Mostrando entradas con la etiqueta ofidio. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ofidio. Mostrar todas las entradas

martes, 20 de noviembre de 2018

A PEDRA DA MOURA ENCANTADA 4



A PEDRA DA MOURA ENCANTADA 4

Apareceu a Serpe



Interpretación da figura gravada no calco de escaiola

No numero 105 do Boletin de la Real Academia Gallega de Maio de 1916 no artigo Sobre insculturas rupestres en la provincia de Pontevedra o autor, o vilagarciano Juan Fernandez Gil y Casal, da conta da identificación do gravado da Pedra da Moura Encantada en Mogor, Marín con unha moeda de Knosos onde aparece representado un labirinto de tipo circular. Acompaña a descripción un debuxo no que aparecen outros gravados do Outeiro das Laxes en Figueirido (Vilaboa), a moeda de Cnosos e diversos comentarios.


Debuxo da autoria de Fernande Gil cos sulcos engrosados dixitalmente


O debuxo reproduce con total fidelidade o trazado do gravado, a pesares da sua estilización. Este debuxo non se tivo en consideración nas sucesivas publicacións que por diversos autores se fixeron nos cen anos posteriores xa que foi suplantado pola manipulación e falsificación que do seu trazado fixeron Ramón Sobrino Buhigas e o seu fillo Ramón Sobrino Lorenzo Ruza.

En publicacións anteriores 1, 2 de este blog, xa puxen de manifesto esa manipulación, achacandoa as posibles dificultades para observar nitidamente os sulcos centrais da figura como acontece hoxe en dia, pero si Fernández Gil foi quen de aprecialas perfectamente, ¿porque Sobrino Buhigas debuxa outra cousa?

A figura que está representada na rocha, presenta un indudable parecido formal co labirinto estampado na moeda de Knossos, pero non é un labirinto por varias razóns.

-Non presenta a cruz central de este tipo de figuras,
-Ten no centro unha coviña e
-Presenta varios trazos no que sería a entrada.

Para poder falar de labirinto entón Sobrino Buhigas decide inventarse unha cruz central que non existe e modifica os trazos, primeiro con pintura pero ollando o estado actual do gravado, é posible que tamén fisicamente pois os trazos primitivos aparecen desgastados e dan lugar a interpretación que el fixo en primeiro lugar coa pintura. Non quero imaxinar que a erosión que presentan os gravados foro feita por eles mesmos, senon que o seu debuxo poido servir para que personas que non eran quen de ver os trazos inventados, foran remarcandoos unha e outra vez até chegar a situación actual


Fotografia publicada no Corpus coa perspectiva modificada a efectos comparativos.


A proba que demostra esta afirmación e o calco feito en escaiola que se conserva no Museo de Pontevedra. Nel apreciase perfectamente que o que está representado e unha serpe cuxo rabo está claramente indicado perto da coviña central e vaise replegando sobre si mesma até a cabeza na parte exterior. Trátase de unha representación extraordinária pois o seu corpo vai facendose mais groso o longo do trazado e volve a estreitarse a medida que se acerca a cabeza, tal como ocorre na realidade.



Calco en escaiola do motivo principal da Pedra da Moura Encantada


Entre todas as persoas que de un ou outro xeito nos adicamos o estude e divulgación da Arte Rupestre galega, os nomes de Sobrino Buhigas e Sobrino Lorenzo figuran como os maximos exponentes da descuberta e estudio de moitisimas estacións rupestres, e polo tanto recoñecidos como autoridades nesta especialización artística.

Así é e deberia ser, pero o que non é aceptable e que os investigadores que proseguiron a sua laboura non reparasen no erro cometido e non procederan a sua denuncia e corrección.

Mencionaba en un dos artigos anteriores que os investigadores pasaron de estudiar a figura na rocha a guiarse pola ilustración feita en fotografias manipuladas, co gravisimo perxuicio o coñecemento e perpetuando así a sua difusión e pechando novas vias de investigación.


Comparativa .


Por suposto, toda a bibliografía baseada na manipulación gráfica, non pode nin debe ser tomada en conta, polo que carece de validez, e o feito de encher paxinas de citas bibliograficas non deixa de ser unha mostra do pouco rigor que os distintos autores demostran.

Así pois, teño que recoñecer que da bibliografia consultada dos Sobrino e dos que seguen as suas teses, non fun quen de extraer ningunha información valida para o estudo desta figura, toda vez que como era a sua intención, levaron o campo de investigación a invención de unha fábula que deu, como era de agardar, en un calexón sin saida, dando lugar a peregrinas, cando non aberrantes, conclusións totalmente alleas o país e a nosa sociedade que é onde foi creada esa representación e nada que ver cos posibles motivos para realizala.

As consecuencias, como xa teño dito, levaron a que estas figuras sigan a ser consideradas como motivos xeométricos cando deberían formar parte (moi abundante por certo) dos motivos zoomorfos e propiciar unha nova via de investigación.

Todos estes datos supoñen un baldón sobre a autoritas dos ditos investigadores, que chegaron o extremo non só de manipular a figura, senón de suplantar o seu nome tradicional, cousa que Fernandez Gil, o primeiro en identificar (erroneamente o meu entender) a figura con un labirinto cretense non fixo, respetando o tradicional nome de Pedra da Moura Encantada.

Sigo agardando que os especialistas na Arte Rupestre galega, entre eles algunhas persoas con responsabilidade na xestión do único Parque da Arte Rupestre Galega e que teñen a Sobrino Lorenzo en un pedestal agardando a ser santificado, sexan quen de dar unha explicación do porque desa fé cega na sua autoridade intelectual cando as probas do seu fraude levan tantos anos a vista de todos, e como este modesto artigo volve a demostrar.


jueves, 28 de junio de 2018

SOÑO CON SERPES? 1



SOÑO CON SERPES? 1





Nas entradas anteriores deste modesto blog, veño sostendo que cumpre unha revisión en profundidade de alguns dos motivos presentes na Arte Rupestre de NO peninsular, no chamado grupo atlantico, entre eles os mais exoticos pola sua rareza; laberintos e laberintiformes, mais tamén os extremadamente abundantes como son as combinacións circulares con ou sin apendice central e as mais escasas pero non por elo moi significatvas como o caso das espirais e os trazos ondulantes con ou sin coviña en un dos seus extremos.

Hoxe quero dar a coñecer un gravado case inédito, pois o único que hai publicado é unha representación parcial do motivo principal en unha ilustración de un traballo do 2015 (Santos Estevez e Garcia Quintela: IRON AGE SAUNAS OF NORTHERN PORTUGAL: STATE OF THE ART AND RESEARCH PERSPECTIVES, fig.: 18 O ) que non aporta ningún dato mais que a mera ilustración, aparte da sua ubicación na Chan da Lagoa en Campo Lameiro.






A Chan da Lagoa, sita no lugar de Parada na parroquia de San Isidro de Montes en Campo Lameiro e unha estación na que se conservan a dia de hoxe mais de unha ducia de rochas con gravados moi variados en en distinto grado de conservación. A pesares de ser sobradamente coñecida e de haberse construido camiños e pasarelas de acceso os distintos gravados, presentan a dia de hoxe un estado de total abandono, sin que o Concello nin as autoridades responsables da sua conservación fagan nada por evitalo.

O repertorio figurativo e moi variado, abundando as representacións naturalistas con varios tipos de cuadrupedos, ofidios de deseño laberíntico e circular, armas e variados deseños abstractos e xeométricos aos que hai que sumar a Laxe da Serpe (Nome provisional que alude o seu motivo principal).




O longo dos ultimos anos estiven a facer traballos de restitución fotogramétrica dos distintos conxuntos, de cara a comprobación da hipotese que veño sostendo de que
moitas das figuras laberínticas, son en realidade representacións de ofidios. Elo levoume a descubrir a rocha da que estou a falar.

Trátase de unha rocha aplanada de forma vagamente triangular que presenta unha diaclasa que a divide en dous ametos claramente definidos, por unha parte un espacio rectangular enmarcado entre duas fracturas diaclásticas na que se gravaron os motivos principales, e por outro un espazo alargado con pequenos relevos e dous profundos ocos no seu estremo. con varios gravados de dificil interpretación.

O primeiro que me chamou a atención e o motivo da serpe ondulante, de moi boa factura e de aspecto realista con sete ondulacións que é practicamente invisible polo desgaste da rocha como pola cobertura de liquens.

Unha vez feita a reconstitución puiden comprobar que habia mais motivos na rocha, entre eles duas paletas, unha delas con varios raios, que lle dan un aspecto asteriforme e outra moi desgastada vagamente rectangular con un pequeño trazo ondulante en un dos seus vertices.

Ademais, unha pequena protuberancia da rocha con unha cazoleta central dentro de un circulo con apendice hacia o motivo asteriforme.

Completan este panel, un motivo en forma de L enriba do que sería a cauda da serpe, e un par de trazos ondulados.



No panel situado o leste da roche dividido por unha cresta central, na parte cercana a serpe, unha figura en forma de U de base plana con un apendice central exterior e un trazo en forma de S e outros trazos indefinidos, e no outro lado da cresta un grupo de tres U, duas tanxenciales e unha separada completan o repertorio.



Por imperativo legal, non puiden proceder a limpeza da rocha, polo que esta descripción ten que ser, por forza, provisional e suxeita a que unha vez que se poda limpar, aparezan outros motivos que completen ou modifiquen este primeiro achegamento o estudo desta rocha.