A
PEDRA DA PEREIRA REVISITADA
Restitución fotogramétrica |
Unha das nefastas
consecuencias que trae consigo a privatización encuberta do noso
Patrimonio e a de deixalo en mans de individuos que o único do que
se preocupan e de recaudar diñeiro sin importarlles para nada nin a
sua formación nin o relato que se lles está a dar os visitantes.
O Centro de Interpretación
dos Petróglifos de Mogor, situado no Concello de Marín non é alleo
a esas prácticas, mais ben é paradigmático.
No Concello de Marín hai
catalogados arredor de cincuenta rochas con gravados, que abarcan
practicamente tódolos motivos da arte rupestre do NO, xa sexan
esquemáticos ou figurativos, xeométricos ou naturalistas, dos que
no Centro de Interpretación solo se mencionan tres ou catro rochas,
e ademais, mal. Na Pedra dos Mouros hai tres cuadrúpedes, dos
que os guías coñecen un. Da Pedra da Moura Encantada,
identificada como tal desde fai mais de un século, seguen a dicir
que non saben cal é. E falando de petróglifos de armas, como si en
Marín non existise ningún, din o que sigue, que é a
transcrición do que nos contou un arqueólogo que facía de guía en
días pasados:
“...Bueno, los
(petróglifos) figurativos. Los figurativos son
tradístas...Normalmente los representaban en rocas mas o menos
inclinadas como estas, como podéis ver. Incluso a veces tan
inclinadas como estas (outras)..sobre todo muchos de armas: espadas,
puñais, alabardas...¿Sabeis lo que es una alabarda? Es una especie
de mazo de la época del bronce, mas o menos... del cobre un poco
anterior,...escudos. Hay, por ejemplo, en Gondomar Auga da Laxe,
un gran panel para ver de frente con muchas armas. Parece ser que
según algunos investigadores esos petroglifos de armas, digamos,
estaban delimitando el terreno de la tribu. Era una especie de señal
de aviso, digamos, por si alguna tribu que viniera de afuera viera
eses grandes paneles y dijera:...¡Hey! cuidado que si entramos en
esta zona, pues nos pueden matar...”
![]() |
Calco da autoría de Antonio de la Peña Santos |
Fai case trinta anos que de un
xeito ou outro e coñecida a estación de Pedrouzos 1 na que
se identificaran sete representacións de armas, unha das cales era,
e segue a ser a segunda mais grande das que se coñecen nos
petróglifos do NO da Península Ibérica.
Este feito sigue a ser
descoñecido a dia de hoxe polos guias do Centro, e que coa
aplicación da fotogrametría dixital supera entre puñais e espadas
(16) as doce da Auga da Laxe. (Teño noticias de prensa que o
facer a fotogrametría en datas recentes apareceron mais armas, pero
ignoro de que tipo)
A principios dos anos 90 do
século pasado, para facer un pequeno xardín en unha zona do meu
eido que estaba moi maltratada, decidín buscar terróns de herba
para facer un recheo e que fora practicable case de inmediato. Para
elo, buscando unha herba que polo Morrazo denominase feno
que abunda en algunhas pistas forestais que case están sin
uso, e nas que a escorrentia colmara as beiras nas que crecía de
maneira abundante, cheguei o Monte Veciñal en Man Común de Santo
Tomé de Piñeiro, no monte da Laxe a uns 450 m. o NO da mámoa
de Pedralonga.
Comecei a arrincar terróns na
parte superior de unha laxe que penetraba debaixo da pista en unha
zona que apenas chegaba os 15 cm. de potencia e a medida que os iba
sacando, foi quedando o descuberto a laxe na que asomaba unha coviña.
Revisei entón a parte que estaba descuberta que presentaba unha
forma alombada con unha pendente pronunciada cara a o SO, en cuxa
base podíanse ollar os característicos gravados de José Meijón
que tanto abundan nas rochas da zona.
![]() |
A Pedra da Pereira nos tempos da sua descoberta |
Aproximadamente a dous metros
de onde estaba arrincando a herba, distinguíase unha figura
semellante a silueta de unha conifera, que non foi difícil
identificar como un puñal similar o aparecido uns anos antes en unha
cista en Atios, Porriño.
Unha vez rematada a limpeza da
parte superior, descobrin varias figuras de armas entre as que
destacaba unha gran espada de case 1,50 m. de largo, da mesma
tipoloxía que a que era visible.
Dada a desvinculación que por
aquela entón tiña do Museo de Pontevedra, despois do falecemento do
que fora seu Secretario, Alfredo García Alén que era a persoa a
quen facilitaba os datos de tódolos xacementos que atopara na década
anterior, non comuniquei nin este nin outros achados pola mesma zona
e que coidei quedaran inéditos. Volvín a visitalos a mediados dos
90 en compañía de José Suarez Otero que confirmoume a importancia
dos achados.
Como na beira da rocha na sua
parte S medraba unha pereira brava (Pyrus cordata), denominei a rocha
como Pedra da Pereira, e con tal nome deina a coñecer na
prensa en Xuño do 2011.
Descubrín
entón que nos case 20 anos transcorridos desde que a desenterrara,
fora inventariada co nome de Pedrouzos 1,
nome a todas luces errado e que induce a engano, pois non esta no
monte dos Pedrouzos,
senón no da Laxe e
crea confusión cos que si hai nos Pedrouzos.
![]() |
Estado actual (Setembro 2019). |
A rocha de
granito de dúas micas e grao fino mide
na parte descuberta sete por seis metros aproximadamente,
está
orientada cara a o S en
un pequeno val en cuxa
parte superior se
encontra, e a dia de hoxe en un estado de absoluto abandono,
completamente rodeada de silvas, toxos, fentos, piñeiros e
eucaliptos a imaxe do que ocorre coa inmensa maioría dos petróglifos
galegos.
Na
época do seu descubrimento fixera unha reprodución pola técnica do
frottage
dalgún dos motivos principais e
que
aínda conservo e
que se reproducen por primeira vez.
![]() |
Reprodución polo método do frottage da gran espada, no que é claramente visible unha das duas armas superpostas. |
En este pódese ver sobre a
parte distal da folla da espada principal unha das dúas follas nas
que non había reparado no seu momento, e que coas nove localizadas
unha vez realizado o levantamento fotogramétrico, dou agora a
coñecer.
Antonio de la Peña Santos
fixo o calco da rocha e publicou un cadro no que recolle as sete
armas que identificou. E sorprendente que habida conta do seu ben
facer, non fora quen de recoller, xa non digo tódalas gravuras,
senón aqueles que incluso en un frottage apresurado poden ser
percibidas.
![]() |
Comparativa do calco de Antonio de la Peña Santos coas suas correspondencias na rocha e a espada da Cista de Atios. |
Unha vez realizada a
restitución dixital, as sete representacións iniciais pasaron a ser
dezaseis en total, convertendo esta rocha en unha das panoplias mais
numerosas das que teño coñecemento, xunto co espectacular conxunto
da Auga da Laxe en Gondomar. De estas, dez presentan
empuñadura en T, mentres que das restantes cinco teñen empuñadura
indefinida ou plana e unha a ten arredondada. A maioría das figuras
presentan un acusado grado de desgaste, que as fai caseque invisibles
en condicións óptimas de luz, e so co emprego da fotogrametría
puideron ser identificadas.
![]() |
Detalle da rocha coa situación dos distintos gravados. |
Dúas figuras (11
e 16) parecen representar armas enfundadas na sua
vaina a xulgar polos trazos que as diferencian das demais.
Destaca
entre tódalas figuras a de
unha gran
espada
corta de lingüeta de
146 cm. de longo,
asi como catro
puñais do mesmo tipo pero
de menor tamaño,
mentres
os
outros son
de
folla ovalada de diversos tamaños.
Sobre a folla da espada mais
grande (1),
están representados dúas figuras que interpretamos como puñais. Un
(2) con
empuñadura redondeada e folla ovalada, e outro (3)
de empuñadura e folla mais estreita. O grao de desgaste destas dúas
figuras non permite apreciar a coetaneidade ou non das mesmas coa
figura mais grande.
A figura (4)
e do mesmo tipo que a (1)
pero de menor tamaño, ten na sua parte inferior outro pequeno puñal
(5)
e a sua dereita unha folla (6)
ovalada.
A
dereita da gran espada
atopase outra figura de folla ovalada mais apuntada
(15),
tamén profundamente desgastada, e
case tanxencialmente a sua empuñadura pero en sentido vertical con
respecto a base da rocha,
outro puñal de folla ovalada con empuñadura en T (14).
Debaixo de esta, en
sentido horizontal, outro puñal de folla triangular (7)
e
sobre ela
un grupo de
tres
figuras, dúas das
cales (8 e
9)
teñen follas rectas, apuntadas
e empuñadura
recta, mentres a (10)
ten empuñadura en T e
folla ovalada. A da sua
esquerda (16),
e unha folla triangular con empuñadura en T de dificilisima lectura,
e cruzada por trazos que poderían indicar a presencia de unha vaina
o mesmo que acontece na (11)
e sobre esta dúas follas ovaladas (12
e 13) con
empuñadura en T.
![]() |
Lista das figuras de armas identificadas na rocha |
Completan o catálogo os
gravados xa plenamente históricos da autoría de Pepito Meijón, tan
abundantes nesta como en outras rochas das cercanias. Unha é unha
figura de un circulo con seis radios triangulares sobre unha peana
que coidamos representa unha custodia (17)
e polo menos dúas inscricións (pois o estado no
que se atopa a rocha neste tempo impide ver todo o seu perímetro)
con senllos escudos e a inscrición JEHOVÁ.
![]() |
Gravados de Pepito Meijón. |
Dada a importancia dos motivos
representados, a situación, a visibilidade desta rocha, e a pesares
do seu estado de desgaste, que é notorio nos 30 anos transcorridos
desde o seu descubrimento, coidamos probable que fora a que deu nome
o conxunto do monte onde se sitúa, monte da Laxe.
Este
tipo de representacións de armas, son dos pouquisimos elementos que
permiten datar os gravados de
xeito inequívoco,
pois o achado dos seus modelos metálicos en contextos que permiten a
sua datación fan deles elementos
salientables no conxunto da arte rupestre.
E
por iso que sería de agardar que as administracións implicadas na
sua conservación e divulgación, sobre todo o Concello de Marín,
puxera tódolos medios para a sua posta en valor, xa que se trata
probablemente da segunda maior representación de espadas e puñais
nos
petróglifos de
toda Galiza.
No hay comentarios:
Publicar un comentario