lunes, 1 de agosto de 2016





Para todos os rapaces da postguerra nacidos na parroquia de San Martiño de Moaña, a cova da Paralaia era o compendio de todolos misterios, o máxico lugar onde unha moura belisima saia na noite de san Xoán a asollar os seus encantos, até que algun atrevido se decidira a ir a desencantalos. Moitas e moitas noites pasei de rapaz soñando coa moura de Paralaia... Cando xa mais mociño falei con algunhas persoas que me afirmaban haber entrado na cova na percura da moura e describian o local como unha grande boveda da que partian alomenos sete tuneis en distintas direccións, un deles disque até as illas de Ons, outro a Darbo, outro o Buraco da Londra en Tirán, outro até o rio de Meira... xa non me quedaron dubidas de que tería que ir a descubrir a cova. Así con un puñado de mozos, armados con cordas e unha machada, aló fomos tentando de atopala. A decepción foi grande o descubrir que a suposta cova non pasaba de ser un modesto abrigo debaixo do gran outeiro de pedra que lle da nome: A Paralaia.

Daquela serpe en que se convertía a moura encantada, hoxe non queda mais que o camiño que serpentea arredor da gran laxe, cecais como a desacralización e devaimento do mito.

Hoxendia, esta cova da Paralaia virtual, agardo que sexa o lugar on ir desvelando os segredos, as inquietudes, vivencias ou fontasías que xa na última etapa da miña vida vou a ir desvelandoa medida que vaian saindo do meu maxín.

A todolos visitantes, o meu recoñecemento por parar nista paxina a botar unha ollada. Que se sintan comodos e o meu desexo, e cos comentarios (si houbera) aprenderiamos xuntos.

5 comentarios:

  1. Parabéns nesta nova andaina, Antonio.
    Interesantísima a tua primeira entrada no blog.
    Encantada de poder leerte e ollar as tuas fermosas fotografías

    ResponderEliminar
  2. Enhorabuena Antonio por la iniciativa. Ahora hay q mantenerla. Estás seguro que la Cova no existía? lo mismo no estabas preparado o lo suficientemente iniciado .... ;). Un abrazo primo

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Es posible que no estuvieramos preparados, porque como decia Saint-Exupéry: lo esencial es invisible a los ojos. Abrazo

      Eliminar
  3. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar