FONTECOVA
PROSPECCIÓN
XEOELECTRICA, 1979
|
Vistas do xacemento nos anos 1980 e 2017. Na primeira fotografia en amarelo as areas excavadas con anterioridadea 1979, en verde a zona prospectada . |
Cumplense estes días corenta anos da primeira vez que se realizou unha prospección xeoléctrica aplicada a arqueolóxia en Galiza Un feito no que fun pioneiro e que permaneceu case inédito ate hoxe.
Nos inicios da década dos anos setenta do século pasado, cando tiven os primeiros contactos coa arqueoloxía a raíz de achado casual de un machado de bronce no castro de Montealegre e hoxe depositado no museo de Pontevedra, a investigación arqueolóxica en Galicia non era pobre, senón paupérrima e as novas técnicas aplicadas a prospección non destructiva era ciencia ficción.
Limitábase esta, salvo contadisimas excepcións, a xacementos do Neolítico (mámoas), petróglifos, algún castro, algún xacemento galaico romano e algo medieval. Nada ou caseque nada se sabía de xacementos que se apartaran de esas tipoloxías.
A catalogación arqueolóxica, mais que na Universidade, estaba limitada o traballo de algúns museos, entre os que destacaba o Museo de Pontevedra, cuxa Carta Arqueológica de la Provincia de Pontevedra elaborada por Alfredo Garcia Alén, por entón Segredario do Museo e publicada conxuntamente co entón director José Filgueira Valverde, foi a que me abriu os ollos diante de un mundo até entón caseque descoñecido.
Comecei entón unha laboura de catalogación sistemática da comarca do Morrazo, a que se sumaron outros entusiastas Antonio Nores Soliño, José Suarez Mariño, entre outros nos seguintes anos.
Foi así como o Morrazo pasou a ser nos anos 70 e 80 un referente punteiro na investigación, catalogación arqueolóxica e etnográfica, a pesares dos atrancos por parte da facultade de Historia onde moitos dos achados de aqueles días non foron suficientemente valorados, e mais, moitos deles resultaron absolutamente descoñecidos, caso do primeiro fragmento de campaniforme cordado achado fora de contexto funerario ou as primeiras cerámicas con decoración cardial, até entón totalmente inéditas no NW hispánico.
Sin embargo, a miña entrada como membro da Sección de Prehistoria e Arqueolóxia do Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos, adscrito o CSIC, propiciou que abordara co seu respaldo unha serie de actuacións que, anque foron publicitadas en distintos Seminarios, non tiveron reflexo nas publicacións da época.
I.- INTRODUCCIÓN E ANTECEDENTES.
A fins do ano 1973 tivemos coñecemento por parte de D. Xesús Alvarez, dono da finca chamada "FONTECOVA", no lugar de Casal, parroquia de San Martiño, concello de Moaña, da existencia de unhas fosas abertas no xabre. A primeira aparecera cinco anos antes ao facer as cimentacións para a sua casa. Polos datos aportados tratábase de unha fosa en forma de pera, de aproximadamente un metro de fondura e cerca de un metro de diámetro na boca. Estaba chea de terra mesturada con pedras de diversos tamaños, entre elas unha laxe que amosaba no seu medio un furado de uns cinco cm. de diámetro. No fundo, enriba de unha laxe con evidentes señales de ter sido queimada, había un vaso de forma globular, fondo plano e bordo lixeiramente volto cara a fora, cheo de terra mesturada con cenizas ou carbóns. Moi preto da laxe do fundo apareceu un machado de pedra pulida, que é o único resto conservado, xa que o vaso foi desfeito polo informante.
|
As tres fosas excavadas en 1974 |
No ano 74 fíxose a primeira prospección do terreo coa participación de persoas que daquela estaban vencelladas o Museo de Pontevedra. Nesta ocasión descubriranse tres fosas de forma hemisférica, que proporcionaron abundantes anacos cerámicos, un vaso troncocónico case completo, un pequeno anaco de metal (cobre ou bronce) e varios muíños fragmentados. estes materiais están practicamente inéditos.
Neste mismo ano, as chuvias puxeron o descoberto no medio do carreiro que bordea a finca polo S. unha nova fosa que contiña dous vasos deitados os que lle faltaba unha mitade an sentido lonxitudinal, acompañados tamén de un machadiño polido. lstes materiales dós que apresentamos un deseño, foron depositados polos achadores no Museo de Pontevedra. Tratabase tamén niste caso de una fosa hemisferica de cerca de 90 cm. de diametro na sua boca e 60 cm. de fondo.
No ano a seguir fixose unha nova prospección destinadaa delimitar o xacemento polo lado do naciente, dirixida por Alfredo Garcia Alén. Puxeronse o descoberto varias fosas somellantes as atopadas nos anos anteriores,pero de menor tamaño, recollendose abundantes anacos de muiños, una machado polido, e unha gran cantidade de anacos ceramicos, entre os que habia dous fragmentos de moldes de fundición, un deles correspondente a unha ponta con forte nervadura central. Istes materiales, coma os anteriores permanecen inéditos.
No ano 78 ao facer unhas labores na finca, voltou a atopar tres novas fosas, que foron excavadas polo que suscribe e Antón de la Peña. Duas correspondian o tipo hemisferico xa rexistrado en anteriores anos e unha delas tiña forma cilindrica, ocupada casi enteiramente por un gran muiño de pedra. Os resultados de esta excavación foron comunicados no seu dia a Sección de Prehistoria e Arqueoloxía do Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos.
REALIZACIÓN DA PROBA
A mediados de diciembre do ano 79 comunicoume o dono do terreo que iba a un alpendre nunha zoa non prospectada e na que era probable que apareceran novas fosas. Comunicado o feito a Sección autorizaronme a facer unha prospección xeoeléctrica, coa intención de ver si o aparello que eu posuia pola miña actividade profisional era aplicable a Arqueoloxía, e de dar resultados positivos aplicalo en outras ocasións.
O aparello usado e un medidor de resistencia de terras (telurómetro) marca GOSSEN,mod.A-317, fabricado na Alemania. Ten a ventaxa de conter no mismo aparello lixeiro, os circuitos de corriente enerxetica e de medida, facendo que as medidas sean rapidas e sinxelas. A principal desventaxa e a sua pouca potencia e non e apto para o seu emprego en circunstancias desfavorables, por exemplo cando a resistividade superficial e moi elevada. O tipo de estendemento empregado foi o Wenner de sondeo horizontal descrito no 1964 por
Edmondo Carabelli da Fondazione Lerici do Politecnico de Milán. Este tipo de sondeo non é o que mellores resultados da, pero e o unico que permite o aparello. A precisión das medidas ven marcada polo fabricante en mais ou menos 2,5% da lectura.
A primeira proba e posta a punto do aparello fixose sobre a zona excavada no ano 78, xa que dispoñia do plano de situación das fosas e o feito de estar cheas de chatarra oon predominio de materiales metalicos, o que nos daría unhas oscilación bastante grandes na resistividade,como asi foi.
Unha vez determinada a resistividade do terreo no que iba a facer o sondeo, que quedóu establecida en 45 ohmios/m., e determinada a profundidade da capa humica en uns 30 cm. coloquei os electrodos nunha barra de bakelita, separados entre si 30 cm., o que lle daba rixidez e posibilidade de desplazalos oonxuntamente sin alterar a sua separación.
A medida obtida pra resistividade (45 ohmios/m.) foi considerada como nivel 0, estando as demais medidas en 0,5 ou 1 ohmio por enriba ou debaixo de esta.
Procedemos a trazar sobre a zona a prospectar unha serie de lineas separadas 30cm. unhas de outras, facendo as medidas en sentido lonxitudinal cada 30cm. para obter os resultados optimos, estando xa no limite de resolución do aparato. As medicións obtidas pasaronse a un grafico, e mostraron unhas anomalias similares, pero de menor intensidade que as que habian servido de proba.
|
Folla do caderno de campo co resultado das medicións. |
Daqueles traballos non me queda mais que un borrador incompleto e a folla co resultado das prospeccións, as cales foron comunicadas a Sección de Prehistoria e Arqueoloxía do IPSEG en unha xuntanza realizada no Salón de Actos do Concello de Moaña e que constituíron o meu discurso de ingreso na dita Sección.
En xaneiro de 1980 procedín a facer unha escavación de urxencia abrindo unha superficie de uns 20m2, coa intención de confirmar a validez do método usado, e os resultados foron os que se agardaban do estudo das anomalías eléctricas.
|
Aspecto da escavación unha vez retirada a capa superficial. |
Localizáronse dúas fosas de case un metro de diámetro e uns 50 cm. de profundidade e unha de uns 80cm. De diámetro e 30cm. de profundidade, parcialmente arrasadas na sua superficie, probablemente debido as labores agrícolas, o que se manifestaba no feito que acontecía en varias das que se habían escavado nos anos anteriores. Das vasixas de cerámica que contiñan duas delas apenas quedaba o fondo, e a terceira non deu enxoval mais aló de unhas pequenas pedras que poderon formar parte do recheo.
|
Detalles da escavación. |
Os materiales foron depositados no Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos.
Diversos avatares propiciaron que a que foi a primeira experiencia deste tipo realizada en Galicia, quedara no esquecemento e permanecera até o dia de hoxe inédita.
Agardo que o Concello de Moaña se implique na continuación destas excavacións aproveitando que boa parte do xacemento está a dia de hoxe practicamente intacto, sobre todo na parte E lindante coa finca que foi de Xesus Alvarez e para quen este artigo sirva de homenaxe.