grande de toda a rocha, e a esquerda polo menos outro pero de trazos moi desgastados, e que a imposibilidade de facer limpeza na rocha impídenos rexistralo convenientemente.

Falo de cuadrúpedes a pesares de que nas publicacións existentes fálase de representación de cervos, porque non está nada claro que se trate de estes a pesar de que no calco que publicou Antonio de la Peña Santos figura un dos animais con cornos ramificados. A día de hoxe non existe na rocha indicios de que eses trazos foran reais. Afirmación que ven dada pola presencia de animais adultos en actitudes de celo con cornos pequenos e lisos.

Cumpre entón intentar identificar que tipo de animal e o representado e indicar os motivos polos cales nos decantamos por rexeitar a atribución a cérvidos.

Dos 14 animais representados, catro ou quizais cinco poden ser considerados machos pola presencia de atributos xenitais destacados, e os outros nove ou dez serían femias. Pero todos con cornos pequenos, similares, e nalgún caso lixeiramente curvados .

Dos cérvidos que poderían estar representados o cervo común (cervus elaphus) presenta un gran dimorfismo sexual. Sendo as femias menos corpulentas e mais pequenas que os machos e nunca presentas cornos, mentres os machos presentan cornos ramificados que se renovan cada ano. 

O corzo (Capreolus capreolus) e o cérvido mais pequeno de Europa: Presenta un dimorfismo sexual menos acentuado. Os machos presentan cornos pequenos de tres puntas que mudan anualmente, mentres que as femias carecen deles.

O gamo (Dama dama) diferenciase do cervo no seu menor tamaño e sobre todo polos cornos palmeados. Presenta un gran dimorfismo sexual xa que fronte os grandes cornos dos machos, as femias carecen deles.

Solo estes detalles serían suficiente para descartar que os animais representados na rocha sexan cérvidos, e sendo así ¿que outro tipo de animal con cornos pode ser o representado?

Coido que dos dous posibles candidatos, o rebeco ou rebezo (Rupicapra pyrenaica parva) e a cabra montés galega (Capra pyrenaica lusitánica), esta última é a que mais posibilidade ten de ser a especie representada, xa que o rebeco polas característica do seu habitat, estivo limitado a zoa oriental de Galicia, nas serras dos Ancares e o Caurel e o entorno da Pena Trevínca. O ultimo avistamenteo en liberdade foi en octubre de 1970, extinguíndose a partires desa data.

A cabra montés é unha especie de bóvido que poboaba amplamente as serras do sur de Francia e a Península Ibérica. Unha das súas subespecies, a capra pyrenaica lusitánica, vivía nos montes do norte de Portugal, Galicia, Asturias e Cantabria. Era coñecida como cabra montés galega, cantábrica, portuguesa ou mueyu, en Portugal cabro.

O que distinguía a esta cabra das outras subespecies da Península Iberia era o tamaño dos cornos e das manchas de cor negra. Nos machos o tamaño dos cornos non chegaba os 50 cm, aproximadamente a metade do tamaño dos do extinto bucardo (capra pyrenaica pyrenaica)



A única Cabra monés galega fotografada en 1890 (Wikimedia commons)

A finais do século XIX unicamente quedaba un rabaño na Península Ibérica nas serras do Xurés/Gerês. No ano 1890 capturase o único exemplar fotografado con vida no Val da Albergaria, a quilometro e medio da Portela do Home e foi levado o Zoo de Lisboa onde morreu poucos días despois.

As últimas testemuñas coñecidas, proceden todas da serra do Gerês onde en 1892 morreu unha femia vella e albiscáronse outros dous exemplares. Considérase este, polo tanto, o ano da súa extinción.

Esta cabra montés coido que é a mellor candidata a identificación cos gravados obxecto do presente traballo.


Escena de celo na parte superior da rocha.

Destacan na rocha dúas indubidables representacións do celo dos animais. A primeira na parte superior esquerda onde un macho esta ulindo os xenitais da femia debaixo da cal hai un animal pequeno, e outro maior a súa dereita. Completan ese panel outros dous animais lixeiramente separados.



Este comportamento sexual e sobradamente coñecido entre os ruminantes tanto salvaxes como domésticos e está amplamente representado na arte rupestre galega. Apenas a 500m na moi coñecida Laxe das Rodas no Lombo da Costa existe outra representación similar.


Escena central.

No panel situado a dereita achamos outra representación similar debaixo da cal tres animais parecen camiñar en fila encabezados por un macho en actitude de bérrea que amosa un gran falo e parece unido polo rabo a un pequeno circulo con coviña central.

Baixo estes unha pequena combinación de dous círculos concéntricos con coviña central e apéndice. 

Completa a escena un gravado que representa un animal esquemático con grandes cornos arqueados que semella levar algo cravado no lombo. A actitude e de dor coa boca aberta, e anque falla o trazo que delimitaría o abdome, presenta uns trazos de gran dinamismo.
Suposta escena de caza


E probable que esteamos diante de unha escena de caza, anque na rocha non se albisca, no estado en que está agora, ningunha representación humana.

Posible animal morto.

Completa o repertorio figurativo unha gran figura de cuadrúpede que ten o aspecto de estar recostado no chan: A posición das patas e a perforación presente no costado, fan pensar en un animal morto. De ser así, estariamos diante da representación naturalista do resultado da cacería. Amosa un trazo na parte inferior do ventre que non ten contacto con el, polo que a interpretación como un falo paréceme arriscada. 

Tradicionalmente e interpretada como un animal o galope, e a posición das patas así poderían indicalo, pero este tipo de representación do animal en movemento, semella ser case único no repertorios da arte rupestre, pois o habitual e representalo coas patas estendidas e non recollidas.

Confío en que esta interpretación das representacións da fauna presente na Laxe do Cuco, sirva de estimulo para os investigadores e poder asi, abrir un novo camiño na comprensión e identificación dos cuadrúpedes, mais aló dos tradicionais cérvidos ou équidos, e poidamos chegar a ter unha maior comprensión da sociedade que os gravou, antes que desaparezan pola desidia e o abandono no que se atopan como consecuencia das agresións propiciadas polas politicas do goberno da Xunta de Galicia, que tendo os medios para evitalo, prefire mantelos na situación actual e propiciando a súa destrución por activa ou por pasiva.

martes, 13 de agosto de 2019

PETRÓGLIFO DA TRAVESADA




DESCOBRIMENTO, MORTE, RESURRECCIÓN E REENCARNACION DO PETRÓGLIFO DA TRAVESADA.




Petróglifo da Travesada. Restitución fotogramétrica



DESCOBRIMENTO

En novembro de 1973, comuniquei o Museo de Pontevedra o achado de un novo petróglifo na Travesada, parroquia de Santo Adrián de Cobres no Concello de Vilaboa, Pontevedra, según quedou rexistrado no ficheiro da catalogación Arqueolóxica e Artistica que o por entón Secretario do Museo, Alfredo Garcia Alén, mantiña na dita entidade, e que posteriormente serviu de base para o ficheiro que a Xunta de Galicia incorporou a Catalogación do Patrimonio.



Ficha orixinal do Museo de Pontevedra con autógrafo de Garcia Alén.


MORTE

Tres anos despois, engadiu do seu puño e letra: Destruído por la autopista en 1976.

Foi esta a data oficial da sua “defunción”

Catro anos despois en 1980, na publicación da Fundación “Pedro Barrié de la Maza, Conde de Fenosa” Grabados rupestres de la provincia de Pontevedra cuxa autoría compartiu con Antonio de la Peña Santos, xa se recolle que posiblemente fora destruido.


Garcia Alén e de la Peña Santos, 1980. Grabados Rupestres de la Provincia de Pontevedra, Pag 117


Do dito petróglifo non fora publicada ningunha reproducción, nin calco algún, até onde fun quén de rastrexar.

Fai uns dias intentei comprobar si a nova da sua destrucción e certa e fun a intentar certificalo, toda vez que xa non figuraba na bibliografia nin no Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Vilaboa e cal foi a miña sorpresa o atopalo no sitio onde o vira coarenta e seis anos atrás.


RESURRECCIÓN


Certamente estaba apenas a cinco metros do talude que se fixera para a construcción da AP 9, pero estaba a salvo. Fixen o levantamento fotogramétrico coa intención de dalo de novo a coñecer, ou sexa proceder a sua resurrección. 

Foi entón cando buscando as ubicacións dos petróglifos que figuran no dito PXOM de Vilaboa, dei con un denominado do Matiño, cuxa ubicación coincidia co que estaba buscando.

REENCARNACIÓN

¿Como e quen fora responsable da sua reencarnación con outro nome?

No mismo inventario do PXOM estaba a resposta:



“Segundo Lomba Portela e García-Lastra Merino (1988) "piedra plana que destaca poco del nivel del suelo y que está asentada sobre otra. Se localiza en unha zona de penedo donde son muy numerosas las piedras sueltas. Los motivos grabados consisten en una cazoleta profunda junto con otras siete de menor profundidad. Al lado hay un motivo que podría interpretarse como una pileta pero también como unha huella de pie, es de surco profundo. Alrededor de la cazoleta hay pintado un círculo amarillo."


Non é agradable ter que criticar a mala praxe de persoas as cales axudei en tempos pretéritos a labrarse un oco na arqueoloxía galega, mais compre non deixalo no esquecemento en estes dias onde os “escaladores” son caseque a norma, e o mesmo tempo que sirvan como contraste os que foron e son quen de recoñecer a miña desinteresada contribución os seus traballos.

Durante os anos 70 e principios dos 80 do século pasado, tiven a fortuna de atopar unha grande cantidade de xacementos arqueolóxicos, moitos deles singulares e moi novedosos no panorama da arqueolóxía galega. De todos eles dei conta o Museo de Pontevedra, coa intención de inventarialos e o mesmo tempo que servíse para a sua salvagarda e protección.

No ano 1981, despois do falecemento do Secretario do Museo, Alfredo Garcia Alén, un grupo de colaboradores do Museo creou o Grupo de Arqueoloxía que levou o seu nome, e entre os seus membros figuraba a arqueóloga Montserrat Garcia Lastra Merino coa que participara en algunha excavación promovida por dito grupo.

No 1982 dirixiu a excavación de un xacemento campaniforme na Chan da Armada en Vilaboa que eu localizara e lle ensinara un ano antes. Non tivo nin o detalle de invitarme a dita excavación, pero o que mais me doeu foi que na publicación dos resultados nin tivo a decencia de citarme como descobridor.
Monteserrat Garcia Lastra Merino, Ultimas investigaciones de la cerámica campaniforme en la Provincia de Pontevedra


Evidentemente a relación que eu consideraba de amizade desapareceu, xa que pola sua parte non había mais interese que aproveitamento do meu traballo.

E só así pode entenderse o feito que sete anos despois, cando realiza unha catalogación arqueolóxica, describa a rocha caseque coas mesmas verbas con que aparece no ficheiro do Museo ou na publicación de Garcia Alén e Peña Santos, pero obviando o nome con que estaba publicado e rebautizandoo como do Matiño, como si estivese inédito, e así engordar o seu curriculum, esquecendo o dano que se estaba a facer a os investigadores que poideran estar interesados no dito petróglifo e que levou a dalo por desaparacido.


viernes, 2 de agosto de 2019

OUTEIRO DOS COGOLUDOS

OUTEIRO DOS COGOLUDOS



Reconstitución fotogramétrica do Outeiro dos Cogoludos !


No artigo precedente falaba dos atentados o noso Patrimonio que supoñen o feito de poñer seu coidado e divulgación en mans de persoas que pola súa actuación maniféstanse claramente incompetentes, e mais atentas o seu medre e o lucro, que o rigor informativo, glosando o acontecido no Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre en Campo Lameiro.

Falaba entón do menosprezo e falla de rigor a hora de divulgar a Arte Rupestre por parte de un arqueólogo da empresa Alicerce, a quen a empresa que xestiona o PAAR encomendou a tarefa de guía divulgador.

Centrárame daquela nas explicacións proporcionadas acerca da Laxe dos Carballos e a súa particularisima interpretación carente de todo rigor e sobrada de chauvinismo.

Parecía difícil de superar, pero o acontecido a continuación no Outeiro dos Cogoludos viu a confirmar, como afirma a Lei de Murphy, que toda a súa mala praxe e susceptible de empeorar.

Transcrición da súa intervención. En cursiva as intervencións de algúns dos participantes no percorrido.

Outeiro dos Cogoludos. E o segundo petróglifo mais importante do Parque. Sabedes que polo tema da luz non se pode ollar moi ben a estas horas, así que lembrade que tedes un panel, un debuxo de apoio, ¿vale? O que falaba aquí... o que comentaba antes: Todos petróglifos son BIC, Ben de Interese Cultural, é a maior protección, unha das maiores proteccións que existe ¿non? en Patrimonio.

Unha das razóns e que son moi fráxiles. Si cinco mil persoas pasamos tódolos días por enriba de un petróglifo o esnaquizamos, ¿eh? Son sucos moi pequeniños que, si están elaborados con unha pedra que de dureza 0 a 10 ten 8, ¿con que pedra se fixo estes sucos, estos debuxos?

-Con un seixo

Efectivamente con un seixo que ten dureza 8 sobre 10, o diamante ten 10 e, co seixo fan os debuxos o debuxo, e cal é o suco que despois de catro mil anos que empezou sendo así en forma de U ¿non? quedou moi pequeniño moi pequeniño, e calquera pisada ou calque acción, incluso cando elementos naturais como un incendio, un incendio pode eliminar totalmente este petróglifo.


Detalle do Outeiro dos Cogoludos 1

Bueno, vou a explicar aquí este petróglifo aínda que se ve regular, e tedes que ter moita confianza no que digo, porque realmente non sei a luz que está pasando. Bueno aquí hai ...

-Dous

...varios cervos, non? Hai un cervo grande que se ve ben, hai un cervo e despois hai outros pequeniños.

Isto sería como unha manda de cervos, e de súpeto pasamos a este cervo, que este xa, ten algunha cousa diferente, bueno e unha cerva, ¿non? e está como repiqueteada, ¿non?

Outeiro dos Cogoludos 1, detalle cuadrúpedo repicado. Aprécianse o remate primitivo dos sucos das patas.

O que era o suco de fai catro mil anos desapareceu porque alguén chegou con un obxecto metálico e interpretou como sería. Eu quero pensar que este debuxo existía previamente. O importante e a cabeza, ¿non? Que a cabeza está ollando atrás como ó resto, aos tres cervos da manda, ¿non? E diante do cervo temos un cadrado, ¿non? Cunhas liñas, ¿que pode ser?, ¿que pode ser?

-Unha trampa

-Unha xaula

Unha xaula, esta intentando atrapar o cervo. E os cervos ¿a que veñen a esta zona?

Outeiro dos Cogoludos 1. Detalle coa superposición de unha combinación circular sobre un animal a esquerda.

¿Vedes aquí?, ¿estas combinacións circulares que tedes aquí? Como anécdota está en moitas empresas públicas galegas, Medio Rural, Sogama, ¿vedes? Isto para que teñades unha idea seria como unha braña, unha zona de auga e terra. Vos cando tirades unha pedra a auga ¿que pasa?

-Fai unhas ondas

Pois os cervos, ¿non? virían tódolos días a beber auga. E alguén o sabe e, ten aquí unha trampa, un cadrado que podedes ver mellor no debuxo, incluso aquí hai coma dous cans que xa se ven moi mal, coma dous cadelos pequenos trabando na parte traseira, e aquí chega, chegamos aquí a braña a zona de auga que tamén ten outro significado que, si o vades a ver no vídeo da exposición permanente si tedes ocasión, que din que os chamáns toman elementos alucinóxenos como hongos e tal, e das primeiras visións que teñen, ¿non? Os famosos que din fosfenos, ¿non? Estas son as visións, e xa a segunda son armas, cervos...xa depende ¿non? da cultura… ¿E que falla neste...no que estou contando? ¿Que falla? ¡OS CAZADORES! ¿non?


Outeiro dos Cogoludos 2

Pois vamos aquí a ver os cazadores a ver como se ven, por favor, veremos que vimos aquí a ver os cazadores. Aparte hoxe, co tema do Curro de Sabucedo e moi importante. De feito veu unha equipa da televisión alemana porque querían documentar que antiga era a Rapa das Bestas en Galicia, e aquí está a resposta. Asi vades ter que bordear o panel e mirar a figura porque se ve regular. Vedes a figura...non son cervos, son cabalos, e vedes a figura, ¿como está? Vedes a figura, o xinete, vedes aquí unha figura como unha persoa, non ves que ten... unha muller ou un home que ten como un escudo, unha espada, ¿non o vedes? a parte traseira polo menos, ¿non?

-está imaxinando…

Facendo aquí o debuxo, a parte dianteira...e o que non vexa pola luz, que vea. ¿non? Isto e moi importante porque nos di dúas cousas, Primeiro que e unha escéa de domesticación do cabalo fai miles de anos e o segundo de monta. Porque hai bridas, esta agarrando a cabeza do cabalo, ¿non?

De feito nunha parte norte do Parque esta unha das mandas de cabalos de Sabucedo, porque hai unha relación en toda Galicia entre os curros, a rapa e os petróglifos. E a testemuña de que é algo milenario o temos aquí, nestes debuxos, ¿vale?

Pero agora vamos recapitular e facer unha análise en conxunto. ¿Que esta pasando neste petróglifo? Están cazando o cervo, e o que vimos antes (Os Carballos) e a caza final e a tumba.


Chan da Isca

Comparativa dos tamaños de tres espadas na Arte Rupestre galega
Escala aproximada.









Esta até fai anos era unha teoría mais, pero fai dous anos, un novo achádego, unha descuberta do petróglifo da Chan da Isca, que é a segunda arma mais grande de Galicia, que sae en medio de unha manda de vinte e tres cervos pequenos. Era a peza do puzzle que fallaba por atopar.

Agora xa sabemos, mais ou menos, o que nos querían contar. Aquel petróglifo que atoparon logo, que está a cinco minutos por aquí, sería o inicio simbólico da caza, esto sería a caza, porque xa dos vinte e tres cervos collen tres os cazadores, delimitan a tres, e despois desos tres collen un, o separan e o meten nunha xaula e alí xa e cando lle lanzan as frechas, as lanzas, e o matan. Xa sabemos mais ou menos, incluso fixemos fai dous anos un congreso de Arte Rupestre, e os investigadores si que coincidian que mais ou menos sabemos a mensaxe deste santuario: Inicio da caza, cazando, tumba e enterramento. ¿Vale?

Algunha pregunta?, algunha dúbida?

-Todo ben

Coido que o anterior xa se comenta por si só. E unha cousa de vergoña allea. ¿En que mans estamos deixando a divulgación nos distintos Parques temáticos da Prehistoria galega? ¿Como podemos aspirar a que a nosa xente tome conciencia e valore estas manifestacións culturais si lles están a contar películas de chamáns colocados con alucinóxenos, tribos de Etiopía ou santuarios inventados?

E curiosa a estratexia que se sigue. O Parque alberga casque un cento de rochas con gravados, das cales solo oito son as que figuran nos itinerarios e no caso que estou a describir, so tres son mencionadas e se visitaron dúas.

Construíse unha narración e escóllense as estacións que encaixan nela, e preséntase como si fose a única explicación posible anque sexa forzando até o ridículo as interpretacións, deixando de lado todas aqueles motivos que poden alterar ou mesmo desmontar o relato.

Así vemos que si na Pedra dos Carballos unha combinación circular representaba o bramido do cervo ferido, no Outeiro dos Cogoludos pasa a representar un brañal, iso si, utilizado como logotipo por diferentes empresas públicas galegas, que hai que meter algunha cuña publicitaria no medio do conto.

E, si e preciso, levados polo chauvinismo mais pueril, mencionase como rasgo distintivo da espada gravada na Chan da Isca o feito de ser a segunda mais grande de Galicia. Quero pensar que se debe a ignorancia do guía e non o guión repartido pola Consellería para o persoal do Parque. Coido que a ilustración comparativa non fai necesaria mais información.

En que lugar queda a sociedade de valentes guerreiros da Idade do Bronce, que para cazar un cervo van a cabalo coa gran espada (pero menos) a retirar tres animais da gran manda de vinte e tres, lévannos preto das brañas e alí, meten a un en unha xaula e despois o levan a Pedra dos Carballos onde o matan con frechas e lanzas. ¡Que gran valor hai que ter para asasinar un animal en unha xaula para apropiarse do seu espiritu e gañar a vida eterna!

Valor o que ten o narrador da historia para contar semellante película sen ruborizarse, e que os responsables da xestión do Parque llo consintan.

Quedounos claro que o Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro alberga un santuario onde se conmemora o inicio da caza do cervo, para apropiarse do seu espiritu e lograr así a inmortalidade na Chan da Isca, a caza con xaula no Outeiro dos Cogoludos e o asasinato, pois asasinato e matar un animal engaiolado, na Pedra dos Carballos. O do enterramento non quedou claro onde sería, supoño que na cista do Irixo que hai no Parque…..

Así foi a película e así nos foi contada. E así os ferrídos e duros, imbéciles e escuros nos rouban coas privatizacións do Patrimonio os nosos sinais de identidade.