Mostrando entradas con la etiqueta labyrinth. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta labyrinth. Mostrar todas las entradas

lunes, 24 de agosto de 2020

NOVAS REPRESENTACIÓNS DE EMBARCACIÓNS PREHISTORICAS NOS PETRÓGLIFOS GALEGOS: OUTEIRO DO CRIBO

 

NOVAS REPRESENTACIÓNS DE EMBARCACIÓNS PREHISTORICAS NOS PETRÓGLIFOS GALEGOS:

OUTEIRO DO CRIBO

Representacion  da nova embarcación


O petróglifo do Outeiro do Cribo foi dado a coñecer en 1978 1 e dende entón, como acontece con demasiada frecuencia, pasou a ser citado na bibliografía de un modo acrítico sin que ninguén mais se aproximara o seu estudo nin a verificar si o que nel se di correspóndese co que hai gravado na rocha, si exceptuamos a realización de un novo calco dous anos despois2.

Os seus descubridores, o tratarse de un traballo feito a pouco de licenciarse e case sin experiencia, centrarónse maiormente na figura do labirínto, por tratarse de un tema novedoso e moi escaso naqueles momentos, e facendo unha lectura superficial do resto dos gravados da rocha. Elo fixo que non se prestara demasiada atención e non se leran adecuadamente os motivos, sobre todo os mais achegados a figura do labirínto que por estar repicados non se lles concedeu a importancia que creemos que teñen.

1 Grandío de Fraga, Eduardo e Rodriguez Casal, Anton A. O petroglífo fo Outeiro do Cribo na Armenteira (Pontevedra)Novos datos pro estudio dos motivos labirínticos en Galicia. GALLAECIA 3-4 1978

2García Alen, Alfredo e de la Peña Santos, Antonio. Grabados rupestres de la Provincia de Pontevedra. Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1980


Comparativa entre os calcos publicados e a fotogrametría.


Por elo, queremos facer unha revisión a partires da utilización das novas tecnoloxías de reprodución de imaxe e tratamento fotogramétrico das mesmas que nos permitiron constatar a presenza de novas figuras, e distintas técnicas de gravado en toda a superficie da rocha.


Mapa de situación


O gravado sitúase o N. da Ria de Pontevedra en unha rocha denominada Pedra do Cribo, no lugar de Campo da Cepa, parroquia de Santa Maria da Armenteira, Concello de Meis, provincia de Pontevedra. Coordenadas Latitude: 42,455102, Lonxitude: -8,733771, Altitude 494 m. s.n.m. e a uns 8 km en liña recta do seu paralelo mais próximo: o labirinto dos Campiños en Mogor, Marín.



Panel superior


Os motivos distribúense en tres grupos ben delimitados pola orografía da rocha. Na parte superior, a figura de un labirínto canónico e catro representación de distinta factura que coidamos son representacións de embarcacións prehistóricas.



Panel central


Diferenciadas da anterior por un rebaixe transversal que presenta na sua porción central un esconchado feito con un instrumento metálico coa intención de rachar a rocha para buscar algún tesouro, como está documentado en outros gravados rupestres do NO1, feito entre as cornas de unha figura de un cervo de sucos moi desgastados que coroa o panel central, no que figuran unhas seis ou sete representacións de cuadrúpedes en distinto grado de desgaste. Unha análise detallada do desgaste da rocha permítenos aventurar que pode ter sido feito de maneira intencionada, borrando parte dos gravados para poder gravar outros sobre eles.



Panel inferior


Separado por unha diaclasa con un elevado grado de desescamación está o grupo inferior no que destaca unha combinación de dous círculos concéntricos con posible cazoleta central, tamén agredido igual co cervo da parte central descrito anteriormente, unha figura de un cervo de ampla cornamenta, un cuadrúpede mais pequeno e de sucos moi gastados, unha figura que semella un un antropomorfo portando un báculo ou bastón, e na parte da esquerda unha figura que semella o corpo de un cuadrupede en oco e un xinete que, por estilo e técnica, presenta dificultades de adscrición prehistórica.

Atendendo a técnica e o diferente grado de erosión dos gravados, podemos establecer polo menos tres etapas ben diferenciadas. A mais primitiva, a dos sucos mais erosionados poderían corresponder o pequeno cuadrúpede inferior, os diversos fragmentos de animales os que superpuxeron as figuras do gran macho central e o animal que parece arrastrar unhas varas e a figura da embarcación mais elaborada.

Unha segunda fase corresponderíase coas figuras dos dous grandes cervos, os circulos concéntricos, o probable antropomorfo e a figura do labirinto .

A terceira fase, sin que poidamos precisar a data en que foi realizado, corresponderian as figuras do xinete, as tres embarcacións e a figura do cuadrupede que arrastra as varas, sin que podamos precisar o aspecto que poderían ter antes da sua manipulación.



Representacion de embarcacións, algunhas repicadas.


O que coidamos que singulariza este petróglifo e, sin dubida, a primeira asociación de figuras de embarcacións con un labirinto, o que nos permite facer unha relectura da figura que acompaña o gravado principal da Pedra da Moura Encantada en Mogor, sobre a que xa tiñamos as nosas sospeitas.


Detalle da probable embarcación da Pedra da Moura WEncantada, Mogor, Marín.


Os gravados asociados o labirinto e que amosan evidentes sinais de repicado, son definidos polos seus descobridores como “un motivo indescifrabel e atípico, formado por un apéndice coroado por un cadrado. A sua dereita un circo concéntrico incompleto” descripción baseada na observación desde un punto de vista inferior da pedra e claramente erronea en canto a descripción do suposto “circo concentrico” que estaría situado a esquerda según eles os describen e que se trataría de unha figura en omega invertida e similar as representacións de embarcacións do petróglifo da Borna en Meira. O outro motivo que describen como “apendice coroado por un cadrado” creemos que representan duas embarcacións similares e de distinto tamaño con paralelos tamen no petróglifo da Borna antes mencionado.





Completa a descrición desta parte da rocha (un auténtico palimpsesto no que se borraron e gravaron novas figuras, como resulta apreciable na fotogrametría con partes mais claras e lisas con respecto a rugosidade xeral e sucos case imperceptibles e que precisarían de unha análise mais exhaustiva, pero que os meus medios non me permiten facer) unha figura, inapreciable para os descubridores e para os autores dos calcos, indubidable de unha embarcación con casco delimitado por dous segmentos curvos e proa e popa elevadas con un prótomo na primeira (diante da que se aprecia unha pequena combinación de círculos concéntricos) enriba da cal se percibese unha figura antropomorfa e uns trazos aparentemente desconectados dos elementos construtivos.



Restitución fotogramétrica.



A identificación proposta sobre as figuras repicadas xurdiu fai moito tempo pola semellanza formal con unha representación moi esquemática de unha embarcación de tipo nórdico de época medieval, concretamente algún tipo de drakar viquingo, pois o feito de estaren repicados manifestaba unha orixe histórica. Non foi até o descubrimento da embarcación mais elaborada e de sucos moi desgastados que nos replantexamos a atribución netamente prehistórica do conxunto dos gravados preto do labirinto. Coincidiu no tempo co estudo que estamos a facer do petróglifo da Borna onde, entre as numerosisimas representacións de embarcacións atopamos algunha semellante a estas e que solo difire na angulosidade dos seus trazos.


A interpretación destas figuras e a sua relación co labirínto serán merecentes de un estudo mais profundo, mais agora queremos dalo a coñecer, pois estamos seguros que para moitos estudosos da arte rupestre, dos labirintos, e das representacións de embarcacións, abrir unha nova ventá a posibilidade de buscar contactos mediterráneos (que nos non compartimos polo agora) para estes elementos singulares, e que pouco a pouco van a ir cobrando importancia, poden contribuir a demostrar que non sempre ex oriente lux.



1Aparicio Casado, B. Segredos ao descuberto. Pegadas de canteiros e de buscadores de tesouros nos petróglifos galegos. 2017

lunes, 8 de abril de 2019

A SERPE DE SÁ



A SERPE DE SÁ

(VALADARES, MONÇAO)





Aspecto da rocha e a reconstitución fotogramétrica

No ano 2015 tiven coñecemento por unha nova no Facebook de Pablo Novoa, da existencia de un petróglifo coa representación de un laberínto en Sá, freguesía de Valadares no concello de Monçao, Portugal. Dita nova era escueta, daba conta da orixinalidade do motivo e da circunstancia de tratárse da primeira representación laberíntica de Portugal, acompañado de unha foto e a información das persoas que lle habian facilitado o seu coñecemento.

Non foi até o 2018 que tiven a oportunidade de visitálo na compaña de Angel de Prado e facer o levantamento fotográfico para o seu tratamento informatico.

O petróglifo ubicase en unha laxe fragmentada e posiblemente desplazada do seu lugar orixinal e moi alterada a sua superficie probablemente polas labores de canteria que provocaron a sua fragmentación. Os motivos que se conservan na actualidade son unha figura serpentiforme, definida polos seus descobridores como un laberinto do tipo da Pedra da Moura Encantada en Mogor ou clásico (descoñecendo que este non é tal, en todo caso seríao o dos Campiños, tamén en Mogor) xunto con un reticulado unido a ella e moi alterado en toda a sua superficie é duas ou tres representacións de embarcacións prehistóricas.


Un laberinto é por definición: Un lugar formado artificiosamente por vias e encrucilladas, para confundir a quen se adentra nel, de modo que non poida acertar coa saída. Clasificanse basicamente en dous grupos “según a relación que existe co centro e a saída do mesmo” O primeiro destes grupos e o laberínto clásico ou univiario, que é o que nos interesa aquí, no que se fai percorrer o ingresar nel todo espazo para chegar o centro mediante un único camiño, e dicir, non ofrece camiños alternativos, senón que existe unha única saída, que é por onde se entra o laberínto. (Wikipedia)

Polo tanto a principal característica de unha representación laberíntica ten, por forza, que dispoñer de un espazo aberto de entrada, tal como se aprecia no dos Campiños ou no Outeiro do Cribo, cousa que non acontece no grabado da Pedra da Moura Encantada en Mogor ou en este de Sá. Así pois, non estamos falando de laberintos, senón de outra cousa. E, como creo que demostrei noutros artigos deste blog 1, 2, 3, 4 e 5 , trátase da representación de ofidios.

                                   Os Campiños                                                                                   Outeiro do Cribo                                   
Unha primeira ollada o motivo principal a pesares da dificultade de lectura, xa puxo de manifesto a diverxencia cos trazos que se corresponderían con un laberínto clásico, en cambio o asemellaban moito mais a figura de serpe gravada na Pedra da Moura Encantada, e unha primeira restitución fotográmetrica así o revelou.

Non foi doado resolver alguns trazos debido o seu mal estado de conservación e o feito que nalgunhas partes os sulcos parecen estar cortados polo motivo reticulado e algún desconchado na parte esquerda do motivo. 

Despois de diversos tratamentos fotográficos e de restitución tridimensional, coido que fun quen de trazar a figura completa, desvelando o que me pareceu de principio: unha figura de serpe replegada sobre si mesma coa cabeza no interior da figura e o rabo entre as duas espiras da esquerda.

Reconstitución fotogramétrica e calco

Non é, en ningun caso, unha representación de un laberínto clásico, nin moito menos, como se repite unha e outra vez nas distintas publicacións que tratan destas figuras, froito da impericia e da dificultade que conleva o tentar reproducir unha figura tan complexa.

A pretendida dificultade de realización de unha figura de semellantes carácteristicas, do mesmo xeito que ocorre cos gravada na Pedra da Moura Encantada non é tal no momento que asumimos que pode ser feita sin dificultade mediante o uso de una corda repregada de moi diversos xeitos, que daría lugar a figuras tradicionalmente denominadas seudolaberíntos ou laberíntiformes.


Disposición  inicial do plegado da corda

Segundo paso

Terceiro paso

Cuarto paso

Resultado final.

Resulta descorazonador contemplar como nas publicacións especializadas seguese a falar de maneira absolutamente acrítica de figuras laberínticas, sin cuestionarse nin por asomo a posibilidade que deixen de ser figuras xeométricas e pasen a ser representacións zoomórficas, como creo que é evidente.

Temos así que asistir asombrados a verdadeiros exercicios de funambulismo cínico e crédulo, repetindo unha e outra vez conceptos e interpretacións que dan vergoña allea, e mais cando veñen de pretendidos expertos na materia. O dano que a investigación se leva infrinxido o longo de caseque un seculo, como consecuencia da manipulación gráfica da figura da Moura Encantada representada na sua rocha homónima por parte dos Sobrino e os seus seguidores, non ten trazas de esvairse, mais ben estáse a consolidar por parte dos novos seguidores (ou mais ben adoradores) que incapaces de pensar por si mesmos, seguen as suas doctrinas como si de un novo testamento se tratára.

E con estas actitudes tan conservadoras non se avanza no coñeceménto e valoración de unha das mais senlleiras mostras do noso Patrimonio.

Mágoa.