martes, 22 de mayo de 2018

DE CANTEIROS E INDULTOS




DE CANTEIROS E INDULTOS



Publíca hoxe o Faro de Vigo unha nova na que da conta do achado de un novo petróglifo fora de contexto no Anguieiro en Darbo, Cangas do Morrazo. A nova en si non deixa de ser unha boa nova, e unha achega mais a catalogación dos Xacementos Arqueolóxicos do Morrazo, baixo o rimbombante título de Arqueología Computacional da autoría de Benito Vilas Estévez da Universidade de Vigo, Alia Vazquez Martínez e Miguel Carrero da Universidade de Santiago de Compostela.

A nova da conta tamén de que o Governo Municipal de Cangas do Morrazo pretende poñer en valor este descubrimento...Benvido sexa, xa que os petroglifos de Cangas estan na sua maioria en estado de absoluto abandono, para vergoña da Corporación Municipal. Para mostra a situación na que se atopan algúns dos mais senlleiros que tiven a sorte de descubrir a mediados dos anos 70 do século pasado.




Pinal do Rei

Pinal do Rei

O caso de este de Pinal do Rei e extremadamente sangrante pois atopase dentro de unha superficie de ambitos educacionais e lúdicos, Institutos e zonas deportivas. O seu estado e o resultado da agresion constante con rotura de botellas contra a rocha e basureiro durante moitos anos. A dia de hoxe, coido que se talaron as mimosas que o tiñan cercado. As fotos son do 2016.
As  Abelaires, o tellado branco e a nave do Punto Limpo.


As Abelaires. Camiño de entullos sobre a rocha.


Pero quizáis o mais vergoñento sexa o estado no que se atopa o gran pétroglifo das Abelaires, no linde co Concello de Bueu e o que lle instalaron dentro da sua area de afectacion, nada menos que o mal chamado Punto Limpo, quedando cercado de basuras e entullos de toda indole. Ademáis este e un dos que sufriu agresións notables por parte dos canteiros, ainda poden ollarse os furos das barrenas para dinamitalo.

Sirve este feito para enlazalo coa nova do xornal onde, indirectamente falan das actividades de cantería e resulta extremadamente cómico, senon fose tráxico, o razonamento dos autores cando dan conta de que o petroglifo atopado por eles: "Es un caso particular y paradigmático en el arte rupestre gallego, debido, por una parte, a que no se encuentra in situ y por la otra, a que fue indultado". Consideran pois que o feito de arrincalo da rocha onde estaba ubicado e utilizalo na construcción de un forno equivale a un indulto. Non atino a pensar que a unha persoa lle corten un brazo, e que ese brazo sexa considerado un indulto. A continuación, deixan esta pérola "Sabemos que el afloramiento original debía contar con más grabados, ya que algunos de los motivos del petroglifo de Forno de Anguieiro se encuentran cortados". Menos mal que quedan persoas de mente tan brillante que nos van a guiar no noso camiño hacia o coñecemento das nosas orixes.

Este tipo de pensamento e consecuencia directa da absurda teoría de que os petróglifos chegaron a nos grazas os canteiros, que se adicaban a indultalos, considerando como indulto a sua destrucción e/ou mutilación,



Exemplo de petróglifo indultado polos canteiros.A parte superior e a esquedra da imaxe foron concienzudamente indultadas., e con elas os gravados que alí habia.

Os exemplos de actividade extractiva de pedra sin respectar ningun tipo de gravado, son tan abondosos, que facer unha lista sería inabarcable. Somentes no Morrazo hai mais de duas ducias de rochas con gravados, que presentan sinais de esa actividade, nalguns casos chegando a sua caseque total destrucción, e noutro moitos as mutilaións dos motivos gravados son moi evidentes. Pero, como di o noso refraneiro: O falar non ten cancelas

martes, 15 de mayo de 2018

AS CONSECUENCIAS DE UNHA FRAUDE




AS CONSECUENCIAS DE UNHA FRAUDE




Pedra da Moura Encantada, Mogor, Marín
Restitucion fotogramétrica.

Como teño indicado nas anteriores entradas deste blog ( 1,2,3 e 4 ) a modificación da representacion do gravado de unha serpe na Pedra da Moura Encantada para que se semellase a un laberinto e desviar así a atencion hacia o mundo mediterraneo, conlevou que se desbotase calquer outra posible interpretación.

Así chegouse o extremo que resulta cando menos ridículo que os investigadores da arte rupestre do NO da Peninsula Iberica, cegados pola sua reluctáncia tachen de seudolaberintos ou laberintiformes todos aqueles motivos que se asemellan o que aparece gravado na Pedra da Moura Encantada pero que difiren nos seus trazos, sin ser capaces de ver que o que aparece na dita rocha é un seudolaberinto si o comparamos cos laberíntos canónicos, como o dos Campiños, situado a uns 25m. Ou o do Outeiro do Cribo en Armenteira.

Esa cerrazón mental propiciou que se siga falando de laberintiformes ou seudolaberintos en vez de falar de serpes ou serpentiformes, o que axudaría sen nengunha dubida a avanzar na comprensión e/ou interpretación deses gravados tan numerosos e sacálos do apartado de rarezas dentro dos motivos representados nos petróglifos.

Garcia Alén e de la Peña Santos, 1980

Desde os traballos de Vazquez Varela e de la Peña Santos intentando sistematizar os motivos para tentar avanzar nas cronoloxías relativas ou nas asociacións de motivos, sempre me chamou a atención a non inclusión das figuras espirais e laberintos entre os zoomorfos xunto coas outras duas figuras de serpes. E a aceptación para os cuadrupedos a delimitación do corpo por medio de trazos, pero non para as serpes, si exceptuamos a discutible da Pedra da Beillosa.

Aceitando que as serpes poden esta representadas mediante dous trazos que suliñan o corpo, entón de maneira automatica abrese un gran abano de posibilidades de interpretación de figuras como algunhas combinacións circulares incluidas na categoria de motivos xeométricos, especialmente as figuras arriñondas e as suas combinacións.
Pedra da Moura Encantada. Restitución fotogramétrica con cor engadida

Sin apenas separarnos do motivo principal da Pedra da Moura Encantada que sería a mais coñecida tanto pola calidade do gravado, canto pola sua amplisima e acrítica difusión temos outra figura que pasa practicamente desapaercibida e que está totalmente eclipsada pola su irmá mais grande. Trátase de unha figura de menor tamaño e que para min representa unha serpe enroscada sobre si mesma. Engadín na figura unha infima cantidade de color para facela mais apreciable a simple vists e para comparar coa imaxen que encabeza este artigo.

De este xeito a Pedra da Moura Encantada, xa pasa a ter outra psibilidade de interpretación, sin necesidade de ir a buscar teseos e minotauros (lástima de bois, que diria Castelao), chamáns colocados con sustitutos do LSD e outras barbaridades que hai que oir de boca dos guias do Centro de Interpretación de Mogor.

Pedra dos Mouros 1
Restitución fotogramétrica con cor engadida

Apenas 50m. o Leste, na tamen archicoñecida Pedra dos Mouros, ademauis das tres figuras de zoomorfos hai un feixe de combinacións circulares, entre as que figuran alomenos tres posibles representacións de ofidios. A maior e mais dificil de apreciar polo seu desgaste e unha combinación tradicionalmente interpretada como un (como non) seudolaberinto. Debo recoñecer que non foi tarefa fácil chegar a identificar os seus gastadisimos sulcos, dificultado ademais pola imposibilidade legal de unha limpeza exaustiva do motivo.

Este gran conxunto ten sufrido multiples alteracións ao longo do tempo, algunhas en épocas moi recentes. Coido que o trazo central da figura que veño de amosar, pola profundidade do sulco, non se corresponde coa epoca do gravado orixinal. Chama tamén a atencion os dous finos trazos en V que poderían definir a cabeza da serpe.

Pedra dos Mouros 2
Restitución fotogramétrica con cor engadida

Outra das probables representacións de ofidios é esta pequena combinacion circular con trazo e coviña central, que creo tamen que representa unha serpe enroscada con catro volutas e a cabeza cara o esterior.

Existe alomenos outra representación mais na mesma rocha, anque está pendente de unha analise mais exhautiva, e que de seguro nos dará mais sorpresas.


A Godalleira 

Restitución fotogramétrica con cor engadida
A uns 500m. en liña recta no lugar da Godalleira, entre a media ducia de motivos circulares hai unha caseque pegada o chan que coido é unha nova representación de un ofidio.

Co exposto até dagora, considero que é imprescindible un novo enfoque no estudo das representacións de ofidios, e non circunscibila exclusivamente os motivos lineales tipo Troña ou Os Remedios, e abrilo a unha profunda revisión de tódolos motivos tradicionalmente interpretados como leberintiformes, laberintos, combinacións circulares ou arriñonadas e tentar averiguar, non xa as relacións co mundo mediterraneo para interpretar estes motivos, que probablemente existan como alguns indicios fan pensar, pero dandolles outro enfoque que poida achegar luz a circunstancia de que esten tan representados os ofidios na nosa arte rupestre. E si aceitamos que o clásico laberinto está en realidade formado por duas serpes en proceso de acoplamento ( aquí ), entón e urxente a sua reinterpretación, e deixar definitivamente de lado a mistificación causada por unha falsificación.

Son conscente da posibilidade de que a miña interpretación sexa errada. E por elo polo que a par dos motivos coloreados, poño os orixinales sin ningun tipo de manipulación, para que calquera poida comprobalo. Si os que fixeron a manipulación na reprodución do gravado da Pedra da Moura Encantada houbesen feito o mesmo, posiblemente hoxe non estaríamos nesta situación.

Agardo nos vindeiros traballos seguir amosando a inxente cantidade de figuras susceptibles de ser reinterpretadas, coa intención de que se poida abrir un debate, no que someter os meus postulados a critica que non se lle fixo os responsables do impasse no que nos atopamos no estudo de estas singulares representacións.

jueves, 1 de marzo de 2018

A NAVALLA DE OCKHAM



A NAVALLA DE OCKHAM

A explicacion mais simple e suficiente é a mais probable, pero non necesariamente a verdadeira.






E evidente que a carencia de reluctancia (non hai que acatar o que dín os superiores e punto) aplicado a arqueolóxia ou a arte rupestre galega en concreto, está tan fondamente gravado nas neuronas de moitos dos seus estudosos e/ou divulgadores que parece mision imposible facerlles ver o evidente.

Xa manifestei en anteriores entradas do blog as nefastas consecuencias que para o avance no coñecemento de algunhas das figuras mais singulares dos nosos petróglifos, serpes e laberintos, tiveron as interpretacións fraudulentas feitas por dous dos mais importantes estudosos neste eido: Sobrino Buhigas e sobre todo Sobrino Lorenzo-Ruza. A sua laboura de catalogación e inventario constitue, sen nenguha dúbida motivo mais que suficiente como para asegurarlle un posto senlleiro na historiografía galega pola sua contribución o mellor coñecemento de nos mesmos e do noso pasado.

Pero parello a este recoñecemento ten que ir a crítica a algunha das suas interpretacións. Non podemos aceptar que polo simple feito que veña de unha autoridade teñamos que creer de foma automática os seus postulados, o contrario, precisamente por vir de ela, temos que ser mais rigorosos, pois o efecto multiplicador da sua autoridade, pode, como así acontece, desviarnos do método cientifico que é o que ningunha persona que se adique a estudiar con seriedade pode deixar de cinguirse.

Os seus herdeiros intelectuales non foron quen, nos caseque sesenta anos da sua desaparición, de cuestionarse nin un ápice que a sua interpretación da figura gravada na Pedra da Moura Encantada ( que renombrou como Pedra do Laberinto) era un laberínto canónico de tipo cretense manipulando a sua reproducción gráfica para que así o parecése, a pesares de ter a vista en multiples publicacións as probas de este feito.

Si se parte da idea preconcebida ou inducida de que o laberinto e unha figura xeometrica abstracta, entón o seu diseño tornase complicado, tendo que recurrir a un esquema incial a partir do cal se van engadindo sucesivos trazos até chegar a figura final. Pero este modo de resolvelo, non aclara as distintas variacións deste motivo chamadas na bibliografía laberintiformes ou seudolaberintos, anque algunhas sexan debidas a impericia do gravador.





Non obstante, si aceptamos que a figura representada e unha serpe, entón e facilmente reproducible con un simple trozo de corda.









 E chegados a este punto, é aquí onde reside a orixinalidade da figura da serpe e a sua derivada: o laberinto. Repasando con un lápiz o contorno das volutas que forman a serpe, trazando unha liña dende o centro até a voluta doble e anulando o extremo que sería a cabeza da serpe, xa temos un laberinto circular canónico.






 O que sin dubida constitue un fantástico achado. O corpo de unha serpe desdoblase pasando a representar duas no acto de acoplarse.








Modificación dixital do gravado do Outeiro do Cribo en Armenteira feita co único proposito de visibilizar a tese que defendo.


¿Hai mais probas entre os petróglifos galegos de que estas representacións laberinticas sexan representacion de ofidios?

Por suposto que si, pero esa será outra entrada.





viernes, 16 de febrero de 2018

A PEDRA DA MOURA ENCANTADA 3

De laberintos e serpes.


Quero desde o inicio facer unha clara distinción entre as figuras de laberintos no mundo clasico, porque coido que pode ser importante a hora de expoñer a miña hipotesis.

Os dous tipos de laberintos habituales son os de forma mais ou menos circular e os de forma cuadrangular. Nos de forma circular estarían encadrados os que aparecen nos petróglifos do NO da Peninsula Ibérica. En canto os cuadrangulares, estes son totalmente alleos a nosa xeografia e son os unicos aos que aparece vencellada a representación do minotauro sobre todo en moedas no améto xeografico do Exeo e a antiga Grecia. Esta diiferencia formal, podería explicarse porque os cuadrangulares poderían corresponderse a algún tipo de construcción física, no que os trazos se corresponderian a muros e o espazo entre eles a corredores. Este e un feito que a Evans nas suas excavacións en Creta lle sorprendeu ao non atopar un edificio circular que poidera ter correspondencia cos grabados coñecidos.


A pesares de que esta distinción debería ser mais que evidente, no dia de hoxe nos centros de interpretación da Arte Rupestre en Galiza, siguese repetindo a cantinela do Minotauro, Teseo, e o laberinto de Creta, cousa explicable pola devoción (caseque adoración) que os responsables destes centros teñen pola figura de Sobrino Lorenzo-Ruza, o autentico inventor do suposto Laberinto de Mogor.

Tal como manifestei en anteriores entradas do blog, a manipulación realizada sobre a representación do gravado da Pedra da Moura Encantada por parte de Sobrino Buhigas e Sobrino Lorenzo-Ruza no primeiro tercio do seculo XX, levou a unha interpretación do mesmo claramente dirixida a sua vinculación co mundo mediterraneo, coa intención de profundar nas supostas relacións existentes entre este e os mitos fundacionais da vila de Pontevedra, cidade da que eran oriundos.

O engadirlle un trazo inexistente o motivo principal dos gravados na Pedra da Moura Encantada, facendoo semellar a unha representación de un laberinto de tipo circular representado en moedas cretenses, marcou un camiño de investigación, o meu parecer completamente erroneo, que as sucesivas xeracións de arqueólogos foron incapaces de cuestionar, aceptando de maneira acrítica e tan lonxana da practica cientifica, unha interpretación baseada non no gravado en si, senon na sua representación fotográfica, e na opinion indemostrable dos dous autores citados.

Pedra da Moura Encantada, Mogor



Agora, unha vez plantexada unha nova interpretación do dito gravado, que ao noso parecer representaria unha serpe, cumpre analizar que outra interpretación poderian ter os demais gravados de laberintos (estes si mais canonicos) presentes en distintas rochas no NO da Peninsula Iberica, un deles sito apenas a uns 25 m. da Pedra da Moura Encantada, concretamente na rocha coñecida como os Campiños.

Trátase de unha rocha gravemente danada por traballos de cantería, e que na parte conservada amosa a representación de un laberinto de tipo clásico con cruz central e sete voltas acompañado do que creemos que pode ser a representación de unha espada.

Reconstitución dixital da Pedra dos Campiños



As figuras están moi desgastadas e só son visibles en especiales condiciones luminicas, ou mediante tecnicas de reconstrucción de imaxe tridimensionais. A pesares delo, son perceptibles dous engrosamentos no inicio exterior dos sulcos.

Este feito, que practicamente non e mencionado nas publicacións, coido que e o elemento que premite unha nova interpretación do que agocha a figura laberintica.

A primeira vez que vin un laberinto, a primeira imaxe que me viu a cabeza e a de duas serpes entrelazadas. E así podería ser, pero precisaba de mais datos para poder facer unha atribución semellante. E a resposta estaba na Pedra do Outeiro do Cribo, en Armenteira e na de Pé de Mula en Sabaxáns, Mondariz..


Outeiro do Cribo, Armenteira, Meis


Pé de Mula, Sabaxáns, Mondariz                                                                                                                                                        Foto: Angel de Prado

Os laberíntos que ali aparecen gravados xunto con outras figuras, presentan en un dos estremos dos sulcos dous engrosamentos intencionados que coido poden representar as cabezas de dous ofidios. Este feito podería ser accidental, mais o atopalo tamén en outras figuras laberínticas, faime pensar que o que se pretende representar e, efectivamente, un acoplamento entre duas serpes, cuxa interpretación deberá ser motivo de investigación.  


De calquera xeito, coido que se impón un novo enfoque das figuras de serpes, ou serpentiformes gravadas nos petróglifos galegos. De seren consideradas motivos caseque residuais, un novo enfoque permitiria incluir nesa atribución as figuras delimitadas por dous sulcos, como acontece coa da Pedra da Moura Encantada de Mogor ou na do Pornedo I, ou as que representan un só sulco, xa sexa serpenteante rematado ou non en unha cazoleta ou ben as que se enroscan sobre si mesmas en forma de espiral. Son conscente do atrevimento de esta interpretación, pero cos datos dispoñibles na actualidade, penso que hai elementos mais que abundantes para explorar esa nova via.

Interpretación da figura gravada na Pedra da Moura Encantada




Interpretación da Pedra dos Campiños.


E moi dificil sustraerse a idea de que os petróglifos, senón todos, unha gran parte, estiveran no seu tempo sinalizados dalgun xeito, e mesmo algúns estiveran pintados, como aconteceu coa maior parte das manifestacions escultoricas até épocas recentes. Avala esta hipotesis a tradición de pintar en poca castrexa os baixorrelevos que adornaban as portas de algunhas vivendas, ou as estatuas de guerreiros, e o uso da pintura na decoracion dos templos gregos, romanos e nas catedrais e igrexas románicas, chegando nos modestos cruceiros até os nosos dias.

Si ben a conservación dos pigmentos ao ar libre non é doado, si que temos manifestacións do seu uso en abrigos e covas xa desde o paleolítico, onde tiveron a oportunidade de chegar até os nosos dias. Polo tanto o feito de que hoxe non se conserven (anque recentemente tense documentado o achado de pigmentos entre os sedimentos recollidos na excavación de algun petróglifo) non invalida en modo algún a licencia que me permito o facer as reconstruccións pictoricas que acompñan este texto. Non pretenden ser mais que un mero exemplo do aspecto que poderían haber tido no seu tempo, e moito menos supoñer que as cores que uso fosen as dispoñibles daquela entón.















viernes, 19 de mayo de 2017

A PEDRA DA MOURA ENCANTADA 2

De manipulacións, acentifismo, cacicadas e falta de rigor. 



Fai uns meses publicouse no xornal Diario de Pontevedra unha especie de publireportaxe disfrazado de nova, do Centro de Interpretación dos Petróglifos de Mogor, no que din algunhas cousas que farian avergoñar a calqueira con un minimo de formación e sensibilidade historica. A raiz dese feito fixenme a seguinte pregunta: ¿En mans de quen deixamos a preservación e divulgacion da nosa historia?

E ben sabido a estas alturas que as politicas de protección e divulgacion do patrimonio por parte da Xunta de Galicia e os seus organismos estan mais enfocadas o negocio dos amigos que o rigor centifico, pero ainda así da noxo apreciar a que estremos de manipulación se pode chegar.

Os petróglifos galegos constituen unha das mais senlleiras e atractivas manifestacións da Arte Prehistorica e que conta con milleiros de rochas espalladas por todo o territorio, e que a Xunta de Galicia mantén de forma intencionada en un estado de absoluto abandono. Digo que é de forma intencionada, pois podendo evitalo non o fai, desviando recursos a varios chiringuitos seudoinformativos en mans, que casualidade, de familiares de membros do Partido Popular.

Tal acontece co Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro, onde a pesares de unha inversión millonaria na sua montaxe non foi quen de coidar as rochas e as instalacións que tanta inversión pública requeriron e que estan baixo a sua responsabilidade.

Artigo de José Manuel Rey no Faro de Vigo


Tampouco e de estrañar xa que se encontra dirixido por unha persona cuxa profesionalidade ( a raiz de algunhas publicacións ) é manifestamente mellorable.

Unha delas e a publicada no xornal Faro de Vigo con motivo do centenario do nacemento de Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza na que baixo unha foto de éste posando enriba da Pedra da Moura Encantada, na que o seu motivo principal atópase remarcado con pintura branca e manipulados os seus trazos para semellalo a figura de un labirinto de tipo mediterraneo, di o seguinte:

“...as enigmaticas figuras dos labirintos clásicos, ou de sete voltas, que atopan na Pedra do Labirinto de Mogor o mais canónico dos prototipos”

Si algo se lle debe esixir a un cientifico, e o rigor, tanto no manexo dos conceptos canto na descripción dos obxectos, e si falamos de canónico por forza ten que ser o que serve de base para outras figuras semellantes ou que cumple as normas e trazados do que se considera modelo.

Moeda de Knosos e estado actual do gravado


Si se considera canónico o modelo representado na moeda cretense do século III aC, e que foi usada comparativamente polos primeiros que o estudaron, resulta vergoñentamente evidente que non é, nin de lonxe, parecido. En primeiro lugar, ten no seu centro un oco, non tén o trazo que completaría a cruz central e unha serie de trazos engadidos no que sería a entrada. Por todos estes motivos non podo recoñecerlle ningunha autoridade nin idoneidade como para dirixir o maior Parque da Arte Rupestre de Galiza, pois non acada o minimo esixible: rigor, imparcialidade e formación cientifica.

Como coido que quedou demostrado no meu post anterior neste mismo blog referido a Pedra da Moura Encantada, a pretendida figura do Labirinto non é tal, e só pode semellarse os Labirintos de referencia manipulando os seus trazos, tal como se aprecia na foto que ilustra o artigo no Faro de Vigo.

Chama a atención que a persona encargada de dirixir un Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre, non sexa quen de ver que a figura está manipulada, e que siga repetindo conceitos que levan mais de un seculo ancorados sin que ninguén os poña en dubida. Iso a pesares de que os gravados son moi visibles e non cabe outra interpretación.

No transcurso do ultimo seculo non se produciu nin un so avance na interpretación e o coñecemento do que alí estaba gravado. Non se engadiu nin unha soa idea ao preconizado polos seus descubridores, e toda unha serie de discipulos convertironse no seu momento nos mestres dogmaticos da seguinte xeración servil.

Un dos grandes mandamentos da Ciencia, e a arqueoloxía e unha delas, di: “Desconfia dos argumentos que proveñen da autoridade”. (Desde logo, os arqueologos, sendo primates e dados polo tanto as xerarquías de dominación, non sempre siguen este mandamento.) Demasiados argumentos de este tipo resultaron ser dolorosamente erroneos. As autoridades deben demostrar as suas opinions como todolos demáis. Esta independencia da ciencia, a sua reluctancia ocasional a aceptar a sabiduría convencional, faina peligrosa para doctrinas menos autocriticas ou con pretensións de servidume.

As probas da manipulación das imaxes feitas por Sobrino Buhigas e Sobrino Lorenzo quedan patentes o comparalas co orixinal e cos calcos mais recentes feitos con profesionalidade e utilizando novas tecnoloxías

E, pois, un feito moi grave que a manipulación inicial das figuras desviara o seu estudo cara a un calexon sin saida, pechando a posibilidade de avanzar no seu coñecemento e interpretación. E grave tamén, a falla de criterio dos arqueólogos que se achegaron o seu estudo e non foron quen de cuestionarse o dogma interpretativo deixandose levar con un sentido totalmente acritico que nos levou a perder un seculo de avance na investigación e interpretación dos gravados da Pedra da Moura Encantada, deturpando o seu nome e condeandonos a ter que escoitar unha e outra vez a repetición de mitos que nada teñen que ver con nos. Asistir impávidos ante as expresions xa superadas a nivel europeo que vinculan estes gravados coa cultura cretense, que mais ben teriamos que mudar por cultura cretina a teor de quenes siguen a usar esas verbas.

De todolos xeitos, considero necesario unha aproximación imparcial hacia a figura de Sobrino Lorenzo-Ruza, pois si ben contribuiu de un xeito admirable o estudo dos petroglifos galegos, ten no seu haber unha gran sombra pola manipulación das probas e que levaron a varias xeracións de arqueologos a plantexamentos claramente erroneos.

Pero diso falaremos outro dia...


viernes, 27 de enero de 2017

Un novo zoomorfo no petróglifo da Portela da Laxe, Viascón, Cotobade

Algunhas veces a utilización de novas tecnoloxias, ademais da simplificación e axuda que supoñen para a investigación, proporciona tamén agradables sorpresas.

No caso de hoxe, tratase do estudo do petróglifo da Portela da Laxe I de Viascón, Cotobade. Tratase de unha das estacións da arte rupestre galega mais citada pola singularidade de alguns dos motivos que nela aparecen representados.

Trátase das esvasticas, levógiras e destrógiras, paletas e algun motivo soliforme, todos eles moi pouco frecuentes dentro do repertorio da arte rupestre galega.

Foi obxecto de estudo por Sobrino Buhigas  nas deécadas dos 20 e 30 do século pasado, Lorenzo Ruza, Filgueira Valverde e Garcia Alen na década dos 50, o italiano Enmanuelle Anati na década dos 60, Garcia Martinez, Bouza Alvarez, de la Peña Santos, Vazquez Varela nos 70 e moitos outros até os nosos dias.

Por iso resulta sorprendente que ningún deses estudosos reparara na presencia da figura zoomorfa que vimos de descubrir no dito petróglifo. Tratase de representación de un cuadrupedo, posiblemente un cervido con dous pequenos cornos situado a dereita de unha combinación de circulos concentricos e practicamente no borde da rocha.



Debemos resaltar que no calco feito por Antonio de la Peña Santos, figuran dous dos trazos que delimitarian o colo e o lombo do zoomorfo. Os 35 anos transcurridos desde a sua realización non fan mais que confirmar o seu bo facer na lectura e a fiabilidad dos calcos, pois non foi senón co uso das mas modernas técnicas que poido facerse visible a figura completa.

O método utilizado por nos, anque xa coñecido e utilizado desde os anos 70 non foi senon até o advenimento de modernos procesadores que pudo ser usado a gran escala.

Trátase da reconstitucion fotogrametrica dixital, utilizada previamente en topografía e representación do territoriO, pero levada a microtopografia, como neste caso.



Este é un mosaico feito a partir de 234 fotografías que cobren a totalidade da rocha e que conforman o paso previo para o seu analisis e reconstitucion dixital. A pertires de este mosaico crease unha nube de puntos densa, (neste caso mais de 23 millons de puntos) co cálculo unitario das súas coordenadas espaciais que permite unha representacion fidedigna do seu relevo, con unha precision submilimetrica, mais que suficiente para permitir apreciar o relevo a pesares do estado lamentable en que se atopa a rocha, totalmente colonizada por distintos tipos de liquens, musgo e diversas plantas que medran nos seus intersticios.



O resultado, como se pode apreciar, e a falta de un tratamento mais especializado, e mais que suficiente para apreciar a maioria dos motivos. Estes poden ser resaltados con distintas aplicacións informaticas que irei utilizando a medida que as vaia dominando.

domingo, 21 de agosto de 2016

A PEDRA DA MOURA ENCANTADA


A PEDRA DA MOURA ENCANTADA


O MITO DO lABERINTO DE MOGOR

(1)



Debuxo orixinal de Enrique Campo . Museo de Pontevedra
O subtitulo desta entrada fai referencia a que considero un mito o feito de pretender que o gravado presente na Pedra da Moura Encantada sexa, como se estableceu de facto, un laberinto de tipo cretense ou clasico ( uso o termo cretense  a sabendas que é erroneo pois iso implicaría unha orixe e unha epoca historica completamente afastada do noso contexto).

Non farei referencia nesta primeira entrega os demais laberintos que cada vez en maior numero vanse engadindo o catalogo destas figuras na arte rupestre galega.


ooooooOOOOOOoooooo

Fai xa mais dun século que se descubriron os gravados da Pedra dá Moura Encantada en Mogor, Marín e o seu descubrimento supuxo a entrada na prehistoria galega dunha palabra e un concepto asociado a ela que ata entón estiveran ausentes nas publicacións da epoca E certo que apenas se estaban a poñer os alicerces do que serían os primeiros estudos da arte rupestre e da prehistoria galega en xeral, elo pode xustificar os erros que se cometeron na sua descripción e interpretación.
  
Os gravados eran, para os descubridores, extremadamente novedosos pois un deles gardaba semellanza coa figura de un labirinto, tal como aparecia representado en moedas cretenses e que xustificaban ás arelas dun pasado clasico, concretamente mediterraneo, dos descubridores. Os efectos foron tan negativos que levaron por un afán clasista e cultural a cambiarlle o nome a rocha que desde entón pasou a chamarse Pedra do Labirinto.

Para reforzar esa vinculación cretense, non dubidaron en recorrer a manipulación gráfica  dos elementos achados, cuxos desastrosos resultados aínda perduran nos nosos dias. E probable que dita manipulación fose accidental, pero coñecido o rigor co que se acercaban as descripcións, esa posibilidade non semella moi veridica.

As probas de tal manipulación levan tantos anos ante os nosos ollos que a forza de velas constantemente pasan desapercibidas.

Corpus Petroglyphorum Gallaecia, 1935

A identificación do gravado principal con un labirinto de tipo cretense só é posible manipulando a figura alí representada. Vemos como desde as mais antigas descricións graficas, sobreponse ao gravado orixinal un motivo en cruz central que non existe na roca. A colocación dese motivo vén dada pola necesidade de semellalo ao motivo impreso nunha moeda de referencia e poder facer así unha comparación válida con este.

Comparativa co gravado sin manipular

As negativas consecuencias dese proceder podemos atopalas inda hoxe en publicacións divulgativas mais ou menos rigorosas e, o que nos parece mais grave, na información que desde o Centro Arqueolóxico de Mogor estase transmitindo aos visitantes, centros educativos incluídos.




Se borramos a figura do labirinto das nosas mentes, vendo esta imaxe podemos apreciar unha forma serpentiforme con varios trazos engadidos no que sería a cabeza e que recibiron multiples interpretacións. Creo que teñen vinculación co obxecto representado, coa posible función presumida a dita forma e poden representar as ofrendas que habería que facerlle para conquerir o fin solicitado.

Non importou que na tradición oral e no folklore galego non existise ningunha referencia a esta figura, nin que para os veciños do lugar fose unha fugura absolutamente descoñecida. Para eles era simplemente a representación da moura encantada, e tiñan razón.

É abundantisima a bibliografia referida ás mouras e os encantamentos, e que moitas veces maniféstanse en forma de serpe á que hai que levar algun tipo de ofrenda para desencantala e que conceda os desexos que se lle soliciten, polo que non vou a citala porque coido qué e de sobra coñecida. Con todo para os descubridores este feito pasou absolutamente desapercibido ou ben simplemente ignorouse.

Lamentablemente, o folklore que sen dúbida estaba relacionado con este gravado non foi recollido no seu momento polos primeiros investigadores, o que nos dificulta, ata certo punto, a súa interpretación.

No entanto contamos coa descripcion do relativo a unha roca próxima, a Pedra de Namorar hoxe desaparecida ao que acudian as parellas con dificultades para procrear e que tiñan que efectuar o coito sobre devandita rocha. Nela din os informantes que había unha serpe gravada.

A primeira imaxe que se vén á cabeza ao observar o gravado da Pedra dá Moura Encantada é a dunha serpe plegada sobre si mesma.




© 2011 Thomas Eimermacher

Non creeo que o parecido sexa simplemente accidental, ao contrario, creo estar en presenza dunha das representacións mais realistas da fauna na arte rupestre galego, mais alá da pretendida, e para min erronea, atribucion de serpe ao gravado reticulado da Pedra dá Boullosa en Campo Lameiro. A maiores deberia engadir que das oito representacións de laberintos galegos coñecidas, e a única que presenta distintos trazos na sua entrada. Este simple feito xa o fai distinto de todolos outros e por iso mesmo merecente de unha aproximación distinta a sua interpretación.





Non deixa de ser significativo o feito de que da inmensa maioría das rochas con gravados rupestres en Galicia, caseque as únicas que teñen lendas asociadas son as que teñen representacións serpentiformes. Este simple feito debería facer reflexionar aos distintos investigadores que desde distintos prismas achegáronse ao estudo destas figuras. Desgraciadamente, o cambio de nome da roca, a pobreza imaginativa e un certo clasismo intelectual da maioría dos que se achegaron ao seu estudo fixo que se repetisen unha e outra vez o mesmo estereotipo descriptivo. Os trazos do suposto labirinto impediron a visión do que representaban. 

Sobre esta figura vertéronse rios de tinta e son innumerabeis as interpretacións a cada cal mais rara. Moitas delas deberían estar proscritas da literatura cientifica pois entran no esoterismo mais comercial e acentifico mentres que outras, benintencionadas sen dúbida e que buscan unha interpretación astronomica, caen polo seu propio peso ante a endeblez dos datos e sobre todo porque ao noso entender, parten dunha premisa erronea.


 Coido por tanto que o que o mal chamado Labirinto é, en realidade, a representación fidedigna do mito da moura-serpe, tan comun no noso folklore e que por un erro na sua lectura e interpretación levou a perpetuar unha interpretación errada até o punto de sustituir o propio nome da rocha que debería, desde xa, voltar a sua denominación tradicional: Pedra da Moura Encantada




Seguirá.....