De laberintos e
serpes.
Quero desde o inicio
facer unha clara distinción entre as figuras de laberintos no mundo
clasico, porque coido que pode ser importante a hora de expoñer a
miña hipotesis.
Os dous tipos de
laberintos habituales son os de forma mais ou menos circular e os de
forma cuadrangular. Nos de forma circular estarían encadrados os que
aparecen nos petróglifos do NO da Peninsula Ibérica. En canto os
cuadrangulares, estes son totalmente alleos a nosa xeografia e son os
unicos aos que aparece vencellada a representación do minotauro
sobre todo en moedas no améto xeografico do Exeo e a antiga Grecia.
Esta diiferencia formal, podería explicarse porque os cuadrangulares
poderían corresponderse a algún tipo de construcción física, no
que os trazos se corresponderian a muros e o espazo entre eles a
corredores. Este e un feito que a Evans nas suas excavacións en
Creta lle sorprendeu ao non atopar un edificio circular que poidera
ter correspondencia cos grabados coñecidos.
A pesares de que
esta distinción debería ser mais que evidente, no dia de hoxe nos
centros de interpretación da Arte Rupestre en Galiza, siguese
repetindo a cantinela do Minotauro, Teseo, e o laberinto de Creta,
cousa explicable pola devoción (caseque adoración) que os
responsables destes centros teñen pola figura de Sobrino
Lorenzo-Ruza, o autentico inventor do suposto Laberinto de Mogor.
Tal como manifestei
en anteriores entradas do blog, a manipulación realizada sobre a representación do gravado da
Pedra da Moura Encantada por parte de Sobrino Buhigas e Sobrino
Lorenzo-Ruza no primeiro tercio do seculo XX, levou a unha
interpretación do mesmo claramente dirixida a sua vinculación co
mundo mediterraneo, coa intención de profundar nas supostas
relacións existentes entre este e os mitos fundacionais da vila de
Pontevedra, cidade da que eran oriundos.
O engadirlle un
trazo inexistente o motivo principal dos gravados na Pedra da Moura
Encantada, facendoo semellar a unha representación de un laberinto
de tipo circular representado en moedas cretenses, marcou un camiño
de investigación, o meu parecer completamente erroneo, que as
sucesivas xeracións de arqueólogos foron incapaces de cuestionar,
aceptando de maneira acrítica e tan lonxana da practica cientifica,
unha interpretación baseada non no gravado en si, senon na sua
representación fotográfica, e na opinion indemostrable dos
dous autores citados.
Agora, unha vez
plantexada unha nova interpretación do dito gravado, que ao noso
parecer representaria unha serpe, cumpre analizar que outra
interpretación poderian ter os demais gravados de laberintos (estes
si mais canonicos) presentes en distintas rochas no NO da Peninsula
Iberica, un deles sito apenas a uns 25 m. da Pedra da Moura
Encantada, concretamente na rocha coñecida como os Campiños.
Trátase de unha
rocha gravemente danada por traballos de cantería, e que na parte
conservada amosa a representación de un laberinto de tipo clásico
con cruz central e sete voltas acompañado do que creemos que pode
ser a representación de unha espada.
As figuras están
moi desgastadas e só son visibles en especiales condiciones
luminicas, ou mediante tecnicas de reconstrucción de imaxe
tridimensionais. A pesares delo, son perceptibles dous engrosamentos
no inicio exterior dos sulcos.
Este feito, que practicamente non e mencionado nas publicacións,
coido que e o elemento que premite unha nova interpretación do que
agocha a figura laberintica.
A primeira vez que
vin un laberinto, a primeira imaxe que me viu a cabeza e a de duas
serpes entrelazadas. E así podería ser, pero precisaba de mais
datos para poder facer unha atribución semellante. E a resposta
estaba na Pedra do Outeiro do Cribo, en Armenteira e na de Pé de
Mula en Sabaxáns, Mondariz..
Outeiro
do Cribo, Armenteira, Meis
Pé
de Mula, Sabaxáns, Mondariz Foto: Angel de Prado
Os laberíntos que
ali aparecen gravados xunto con outras figuras, presentan en un dos
estremos dos sulcos dous engrosamentos intencionados que coido poden
representar as cabezas de dous ofidios. Este feito podería ser
accidental, mais o atopalo tamén en outras figuras laberínticas,
faime pensar que o que se pretende representar e, efectivamente, un
acoplamento entre duas serpes, cuxa interpretación deberá ser
motivo de investigación.
De
calquera xeito, coido que se impón un novo enfoque das figuras de
serpes, ou serpentiformes gravadas nos petróglifos galegos. De seren
consideradas motivos caseque residuais, un novo enfoque permitiria
incluir nesa atribución as figuras delimitadas por dous sulcos, como
acontece coa da Pedra da Moura Encantada de Mogor ou na do Pornedo I,
ou as que representan un só sulco, xa sexa serpenteante rematado ou
non en unha cazoleta ou ben as que se enroscan sobre si mesmas en
forma de espiral. Son conscente do atrevimento de esta
interpretación, pero cos datos dispoñibles na actualidade, penso
que hai elementos mais que abundantes para explorar esa nova via.
E moi dificil
sustraerse a idea de que os petróglifos, senón todos, unha gran
parte, estiveran no seu tempo sinalizados dalgun xeito, e mesmo
algúns estiveran pintados, como aconteceu coa maior parte das
manifestacions escultoricas até épocas recentes. Avala esta
hipotesis a tradición de pintar en poca castrexa os baixorrelevos
que adornaban as portas de algunhas vivendas, ou as estatuas de
guerreiros, e o uso da pintura na decoracion dos templos gregos,
romanos e nas catedrais e igrexas románicas, chegando nos modestos
cruceiros até os nosos dias.
Si
ben a conservación dos pigmentos ao ar libre non é doado, si que
temos manifestacións do seu uso en abrigos e covas xa desde o
paleolítico, onde tiveron a oportunidade de chegar até os nosos
dias. Polo tanto o feito de que hoxe non se conserven (anque
recentemente tense documentado o achado de pigmentos entre os
sedimentos recollidos na excavación de algun petróglifo) non
invalida en modo algún a licencia que me permito o facer as
reconstruccións pictoricas que acompñan este texto. Non pretenden
ser mais que un mero exemplo do aspecto que poderían haber tido no
seu tempo, e moito menos supoñer que as cores que uso fosen as
dispoñibles daquela entón.
Impresionante luzz e ciencia na clarificación q permite ver a coherencia e funcionalidade do q para q foron creados.no do pé d mula eu vía só unha,sendo o centro a cabeza,máis tes razón no do entrelazado e ollos q se ve ben na d Tourón Pontecaldelas diferente composición .Q forma un conxunto onde aprendían e sentían a permanencia o lugar e o cosmos,cando o sabio ka.vara sinala a serpe e di.Estes somos nós,noso mundo,a dereita arriba sinala a vía Láctea,as coviñas,están cheas d auga e dan brillos,logo continúa co a lúa sirius,Venus e ate os meteoritos,cometas así d fácil o pos Antonio
ResponderEliminar