A PEDRA DA MOURA ENCANTADA
O MITO DO lABERINTO DE MOGOR
(1)
Debuxo orixinal de Enrique Campo . Museo de Pontevedra |
O
subtitulo desta entrada fai referencia a que considero un mito o
feito de pretender que o gravado presente na Pedra da Moura Encantada
sexa, como se estableceu de facto, un laberinto de tipo cretense ou
clasico ( uso o termo cretense a sabendas que é
erroneo pois iso implicaría unha orixe e unha epoca historica
completamente afastada do noso contexto).
Non
farei referencia nesta primeira entrega os demais laberintos que cada
vez en maior numero vanse engadindo o catalogo destas figuras na arte
rupestre galega.
ooooooOOOOOOoooooo
Fai
xa mais dun século que se descubriron os gravados da Pedra dá Moura
Encantada en Mogor, Marín e o seu descubrimento supuxo a entrada na
prehistoria galega dunha palabra e un concepto asociado a ela que ata
entón estiveran ausentes nas publicacións da epoca E certo que
apenas se estaban a poñer os alicerces do que serían os primeiros
estudos da arte rupestre e da prehistoria galega en xeral, elo pode
xustificar os erros que se cometeron na sua descripción e
interpretación.
Os
gravados eran, para os descubridores, extremadamente novedosos pois
un deles gardaba semellanza coa figura de un labirinto, tal como
aparecia representado en moedas cretenses e que xustificaban ás
arelas dun pasado clasico, concretamente
mediterraneo, dos descubridores. Os efectos foron tan negativos que
levaron por un afán clasista e cultural a cambiarlle o nome a rocha
que desde entón pasou a chamarse Pedra do Labirinto.
Para
reforzar esa vinculación cretense, non dubidaron en recorrer a
manipulación gráfica dos elementos achados, cuxos desastrosos
resultados aínda perduran nos nosos dias. E probable que dita
manipulación fose accidental, pero coñecido o rigor co que se
acercaban as descripcións, esa posibilidade non semella moi
veridica.
As
probas de tal manipulación levan tantos anos ante os nosos ollos que
a forza de velas constantemente pasan desapercibidas.
A
identificación do gravado principal con un labirinto de tipo
cretense só é posible manipulando a figura alí representada. Vemos
como desde as mais antigas descricións graficas, sobreponse ao
gravado orixinal un motivo en cruz central que non existe na roca. A
colocación dese motivo vén dada pola necesidade de semellalo ao
motivo impreso nunha moeda de referencia e poder facer así unha
comparación válida con este.
As
negativas consecuencias dese proceder podemos atopalas inda hoxe en
publicacións divulgativas mais ou menos rigorosas e, o que nos
parece mais grave, na información que desde o Centro Arqueolóxico
de Mogor estase transmitindo aos visitantes, centros educativos
incluídos.
Se borramos a figura do labirinto das nosas mentes, vendo esta imaxe podemos apreciar unha forma serpentiforme con varios trazos engadidos
no que sería a cabeza e que recibiron multiples interpretacións.
Creo que teñen vinculación co obxecto representado, coa
posible función presumida a dita forma e poden representar as ofrendas que habería que facerlle para conquerir
o fin solicitado.
Non
importou que na tradición oral e no folklore galego non existise
ningunha referencia a esta figura, nin que para os veciños do lugar
fose unha fugura absolutamente descoñecida. Para eles era
simplemente a representación da moura encantada, e tiñan razón.
É
abundantisima a bibliografia referida ás mouras e os encantamentos,
e que moitas veces maniféstanse en forma de serpe á que hai que
levar algun tipo de ofrenda para desencantala e que conceda os
desexos que se lle soliciten, polo que non vou a citala porque coido
qué e de sobra coñecida. Con todo para os descubridores este feito
pasou absolutamente desapercibido ou ben simplemente ignorouse.
Lamentablemente,
o folklore que sen dúbida estaba relacionado con este gravado non
foi recollido no seu momento polos primeiros investigadores, o que
nos dificulta, ata certo punto, a súa interpretación.
No
entanto contamos coa descripcion do relativo a unha roca próxima, a
Pedra de Namorar hoxe desaparecida ao que acudian as parellas con
dificultades para procrear e que tiñan que efectuar o coito sobre
devandita rocha. Nela din os informantes que había unha serpe
gravada.
© 2011 Thomas Eimermacher
Non creeo que o parecido sexa simplemente accidental, ao contrario, creo estar en presenza dunha das representacións mais realistas da fauna na arte rupestre galego, mais alá da pretendida, e para min erronea, atribucion de serpe ao gravado reticulado da Pedra dá Boullosa en Campo Lameiro. A maiores deberia engadir que das oito representacións de laberintos galegos coñecidas, e a única que presenta distintos trazos na sua entrada. Este simple feito xa o fai distinto de todolos outros e por iso mesmo merecente de unha aproximación distinta a sua interpretación.
Non
deixa de ser significativo o feito de que da inmensa maioría das
rochas con gravados rupestres en Galicia, caseque as únicas que teñen
lendas asociadas son as que teñen representacións serpentiformes.
Este simple feito debería facer reflexionar aos distintos
investigadores que desde distintos prismas achegáronse ao estudo
destas figuras. Desgraciadamente, o cambio de nome da roca, a pobreza
imaginativa e un certo clasismo intelectual da maioría dos que se
achegaron ao seu estudo fixo que se repetisen unha e outra vez o
mesmo estereotipo descriptivo. Os trazos do suposto labirinto
impediron a visión do que representaban.
Sobre
esta figura vertéronse rios de tinta e son innumerabeis as
interpretacións a cada cal mais rara. Moitas delas deberían estar
proscritas da literatura cientifica pois entran no esoterismo mais
comercial e acentifico mentres que outras, benintencionadas sen
dúbida e que buscan unha interpretación astronomica, caen polo seu
propio peso ante a endeblez dos datos e sobre todo porque ao noso
entender, parten dunha premisa erronea.
Coido
por tanto que o que o mal chamado Labirinto é, en realidade, a
representación fidedigna do mito da moura-serpe, tan comun no noso
folklore e que por un erro na sua lectura e interpretación levou a perpetuar unha interpretación errada até o punto de sustituir o
propio nome da rocha que debería, desde xa, voltar a sua
denominación tradicional: Pedra
da Moura Encantada
Seguirá.....