OS
OUTROS ATENTADOS O PATRIMONIO
Vista parcial da Pedra dos Carballos |
Fai
poucos dias denunciabamos en
este blog un dos mais graves atentados que se teñen feito desde
as institucións encargadas
da sua protección contra os
petróglifos
do Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre
de Campo Lameiro (PAAR),
e por extensión de toda Galicia, pero non é o único xeito
de estragálos.
Hai
outro mais sutíl e difícil de rastrexar,
pero non por iso menos prexudicial.
Trátase dos xeitos de desinformar e ocultar a nosa realidade
disfrazandoa de un modo totalmente acentifico e creando nas xentes
unha idea totalmente errada e desprovista de calquer respecto polo
coñecemento das nosas
manifestacións históricas.
O
pasado sete de xullo asistin
a unha visita guiada o PAAR dirixida polo arqueólogo da empresa
Alicerce Juan Anca e
sentín vergoña allea polo que este “profesional” nos contou.
Deixo aquí a transcripción
do seu comentario tan sobrado de
chauvinismo como falto de
rigor na Laxe dos Carballos.
En cursiva
as intervencións dalguns dos participantes.
“Comezamos co petróglifo
mais famoso de Galicia, Laxe dos Carballos. Imaxinades o tema do
nome, Laxe dos Carballos, ¿non?Este
petróglifo estivo tapado durante moito tempo por eso o seu estado de
conservación e único. No ano 1991 un veciño de Campo Lameiro abriu
un camiño por esta parte e atopou estes debuxos, estes
sulcos, ¿non? ¿Que fixo? Chamou o arqueológo
provincial Antonio de la Peña Santos, e veu a facer
unha excavación de urxencia e de súpeto, atopou o gran cervo. Esto
foi unha conmoción na comunidade cientifica porque e algo único.
Este cervo non se atopa noutra parte do mundo, ¿non?. No ano 2007 e
2008 viñemos da Universidade e do CSIC a excavar outra vez este
petróglifo porque unha vez que o destaparon, o taparon de novo
agardando a ver que iba a facer. Cando se decidiu facer aquí o
Centro de Interpretación de Campo Lameiro, pois tiveron que facer un
proxecto de investigación moi potente para….para poñelo en valor
este espacio e, excavou sete petróglifos que hai aquí no Parque,
¡sete petróglifos!. Fixemos dous quilometros e medio de gaveas, de
zanxas pa que entendades o castelan, porque queriamos coñecer o
povoado, a cultura e a sua relación cos petróglifos. Unha razón, a
primeira para datalos, para saber a sua antiguedade e despois tamén
queriamos saber o seu uso, si habia ferramentas por aqui, e como se
facían, o tema da pintura, que rituais se empregaban, e despois de
dous anos traballando, despois de excavar sete petróglifos e dous
quilometros de gaveas, ¿que encontramos?, ¿que atopamos? ¡NADA!
Por eso é importante o concepto santuario. Aqui se lles caia un
cacharro de cerámica, poden ser douscentos cincuenta anacos e
aparecen, pero non apareceu nada. Realmente o povoado apareceu na
base de cimentación do Centro de Interpretación, era un antigo
campo de fútbol. Ahí, facendo o edificio pois apareceu o povoado.
Por temas museográficos está aquí integrado preto dos petróglifos,
pero realmente o povoado apareceu no Museo, ¿vale?
Calco da Pedra dos Carballos, tomado de Santos Estevez, Manuel: Sobre la cronólogía del Arte Rupestre Atlántico en Galicia. |
Agora
vou a dicir porqué este petróglifo e único en Galicia, en España,
en Europa e no Mundo:
Primeiro:
¿Cantos tipos diferentes de cervos observades?
Por
exemplo, este xa de tipo Campo Lameiro podiamos chamálo, pero hai
mais, ¿non? ¿Vedes este?
-Si
Aqui
vedes un que está alongado?
-Si.
Este
se vé un pouquiño, non?, non vedes aquí outro pequeniño?
-Si.
Lembrade
que sempre tendes no Parque un panel como é un debuxo a carón de
cada petróglifo para poder observalo, ¿non? Porque aquí temos o
problema da luz. Como non estan pintados depende da luz do dia. A
primeira hora e a ultima hora e a mellor hora do dia, porque a luz é
asi, no petróglifo, de lado que se ven mellor os sulcos, pero un dia
de sol as doce do mediodia e asi a luz e non se ve casi nada. Entón
si algun non pode ollar que se apoie no panel.
E
cantos tipos de cervos ollades ahi? Sete? Até din que hai dezaseis.
Aqui,
mira, aquí, este é moi curioso, este, que está como mirando
patrás, non ves este? Vedes aquí? Aquí hai outro que falei antes
ese alongado, outro pequeniño, aquí tamén unha figura…
E
por qué case todos son diferentes? Ou todos son diferentes, teñen
diferentes estilos. Ahi está un dos grandes enigmas. ¿Todos
pintades igual? Os pintores pint…
Ou
o que é o maior xenio da arte mundial porque dominaba fai catro mil
anos moitos estilos artísticos diferentes: mais naturalista, mais
esquemático, mais cubista como lle chaman, ou que eran moitos
artistas diferentes traballando nun panel e cada un poñendo a imaxe
de como via o cervo. ¿non?
Vale.
Restitución fotogramétrica. |
Despois,
o gran cervo, as partes do gran cervo.
¿Vedes
a cornamenta, non? Extraordinaria. Despois, as orellas, ¿as vedes?
¿Os ollos?, ¿boca?, e aquí xa hai unha cousa peculiar, ¿que é?
Un colar. ¿E normal un cervo con colar? E despois colledes aquí...e
estó que é
-as
pezuñas.
estes
tres dedos. ¿Un cervo con colar e con dedos e normal? Xa nos está
falando que non e un cervo pa comer, e un animal mitolóxico, de
comics, de tebeos na imaxinación da xente, ¿non?
¿E
que lle pasa no lombo do gran cervo? ¿Que lle pasa no lombo? Están
cazando, ¿non? Entón que está pasando nesta escena…de caza,
efectivamente. ¿E porque queren cazar o gran cervo? E o que
falábamos antes. Vos cando vades a Africa, a Etiopía e lle sacades
unha foto a algunhas tribus vanche a decir: non. ¿E porque non?
Porque te queres apropiar do meu espiritu. Fai catro mil anos os
guerreiros que dominaban esta sociedade querian a representar algo
para apropiarse do seu espiritu. Hoxendia eu quero un coche pois fago
traelo de bus e o proxecto ¿non? E unha idea, unha apropiación
simbolica, ¿non? da imaxe. E cal e a recompensa, o premio. Pois o
secreto está na cornamenta. Hai unha serie de debuxos, A princesa
Mononoke que fala sobre isto que é algo case da mitoloxía
universal. Quen cace o gran cervo coa gran cornamenta ten asegurada a
vida eterna. O famoso mito do eterno renacimento que podedes ver por
Mesopotamia, neste caso Xapón. E esta sería a recompensa, case
nada, vivir eternamente. Antes de chegar o cristianismo a Galicia xa
habia outra forma, outra creencia, outra relixión e xa tiña outra
forma de velo.
Despois,
tedes que pensar que o debuxo que está ahi e bidimensional, e como
un cadro de pintura, ¿non? pero, neste caso non se ve tan ben, pero
os petróglifos son como esculturas, ¿non? Son esculturas en 3D, en
tres dimensions, son esculturas que van aproveitando a rocha para
facer. E a iso lle temos que engadir que estarían pintados, ¿non?
Como vedes non estarían así, daquela. O que non sabemos e onde
estarían pintados si polo suco, por aquí ou polo interior. Non vos
decatades como poder ser: por aquí ou polo interior. En Suecia que é
algo semellante, cronoloxicamente a arte rupestre que teñen, os
pintaron de color vermello, ocre, e pintaron a parte interior.
Aqui
en Galicia, por temas de conservación e divulgación todavia non
estan pintados pero que pensedes que estarían pintados.
Superposición da cabeza do cervo sobre a combinación circular. |
E
despois temos que engadirlle mais dimensións. Unha posible, sería
aquí, esta combinación circular preto da boca do cervo, que podia
representar?: ¡O bramido do cervo! O són, ¿no? O cervo está
sufrindo un ataque e aquí está gritando, o bramido do cervo pero
hai outra mais. Fai dous anos o arqueólogo Felipe Criado da
Asociación Europea de Arqueoloxía, un investigador Gonzalez, din,
eles, saiu no programa de television española, de feito que a
cornamenta do cervo e un calendario lunisolar. Estan representadas as
36 luas do ano. ¿Non vedes? Aquí hai trinta e seis marcas, trinta e
seis luas, e trinta e seis anos, trinta e seis luas e un ano solar. E
moi dificil demostralo, porque a diferencia de grandes monumentos da
historia como Stonehenge ou Newgrange hai referencia astronómica
evidente. Aqui veñen os arqueologos os solsticios e ainda non
atoparon a relación coa cornamenta.
Pero
bueno, que saibades que eles fai catro mil anos tamen tiñan unha
referencia como os reloxios de sol, ¿non? O cambio das
estacions...tiñan que ter unha referencia tanto para cazar, para
facer agricultura, tiñan que saber como cambian as estacións.
¿Vale? ¿Algunha dúbida?
-
En que te basas para decir que estaban pintados?
Ehhhh...primeiro, pola
antropoloxía, porque se...case toda a pintura en Escandinavia,
Etiopia a xente non… ou a Acrópolis de Grecia. Deixar as cousas
espídas case que non… Case todo o mundo pintaba, as piramides
Mayas todo, todo estaba pintado. O deixalo espído e excepcional. As
esculturas romanas. Pensar que estában sin pintar… O problema, que
non temos restos materiais, efectivamente, que é unha comparación
antropolóxica. Aqui en Galicia sencillamente non aparecen pigmentos
o calor. Dín que podia ser aquí alguns investigadores un soporte
onde gardara as pinturas, pero non está documentado, non hai restos.
E mais ben por comparación antropolóxica. Polo menos así
claramente no...
-Miran
todos os cervos para o mismo lado?
Aqui diferentes lados. Aqui
están en esta dirección pero despois os que vamos a ver no Outeiro
dos Cogoludos como que están mirando…
-Pero
nesta pedra están mirando todos para alá a dereita
Si, nesta pedra si
-No
No? Cal é?
-O
que estas pisando
-E
unha femia
Pero na maioria dos casos
estan mirando nunha dirección, nesta direccion. Despois vamos a ir o
Outeiro dos Cogoludos están noutra dirección, estan como arredor de
unha cunca que haberia ahi unha cunca pois estarian mirando para
aquel lado….”
Da sua intervención, faise
evidente o grao de improvisación e chapuza que está detrás da
creación e posta en marcha das instalacións do PAAR.
Descoñecemos os criterios e a
prospección feita antes de cavar dous quilometros e medio de gáveas
con resultado negativo, e que o povoado fora descuberto o excavar a
cimentación do edificio do Centro de Interpretación do Parque. Si non fora tan
serio o malgasto de 11 millons de euros de fondos públicos,
resultaría risible.
Despois de avisarnos que como
protección non se podian pisar os gravados, fixo a sua intervencion
desde enriba da laxe, pisando e ocultando algun dos motivos, como
unha asistente lle fixo notar. En ningún momento fala da diacronía
na realización dos gravados o que lle permite dicir sin ruborizarse
que unha combinación circular danada polo gravador do gran cervo,
polo tanto anterior, representa o bramido do cervo ferído.
O recorrir a unha serie
xaponesa de debuxos animados, ou a Mesopotámia para explicar que o
mito da vida eterna xa era coñecido polos galegos antes da chegada
do cristianismo, xa é para nota.
E non digamos o tema do
calendario lunisolar proposto polo seu admirado Felipe Criado ¡que
saiu nun programa da televisión española! anque non sexa capaz de
explicalo e non xustifique nin se pare a contar as marcas da
cornamenta que non dan trinta e seis por ningures, e que ademais os
arqueólogos non lle atoparon relación cos solsticios...pero iso que
mais da.
Do tema das pinturas, case
mellor nin falar. Xa se pon en evidencia él só.