Mostrando entradas con la etiqueta blue flash. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta blue flash. Mostrar todas las entradas

martes, 14 de enero de 2020

O RAIO AZUL


O RAIO AZUL


Raio azul. Recorte da foto orixinal.


De entre os fenómenos ópticos que soen acompañar os solpores en todo o mundo, poucos son tan populares como o raio verde, sobre todo pola novela romántica Le Rayon vert, do escritor francés Jules Verne na que narra a busqueda por parte de unha parella de unha posta de sol onde se poida ver este fenómeno, pois como di a lenda, si dúas persoas o observan o mesmo tempo quedaran unidas para sempre. 



Tamén contribuíu a sua popularidade o feito de mencionarse en unha das películas da serie Piratas do Caribe: A fin do mundo, do ano 2007 o que fixo que moita xente se interesara por ese fenómeno solar anque desde unha interpretación superficial e máxica. 

Este mal chamado raio verde, posto que non é un raio (é un escintileo) non é simplemente unha lenda, é un fenómeno óptico real produto da refracción e dispersión da luz do sol cando se atopa cerca do horizonte. que pode ser admirado por todo afeccionado a natureza que o busque con paciencia.


Raio verde desde o mirador de Cotorredondo, Vilaboa 17.03.2013

A maior cantidade de atmosfera que atravesa a luz no solpor ou no amencer actúa como un prisma que a descompón no espectro de cores do arco da vella. Estas cores desaparecen detrás do horizonte un por un, empezando polo vermello seguido polo laranxa, amarelo, verde, azul e violeta.

Os amarelos e os verdes soen ser os mais comúns xa que o azul e violeta son con frecuencia esvaídos pola propia cor do ceo.


Adaptado de: http://www.tboeckel.de/EFSF/efsf_ps/greenflash_04/spuren.jpg

As cores dos escintileos verdes ou azuis dependen principalmente da claridade do aire. Agora e posible simular estas cores de maneira bastante realista, incluíndo os efectos de atenuación e dispersión de aerosois, así como a extinción pola atmosfera molecular.

En ocasións moi raras o escintileo azul e tan intenso que permite a sua visibilidade xusto por riba ou sobreposto o verde.




Raio azul 2


Esto e o que aconteceu o dia 11 de xaneiro do 2020 mentres estaba na praia da Lanzada no Concello de O Grove, Pontevedra as 18:25h.


Parhelio


Foi unha posta de sol espectacular. Comezou coa presenza a dereita do disco solar de un Parhelio moi intenso, que se mantivo uns dez minutos antes do solpor, e despois de que o sol se ocultase, tiven a oportunidade de ver un tenue Pilar solar. 


Pilar solar

O raio azul e un fenómeno rarisimo. Coido que é a primeira vez que se rexistra en Galicia, e en España só teño coñecemento de un rexistrado desde o observatorio do Roque de los Muchachos nas illas Canarias no 2006. 

Podo dicir que fun moi afortunado, pois si ben, o raio verde o levo fotografado varias veces desde fai dez anos, e os parhelios e pilares son mais abundantes, o raio azul foi a primeira vez que o puiden fotografar.