O
PARQUE ARQUEOLÓXICO DA ARTE RUPESTRE DE CAMPO LAMEIRO
As
nefastas consecuencias da privatización da xestion do Patrimonio
Aspecto actual de a Forneiriña 1 |
O Parque Arqueolóxico da Arte
Rupestre (PAAR) e un conxunto de arte rupestre o ar libre
ubicado no municipio de Campo Lameiro provincia de Pontevedra. Ten
unha extension de unhas 22Ha e alberga no seu interior caseque un
cento de rochas con gravados.
Despois de unha inversión
multimillonaria, foi inaugurado polo Presidente da Xunta de Galicia
Alberto Nuñez do Partido Popular en xuño do 2011 convertindose no
primeiro Parque Arqueolóxico de Galicia, e a primeira experiencia de
privatización da xestion do Patrimonio.
A Xestión foille encomendada
a INGENIAqed, unha empresa sevillana de deseño de pabellons e
actos semiculturales nacida arredor dos actos do Quinto Centenario e
con nula experiencia na xestión de un parque destas caracteristicas.
Era a todas luces unha maniobra para poñer o Parque en marcha e
propiciar que se poidera pasar a sua xestión a familiares do entón
Alcalde de Campo Lameiro, Julio Sayans do Partido Popular.
Así, o pouco tempo dita
empresa comezou a incunplir os acordos e deixou de pagar os sueldos
os empregados do Parque até que en febreiro de 2012 a Conselleria de
Cultura da Xunta de Galicia cedeu de
maneira irregular a concesión a empresa Espiral Xestión
Cultural S.L. constituida un mes antes con 3000 € de capital social
e con Jorge Sayáns fillo do alcalde de Campo Lameiro e Juan Manuel
Boullosa, irmá de unha concelleira do PP no mesmo municipio como
administradores solidarios.
A Dirección foille
encomendada a Jose Manuel Rey Garcia quen, a xulgar polas
publicacións do PAAR, utilizouno para a sua promocion
persoal. Das seis publicacións citadas na páxina oficial do Parque,
catro son da sua autoría e as outras duas son anteriores a sua
chegada o Parque.
A finais do ano 2014
autorizou, en contra das normas mais elementais de coidado de
Patrimonio, o desbroce do Parque mediante un tractor de cadenas. Este
feito supuxo danos irreparables no petroglifo de a Forneiriña 2,
e que unha vez denunciado, negou a existencia de gravados na parte da
rocha que resultara danada, e unha vez demostrado que habia gravados,
tentou quitar importancia os danos.
A Forneiriña 2 coa rexweneración espontánea da pátina e na que persisten as pegadas da desbrozadora |
A Conselleria de Cultura, como
non podia ser de outro modo a hora de protexer os militantes do PP
encargados da xestión, zanxou a denuncia co pago de 3000 €, para a
reparación dos danos, que a dia de hoxe continuan como o primeiro
dia.
Esa neglixencia na xestión e
coidado dos bens que tiña a obriga de coidar, non tivo ningunha
consecuencia, e até foi premiado coa encomenda de dirixir o Museo
Provincial de Pontevedra.
O pasado dia 7 de xulio con
motivo de unha visita o parque tivemola desagradable visión de unha
das mais graves actuacións contra as rochas do Parque. Xa desde a
distancia destaca a Laxe da Forneiriña 1 pola sua brancura. A
pátina que a cobria fora destruida deixandoa en un estado que nunca
tivo e que contrasta coas rochas da contorna.
A Forneiriña 1 |
Laxe dos Cabalos |
Outeiro dos Cogoludos |
Contraste entre a pátina orixinal e a agresión, |
Esta foi a primeira sorpresa,
pero un percorrido polas distintas estacións amosou que non era un
feito illado, senón que era a norma das labouras de limpeza que se
levaron baixo a sua dirección.
Copia da denuncia presentada na Garda Civil |
Diante da gravidade dos feitos
constatados, diversos colectivos de defensa do Patrimonio (Irmandade
Illa de Tambo, Umia Vivo e Anovaterra) encabezados por A Forneiriña
(creada a raiz dos danos da desbrozadora) vimonos na obriga de
presentar unha denuncia na Garda Civil contra o actual Director do
Museo de Pontevedra e anteriormente do PAAR para que se
depuren as responsabilidades e para que a Dirección Xeral de
patrimonio tome cartas no asunto e por unha vez que se implique
realmente na proteccion do Patrimonio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario