Fai
uns meses publicouse no xornal Diario de Pontevedra unha especie de
publireportaxe disfrazado de nova, do Centro de Interpretación dos
Petróglifos de Mogor, no que din algunhas cousas que farian
avergoñar a calqueira con un minimo de formación e sensibilidade
historica. A raiz dese feito fixenme a seguinte pregunta: ¿En
mans de quen deixamos a preservación e divulgacion da nosa historia?
E
ben sabido a estas alturas que as politicas de protección e
divulgacion do patrimonio por parte da Xunta de Galicia e os seus
organismos estan mais enfocadas o negocio dos amigos que o rigor
centifico, pero ainda así da noxo apreciar a que estremos de
manipulación se pode chegar.
Os
petróglifos galegos constituen unha das mais senlleiras e atractivas
manifestacións da Arte Prehistorica e que conta con milleiros de
rochas espalladas por todo o territorio, e que a Xunta de Galicia
mantén de forma intencionada en un estado de absoluto abandono. Digo
que é de forma intencionada, pois podendo evitalo non o fai,
desviando recursos a varios chiringuitos seudoinformativos en mans,
que casualidade, de familiares de membros do Partido Popular.
Tal
acontece co Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro,
onde a pesares de unha inversión millonaria na sua montaxe non foi
quen de coidar as rochas e as instalacións que tanta inversión
pública requeriron e que estan baixo a sua responsabilidade.
Artigo de José Manuel Rey no Faro de Vigo |
Tampouco
e de estrañar xa que se encontra dirixido por unha persona cuxa
profesionalidade ( a raiz de algunhas publicacións ) é
manifestamente mellorable.
Unha
delas e a publicada no xornal Faro de Vigo con motivo do centenario
do nacemento de Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza na que baixo unha foto de
éste posando enriba da Pedra da Moura Encantada, na que o seu
motivo principal atópase remarcado con pintura branca e manipulados
os seus trazos para semellalo a figura de un labirinto de tipo
mediterraneo, di o seguinte:
“...as
enigmaticas figuras dos labirintos clásicos, ou de sete voltas, que
atopan na Pedra do Labirinto de Mogor o mais canónico dos
prototipos”
Si
algo se lle debe esixir a un cientifico, e o rigor, tanto no manexo
dos conceptos canto na descripción dos obxectos, e si falamos de
canónico por forza ten que ser o que serve de base para
outras figuras semellantes ou que cumple as normas e trazados do que
se considera modelo.
Moeda de Knosos e estado actual do gravado |
Si
se considera canónico o modelo representado na moeda cretense do
século III aC, e que foi usada comparativamente polos primeiros que
o estudaron, resulta vergoñentamente evidente que non é, nin de
lonxe, parecido. En primeiro lugar, ten no seu centro un oco, non tén
o trazo que completaría a cruz central e unha serie de trazos
engadidos no que sería a entrada. Por todos estes motivos non podo
recoñecerlle ningunha autoridade nin idoneidade como para dirixir o
maior Parque da Arte Rupestre de Galiza, pois non acada o minimo
esixible: rigor, imparcialidade e formación cientifica.
Como
coido que quedou demostrado no meu post anterior neste mismo blog
referido a Pedra da Moura Encantada, a pretendida figura do
Labirinto non é tal, e só pode semellarse os Labirintos de
referencia manipulando os seus trazos, tal como se aprecia na foto
que ilustra o artigo no Faro de Vigo.
Chama
a atención que a persona encargada de dirixir un Parque Arqueolóxico
da Arte Rupestre, non sexa quen de ver que a figura está manipulada,
e que siga repetindo conceitos que levan mais de un seculo ancorados
sin que ninguén os poña en dubida. Iso a pesares de que os gravados
son moi visibles e non cabe outra interpretación.
No
transcurso do ultimo seculo non se produciu nin un so avance na
interpretación e o coñecemento do que alí estaba gravado. Non se
engadiu nin unha soa idea ao preconizado polos seus descubridores, e
toda unha serie de discipulos convertironse no seu momento nos
mestres dogmaticos da seguinte xeración servil.
Un
dos grandes mandamentos da Ciencia, e a arqueoloxía e unha delas,
di: “Desconfia dos argumentos que proveñen da autoridade”.
(Desde logo, os arqueologos, sendo primates e dados polo tanto as
xerarquías de dominación, non sempre siguen este mandamento.)
Demasiados argumentos de este tipo resultaron ser dolorosamente
erroneos. As autoridades deben demostrar as suas opinions como
todolos demáis. Esta independencia da ciencia, a sua reluctancia
ocasional a aceptar a sabiduría convencional, faina peligrosa para
doctrinas menos autocriticas ou con pretensións de servidume.
E,
pois, un feito moi grave que a manipulación inicial das figuras
desviara o seu estudo cara a un calexon sin saida, pechando a
posibilidade de avanzar no seu coñecemento e interpretación. E
grave tamén, a falla de criterio dos arqueólogos que se achegaron o
seu estudo e non foron quen de cuestionarse o dogma interpretativo
deixandose levar con un sentido totalmente acritico que nos levou a
perder un seculo de avance na investigación e interpretación dos
gravados da Pedra da Moura Encantada, deturpando o seu nome e
condeandonos a ter que escoitar unha e outra vez a repetición de
mitos que nada teñen que ver con nos. Asistir impávidos ante as
expresions xa superadas a nivel europeo que vinculan estes gravados
coa cultura cretense, que mais ben teriamos que mudar por cultura
cretina a teor de quenes siguen a usar esas verbas.
De
todolos xeitos, considero necesario unha aproximación imparcial
hacia a figura de Sobrino
Lorenzo-Ruza, pois si ben contribuiu de un xeito admirable o estudo
dos petroglifos galegos, ten no seu haber unha gran sombra pola
manipulación das probas e que levaron a varias xeracións de
arqueologos a plantexamentos claramente erroneos.
Pero
diso falaremos outro dia...
No hay comentarios:
Publicar un comentario