viernes, 22 de noviembre de 2019

ESTEVAN MARTIS, REXEDOR


ESTEVAN MARTIS, REXEDOR



Fotogrametría da fachada

Dentro do traballo de reproducción fotogramétrica que estou a facer das inscricións e pedras de armas da cidade de Pontevedra, chamoume a atención unha casa sita na rua Isabel II numero 27. Un exame detido, lévame a poñer en cuestión a atribución da feitoría o rexedor Estevo Martís como tradicionalmente se ven aceitando.

Na sua fachada hai catro escudos, dos cales tres son idénticos. Son escudos cuartelados en cruz, no primeiro e cuarto cuartel unha cuncha de vieira que é a representación simplificada dos Pimentel mentras no segundo e terceiro unha folla dos Figueroa. O que está entre as duas portas ten a ambolos dous lados a seguinte inscrición en tres liñas:

Fotogrametría da inscrición

          ESTA : OBRA: MAN                                      DIU : FAZER:
          ESTEVAN : MARTIS                                      REGYDOR : ERA DE CCCC
                                                                                                                            o
                                                                                                              LXXXVIII



Cuxa traducción sería: ESTA OBRA MANDOU FACER O REXIDOR ESTEVAN MARTIS NA ERA MIL CATROCENTOS OITENTA E OITO, ou sexa no ano 1450.


El idioma gallego , Antonio de la Iglesia 1886

A primeira reprodución foi publicada no ano 1886 por Antonio de la Iglesia na sua obra El Idioma gallego, e fai unha lectura correcta da data, sin embargo nos últimos anos Miguel Costa en Patrimonio galego e en distintos blogs, atribúe a data a era mil catrocentos, considerando a data da terceira liña como unha corrección e dando unha lectura incorrecta, pois esquece o L e le XXXVIII no canto de LXXXVIII


Detalle.

Chama a atención o feito de que as inscricións das tres liñas semellan ser feitas en momentos e posicións distíntas

A primeira que non ocupa todo o espazo dispoñible esta feita en relevo con letras góticas de moi boa factura, entrementres que as inferiores son gravadas e con tipos de letra menos coidadosa. Un exame atento da liña central, permite apreciar que está lixeiramente mais rebaixada con respecto as outras dúas, como si fose borrada a inscricion en relevo que continuaría a liña superior, e unha vez alisada (coa conseguinte perda de materia) procedeuse a gravar a que presenta na actualidade. O feito de que a data apareza cortada pode ser debido a unha incorrecta distribución do texto no espazo dispoñible. A distribución irregular e as os distintos ángulos do picado das letras posiblemente sexa debido o feito de ser labrada estando xa en posición vertical, a diferenza do que acontece coa primeira liña e mais o escudo que semellan se traballados cando a a pedra estaba horizontal no taller.

Por todo elo coido que se trata de un cambio de titularidade cando a obra xa estaba feita e Estevan Martís non fose o que mandou iniciar a obra.

Escudo principal

Completa a descrición a cuarta pedra de armas. Situase no centro da fachada. E un escudo ovalado e cuartelado en cruz no que se representan as seguintes liñaxes: primeiro Figueroa, segundo e terceiro Camba e cuarto Bugarín, sobre o cuartelado en cruz brochante a cruz dos Pereira. Está timbrado con capacete empenachado e arrodeado de rocallas, cuxas armas corresponden a Melchor Francisco de Camba Flores propietario do inmoble segundo Gillermo J. García na sua publicación Heráldica de la zona monumental de Pontevedra, de onde saquei a descrición e atribución dos liñaxes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario