jueves, 16 de junio de 2022

TIN FOIL

 

TIN FOIL. 

PRIMEIRA  APLICACION EN GALICIA  NO ESTUDO DA ARTE RUPESTRE 1976.




   Restitución fotogramétrica da parte central do petróglifo de Pinal do Rei. Cangas do Morrazo


Dous anos antes da publicación en 1978 de Simple Field Techniques for Recording Engravings by Casting and Stereophotography de J. Clegg en Conservation of Rock Art: Proceedings of the International Workshop on the Conservation of Rock Art, Perth. Perth. (ed.). pp. 22-26. Sydney, no que se describe o procedemento denominado como “tin foil” para a reproducción de gravados rupestres, xa eu o tiña empregado na reproducción de alguns petróglifos que habiamos descuberto no Morrazo.



     Pinal do Rei, Cangas do Morrazo. Prueba con luz rasante 1.

Esta actividade experimental quedou inédita, como tantas outras iniciativas novedosas (https://covadeparalaia.blogspot.com/2020/01/fontecova-prospeccion-xeoelectrica-1979.html) que sobre a marcha iba aplicando a medida que os meus coñecementos sobre arqueoloxía e prehistoria iban avanzando de forma autodidacta.



    Pinal do Rei, Cangas do Morrazo. Prueba con luz rasante 2.

Recentemente, grazas o arquivo fotográfico de Francisco Fariña Busto ex director do Museo Provincial de Ourense, mentor e compañeiro na documentación dos achados que iba descobrindo a mediados dos anos 70 do pasado século, tiven acceso as fotografias que documentan o uso deste procedemento para a obtención de calcos de algunhas estacións de Arte rupestre que descobriramos o recentemente desaparecido Antonio Nores Soliño no castro dos Remedios en Tirán, Moaña, e o que eu descobrira no Pinal do Rei en Cangas do Morrazo.



    Aplicación de papel de aluminio que mellora sensiblemente a visualización dos grabados.

O método consiste en aproveitar a maleabilidade de unha folla de aluminio. Apoiando a superficie da folla a superficie da rocha con gravados, e utilizando unha brocha suave para facer presión, consiguese un negativo da rocha con unha precisión milimetrica, o tempo que facilita a sua lectura o eliminar as cores variables da rocha e proporcionar unha tonalidade uniforme, semellante a que se pode conseguir a dia de hoxe con alguns programas de procesamento de imaxes e restitucións tridimensionais.


Unha vez obtido o molde dos gravados, pode ser utilizado para a sua reproducción en escaiola. Para elo sobre o dorso da folla se aplica unha cola e follas de papel que o secar daran rixidez o conxunto, podendo entón ser trasladado sin que se deforme o gravado.


Este sistema foi o que utilicei para a realización do calco en escaiola do petróglifo da Escada IV en Meira, hoxe desafortunadamente desaparecidos o calco e o petróglifo.


O principal inconvinte deste método e a sua aplicación sobre sulcos ou ocos superiores a 12 mm de profundidade, pois neste caso córrese o risco de esgace da folla, cousa que pode evitarse, cando se usa para facer un molde de escaiola, aplicando sucesivas capas deixando o oco recheo.


De esta experiencia punteira, como tantas outras que se levaron a cabo no Morrazo, nin o Grupo Arqueologíco “García Alén”, nin o Grupo Arqueolóxico do Morrazo deron conta nas suas publicacións. a pesares de haberse atribuido toda a actividade arqueolóxica en eses anos no Morrazo.


domingo, 12 de junio de 2022

FE DE RATAS

FE DE RATAS 

Si aquel que dice ser tu amigo te clava un puñal en la espalda, debes desconfiar de su amistad. 
Les Luthiers


Escribo con profundo pesar este artigo sobre uns feitos que nunca deberían haber acontecido. 
Unha historia de traición e mezquindade. 

Lendas de Moaña 

O ano 1988 a Agrupación Cultural Nos de Moaña publíca o libro Lendas de Moaña, da autoría de Xose Carlos Villaverde Román, ó cal tiven acceso recentemente. Cal non sería a miña sorpresa o atoparme con que mais de un terzo das lendas alí publicadas formaban parte do medio cento que eu habia recollido, como figura na noticia do Faro de Vigo do 25 de gosto de 1974 (Fig.1), e que conformaban o seu núcleo inicial, sin mencionar a sua procedencia, o contrario do que acontecía coas restantes. 

Figura 1: Recorte da noticia onde figura a referencia as lendas recollidas o marxe do GAM


Resulta evidente que o autor sabía quen as recollera, pois foron copiadas das fichas orixinais no Arquivo do Museo de Pontevedra onde figuran os datos de quen as recolleu. Ese feito non pode ser atribuido a un erro, pois como recoñece o autor as lendas que publica recolleronse en tres etapas distintas: “Unha inicial que parte desde a formación do Grupo Arqueolóxico do Morrazo (sic) en 1972 até o 1975, ano en que prácticamente desaparece toda a actividade”. Eso non lle impide apropiarse da lenda da Cavada do Salgueiro que recollín no ano 1976. Afortunadamente teño copias das ditas fichas que demostran a mala fé do autor do libro. Ademaís todolos datos que menciono neste artigo contan con correspondente apoio documental. “A partir de 1979, reorganizase o Grupo Arqueolóxico e intégrase como Agrupación Cultural Nós.” 

¿Porqué se eliminan na sua narración os anos que van do 1975 o 1979? Esta manipulación dos feitos tiña como obxectivo facerme desaparecer da investigación arqueolóxica e prehistórica de Moaña. Para lográlo manipulóuse a acta de constitución do Grupo Arqueolóxico do Morrazo (GAM) engadindolle en un lateral a coletilla “levaba funcionando desde 1973 como colaborador do Museo de Pontevedra” para poder xustificar o traballo de ocultación que estaba a facer.

Así da comezo a damnatio memoriae do meu nome borrando a miña contribución o coñecemento da Prehistória de Moaña en particular e do Morrazo en xeral. Foise creando  así unha narrativa na que a miña actividade desaparece sendo sustituida pola de un “Grupo Arqueolóxico do Morrazo” que en realidade só existia en un papel manipulado, e con unha actividade infima, pero atribuindose todolos meus achados de uns anos antes. Esa tarefa que contou, como se verá mais adiante, coa colaboración ou a iniciativa do Grupo de Arqueoloxía “Alfredo García Alén” tivo o seu remate no 2021 na publicación Somos memoria feita como homenaxe o compañeiro Antonio Nores Soliño polo seu pasamento.

Reproduzo apenas tres exemplos que demostran a apropiación do meu traballo, tomados da publicación online: https://bibliomoana.blogspot.com/2012/06/lendas-de-moana-por-xose-carlos.html

“Chan da Areda (sic). As cidades. 
3.3.2.1.1. Estaba pastoreando un rapaz cando lle apareceu unha moura roxa, moi fermosa e peiteándose díxolle. -¿Rapaciño, virás mañán ó monte cas ouvellas? -¡Virei, sí señora! díxolle o rapaz. -Pois toma este ramiño e ven aquí ás doce. Miraras bolear un penedo tan grande coma un pé de muiño, non lle teñas medo, xa que o tocarlle co ramiño desfaráse en ouro. O seguinte día, foí o rapaz ó monte. O chegar as doce acontecen tal como dixera a moura, pero o rapaz o mirar que o penedo víñalle enriba, tomou medo e fuxíu berrando. Mentras, o penedo seguía boleando até meterse no río de Meira (Muiño do Coto). Cando a pedra chegou ó fondo do río, da terra saíu unha voz que exclamaba: -¡Ai meu Deus, até agora saía cada ano a peitearme, a partir de hoxe, sairei cada cen!”

Figura 2: Anverso e reverso da ficha correspondente a Chan da Arada


Ademais da errata no nome e a falla de rigor na transcrición, a ubicación non se corresponde coa da ficha, xa que o autor nin siquera entendeu o que pon na ficha nin coñece o sitio do que fala. 

“3.2.2.2. Laxe Negra. Couso. Na noite de S. Xoan, sae unha galiña con pitos. (Na pedra desta lenda incompleta hai uns restos de grabados rupestres)” 



Figura 3: A Laxe Negra. Ficha manuscrita de Alfredo Garcia Alén secretario do Museo.


“3.3.1.3. Cavada do Salgueiro. E unha zanxa rectangular de vintecinco metros de longo. Nunha das cabecearas ten esteos caído. O seu fondo pasa ben dos dous metros. A lenda dí que foi vivenda dos mouros. (Ainda que é improbable, poidera tratarse dunha mámoa).”



Figura 4: Cavada do Salgueiro. Unha das ultimas recollidas e catalogadas no Museo de Pontevedra.


Resulta chocante que esta última ficha sexa de 1976, cando según o autor o GAM non tiña actividade.

Coido que con estes exemplos xa é dabondo para demostrar a sua absoluta falla de rigor e catadura moral. Non considero necesario engadir os outros trinta exemplos mais que o único que farían sería botar mais lama enriba do xa visto. 

Antecedentes

 En maio do ano 1973 a raiz do descobrimento fortuito de un machado de bronce no castro de Montealegre, Domaio, desplaceime ao Museo de Pontevedra para proceder o seu inventario e facer o deposito para que fose conservado en dita entidade. O seu Secretario Alfredo Garcia Alén, fixo a ficha correspondente en unha pequena cartolina e regaloume un exemplar da Carta Arqueolóxica da Provincia de Pontevedra, da sua autoría compartida co director do Museo José F. Filgueira Valverde, animandome a seguir buscando lendas e xacementos e que marcou o comezo da miña colaboración como corresponsal no Morrazo do dito Museo.



Figura 5: Ficha orixinal da miña primeira noticia no ficheiro da Catalogación Histórico Artistica do Museo de Pontevedra.


Foi así como nos anos seguintes, procedín a catalogación sistemática da Península do Morrazo que me levou a percorrer a maior parte da sua xeografía case sempre en solitario, e a que se sumaron no 1974 Antonio Nores Soliño e José Rodas Cancelas que xa viñan acompañandome algunhas veces, nos fins de semana a ver os xacementos que iba atopando. No territorio de concello de Cangas, no que eu traballaba por aqueles anos, José Suarez Mariño facía un traballo similar e así quedou recollido nas distintas publicacións da Revista El Museo de Pontevedra. 

Froito de ese traballo foron mais de un cento de fichas que facilitei o Museo de Pontevedra relativas aos concellos de Vilaboa, Moaña, Cangas, Bueu, Marín, Vigo, Poio, Caldas de Reis, Catoira e Cerdedo-Cotobade, que abarcaban lendas, xacementos arqueolóxicos e petróglifos, todos inéditos e moitos deles singulares no contexto da prehistoria e arqueoloxía galegas incluso a dia de hoxe, como se recolle no Faro de Vigo antes mencionado. 

Entre os xacementos arqueolóxicos que tiven a fortuna de descobrir nos Concellos do Morrazo e dos que se apropia para o GAM, figuran entre outras as seguintes estacións rupestres: 

En Moaña: os petróglifos de A Escada 1,2,3 e 4, Pozo Garrido 1,2,3 e 4, Os Means, Devesa do Rei, as Cidades, a Torre de Meira, a Rega Pequena, a Graña, as Vaqueiras e Chan do Caeiro. 

En Cangas: Outeiro do Rio Loureiro, Monte Pereira, Laxe da Chan, Pinal do Rei, Gondarán, Os Abelaires, O Castelo 1 e 2, O Piñeiro, O Lago, Prado do Pazo, Outeiro do Mouro, Gomesende e Castro do Hio. 

En Vilaboa:Travesada, Casaldasanta, Os Areeiros1 e 2 e o Vilar. 

En Marín: Pedra da Pereira (Pedrouzos 1) a Máscara (Pedrouzos 2) e a Tomada.

 O Expolio

 No ano 1974, o Ateneo de Moaña, coñecedor do traballo de prospección que eu estaba a facer, propuxome a dirección de un Grupo de Arqueoloxía que querían formar, e  acordamos dalo a coñecer nos xornales. 

Aproveitando a meu recente achado do petroglífo de Pinal do Rei en Cangas do Morrazo, organicei con algún mozos que xa me tiñan acompañado outras veces, unha visita ao Castelo de Darbo e arredores, onde estaba o petroglífo. De esa visita deu conta o xornal La Voz de Galicia o 30 de novembro do 1974. 


Figura 6. Referencias os Grupos arqueolóxicos do Ateneo e de Moaña. 1974

Durante esa andaina, un dos participantes fixo unha broma dibuxando sobre unha rocha unhas figuras de dous cervos apareandose e un platillo volante, que non pasarían de ser unha anecdota inocente, de non ser porque en unha visita o Museo de Pontevedra pretenderon pasarlla por autentica ao seu director, Filgueira Valverde e o secretario García Alén. Ainda que no momento quitouselle ferro e botamos unhas risas, a García Alén non lle fixo ningunha gracia, como me comentou cando mais tarde falamos do tema. A eso limitouse practicamente a miña colaboración, que non foi longa nin fructifera, co Ateneo. 



Figura 7: Contribución o coñecemento dos petróglifos por parte de algun dos membros do chamado Grupo Arqueolóxico do Morrazo.


Un mes despois, con Antonio Nores e José Rodas asinamos como Grupo Arqueolóxico de Moaña os primeiros traballos de excavación no xacemento de Fontecova (O Casal), nos que a participación de algunha das persoas que o ano seguinte formaron parte do GAM foi testemuñal. 

Grupo Arqueolóxico do Morrazo (GAM)

 A fins da década dos 1970, comezan a aparecer na bibliografia as referencias a este grupo atribuindoselle a autoría dos traballos de catalogación arqueolóxica do Morrazo realizados entre 1973 e 1975, nas distintas publicacións feitas, sobre todo, por membros do Grupo de Arqueología “Alfredo García Alén”, a raiz das excavacións que realizaron nos concellos de Cangas e Moaña. 

O GAM fundárase o 22 de maio de 1975 baixo a miña dirección, e da que Xosé Carlos Villaverde Román era Secretario, polo tanto custodio do Libro de Actas e responsable do seu coidado. Este grupo, que tivo un parto moi difícil pois según a data en que se fale del, naceu no 1972, 73, 74 ou 75. Apenas realizou actividades durante catro meses, concretamente até o 23 de setembro do mesmo ano segun consta no Libro de actas. 



Figura 8-Acta fundacional do Grupo Arqueolóxico do Morrazo, co engadido posterior no lateral esquerdo


Nos meses de verán de ese ano, mentras eu proseguía a investigación e catalogación arqueoloxica, algúns dos compoñentes, pola sua conta, colaboraron con Fernando Alonso Romero nas probas de pesca da embarcación Borna. Este traballo de colaboración non tivo reflexo nos apuntes do libro de actas, sin embargo da unha nova data para o inicio de actividade do GAM. En ese ano 1975, no relato das probas de pesca incluido na publicación de Alonso Romero Relaciones atlánticas prehistóricas entre Galicia y las Islas Británicas y medios de navegación, manifestan que o GAM nacera no ano anterior, 1974, co cal xa temos alomenos tres datas de fundacion. Do resto da actividade solo hai seis anotaciones entre o 13 e o 23 de setembro do 1975. 

No ano seguinte fun chamado a participar, coa maioría dos que se adicaban a arqueolóxía en Galicia, na Sección de Prehistoria e Arqueología do Instituto Padre Sarmiento de Estudos Gallegos e deixei de suministrar informacións o GAM. Este feito ven recollido, de forma indirecta, na publicación que a Agrupación Cultural R.D. “Nos” fixo no X? aniversario do GAM, onde manifestan: 

”Os nosos comenzos remóntanse o ano 1972 carácterizado por unha etapa fecunda que resumimos: 
    -Descubrimento da maior parte dos petroglifos de Moaña e Cangas 
    -Achádego da estacion neolítca de Fontenla e o Rigueiriño (sic)... 
A partires do ano 1976, desapareceron tódalas actividades hasta a reorganización do ano 1979 enfocando o traballo hacia a recopilación dos topónimos, lendas, canastros, muiños, cruceiros etc....” 

Non lles quedou outra saida o faltar o que facía o traballo de campo, quedando así un paradóxico Grupo Arqueolóxico que renuncia a arqueoloxía. 

Dirixin as excavacións nos anos 70 no Regueiriño, Fontenla, e Chan dos Carrís na que participaron alumnos de arqueoloxía das Universidades de Santiago e Oporto, Colexio Universitario de Ourense e Centro Regional da UNED, e o Casal nos que o GAM non participou. Si o fixo nas levadas a cabo nos mesmos xacementos na decada dos 80 por parte do Grupo Arqueológico “Alfredo García Alén”, que viña de parasitalo, aproveitando os descobrimentos que fixeran en Cangas José Suarez Mariño e Antonio Nores Soliño e eu en Moaña, e onde se integraron catro dos membros, dous por Moaña e outros dous por Cangas. E así chegamos o 2021, onde na presentación do libro homenaxe o desaparecido Antonio Nores Soliño, e sin ningunha proba o autor das Lendas de Moaña, acusoume publicamente de apropiarme dos descubrimentos que fixera o GAM. Non era ese o sitio onde respostarlle debidamente por respecto o amigo a quen homenaxeabamos, e cos datos que aportei aquí, queda mais que demostrada a falsidade das acusacións e a catadura moral de quen as profire. Por si non fora dabondo, hai recollidas no ficheiro do Museo o que me remito, varias fichas con achados de outras personas e que éu comuniquei, facendo constar o nome do descubridor. Poño aquí unha delas como testemuña do que digo, publicada no Inventario de localidades con hallazgos Paleolíticos na revista El Museo de Pontevedra.


A traición dos amigos 

O meu traballo de investigación foi recollido e recoñecido na Tesis de Licenciatura de Antonio J. de la Peña Santos El Arte Rupestre gallego al aire libre. Estado actual del problema y modelo para su estudio por áreas geográficas naturales: La Peninsula del Morrazo – Pontevedra en Xuño de 1978. En ela recolle tódolos achados dos que tiña coñecemento de primeira man até esa data, pois leveino conmigo a ver os petroglifos que iba descobrindo e xuntos fixemos algúns calcos para a sua publicación. Non menciona a contribución do GAM porque simplemente era inexistente. Menciona en cambio, como non podia ser de outra maneira a José Suarez Mariño que prospectaba maiormente no Concello de Cangas. 


Figura 10- Portada Da Tesis de Licenciatura de Antonio J. de la Peña Santos, 1978

En un exemplar mecanografiado de esta Tesina inédita que se conserva no Museo de Pontevedra, queda constancia do seu recoñecemento e agradecemento as duas personas que levabamos a cabo o traballo de catalogación arqueolóxica no Morrazo. 

Elo non impide que case 40 anos despois eses descobrimentos pase a endosarllos a Antonio Nores Soliño, o que na Tesis non menciona, na homenaxe que  se lle tributou no Concello de Cangas con motivo do seu falecemento. 

Na publicación Somos Memoria coa que homenaxeamos o amigo desaparecido, no seu artigo “Antonio Nores nas miñas lembranzas” desdícese de todo que tiña recollido na Tesis e inventase unha película para xustificar a nova atribución dos achados, e facela coherente coa que o Grupo de Arqueología “Alfredo García Alén”, baixo a sua dirección, puxo en marcha absorbendo algúns membros do extinto GAM e da que extracto algúns paragráfos: 

Figura 11-Estractos da Tesis de Antonio J. de la Peña Santos 1978

“Penso que foi en 1973...En compañía de Antonio Costa daba conta o bo de D. Alfredo (García Alén) dos achados do Grupo Arqueolóxico do Morrazo en Cangas e Moaña… 

No 1973, como quedou demostrado non existía o GAM e él sabíao de primeira man pois non o recolleu na Tésis. 

Ainda así non dubída en falsificar a historía, agardando que o tempo transcurrido desde entón deralles, igual que a Villaverde, a impunidade das suas traicions. 

“Pouco saberíamos hoxe do pasado remoto de Cangas e Moaña...de non mediar o intenso e desinteresado labor de prospección de Antonio (Nores) e os seus compañeiros do GAM” 

Pregúntome como é posible que ese traballo dos anos 70 non o recollera até case medio século despois. ¿Desmemoria ou mala fé? Coido que é esto último xa que no colmo do cinismo, como quedou de manifesto no acto de homenaxe celebrado no Concello de Cangas, donde co apoio de unha presentación de fotos e calcos, e sin ningún tipo de vergoña, non dubidou en atribuirlle TODOS os meus achados e que tivo reflexo na publicación: 



Figura 12: Mapas de estacións rupéstres do Morrazo anterior a 1974 e en 1978. Tesina de Antonio J. de la Peña Santos


“E non podemos deixar de lado os traballos de prospección de campo, sobre todo os enfocados á localización e estudo de complexos de arte rupestre. Baste lembrar o que supoñen hoxe para o patrimonio monumental de Galicia, petróglifos da importancia dos de Mogüelos, Rio Loureiro, Pinal do rei, Laxe da Chan ou as Abelaires” 

Os Mogüelos descuberto por Jose Suarez Mariño e os restantes como quedou acreditado por min. 


Figura 13-Visita que fixen con Antonio J. de la Peña e Francisco Fariña a Escada 2, a pouco da sua descuberta

Que catadura moral pode ter unha persona que no homenaxe a un amigo común, pode falsificar sin rubor a historia, e xa non falo da atribución dos achados, que están recollidos para quen queira comprobalo, no arquivo vello do Museo de Pontevedra, senón da falta de respecto ó homenaxeado, e incluso o desaparecido Alfredo García Alén que estara revolvendose na tumba o ver como se aproveitou o seu nome para o medre de investigadores entre os que se encontraban algúns indixentes intelectuales que lles facilitamos algún xacementos que consagrarían a calquer investigador e sin embargo apenas fixeron publicacións ramplonas que non pasan de ser simples traballos de primeiro curso da facultade. 

Así como, con profundo pesar, fixen o relato da traición de duas personas as que consideraba amigos, de este que describo agora non teño ningunha referencia, mais que as publicacións del que menciono. 

O Historiador e mestre de Cangas

Non coñezo os motivos polos que, a pesares de consultar bibliografía do Grupo Arqueolóxico “Alfredo García Alén” na que se me menciona, decide borrarme, polo que eu non farei mais mención que este mínimo apartado. 



Este é o esperpento de un tal Xerardo Dasairas, disque “historiador”. Na sua publicación no Faro de Vigo: Pioneiros da arqueoloxía no Morrazo, ademais de facer do Hio un novo San Andrés de Teixido, o que han de ir de mortos os que non foron de vivos, atribuelle o arqueólogo da catedral compostelana Antonio López unha visita no 1911 a pesar de que falecera un ano antes. Solo con eso xa queda acreditada a sua “solvencia” como historiador. 

Na reportaxe mencionada pretende facer un exhaustivo relato da historia da investigación arqueolóxica no Morrazo, anque visto o rigor do seu estudio, non se pode agardar gran cousa. Por suposto non so non me menciona, a pesares de poñer unha foto na que aparezo, senón que na adaptación que fai do dito traballo para a publicación Somos memoria de homenaxe a Antonio Nores, chega o infantilismo de recortarme da unica foto que publica en que aparezo, eliminando calquer rastro da miña presencia. 

Por desgraza este tipo de intentos por cambiar a historia, son hoxe moi frecuentes. A degradación do ensino e o descredito dos estudos de etica e filosofía levan a un adanismo do todo vale. Non importa o traballo que outros fixeran antes que nos e que nos amosaron o camiño a seguir para profundizar no coñecemento do noso pasado. A algúns resultalles mais rendible o apropiarse do traballo alleo que salir do confort dos despachos para ir a patear o territorio, anque para iso teñas que pasar por enriba da amizade e desprezando todo o que esa verba conleva. No meu caso (que por desgraza non é único) é doblemente penoso, pois o feito de intentar anularme, sumase o de facelo en público na homenaxe a un compañeiro, desprezando o minimo respecto que nos debia merecer. Foi por ese respecto polo que non recibiron en ese acto a debida resposta. Hoxe que xa pasou case un ano, considero que é o momento de descobrir as ratas, e non precisamente de biblioteca .

lunes, 24 de enero de 2022

UNHA ARA ROMANA NO CONVENTO DE SANTA CLARA

UN ARA ROMANA EN SANTA CLARA. PONTEVEDRA



Aspecto actual da fachada Norte do Convento de Santa Clara, Pontevedra



A principios dos anos 70 do pasado século a raiz do descobrimento fortuito de un machado de bronce no castro de Montealegre en Domaio, tiven o primeiro contacto co Museo de Pontevedra onde fun a dar conta do achado. Recibiume o seu Secretario Alfredo Garcia Alén quen, ademais de felicitarme polo achado, fixoó tamén por haberme molestado en levalo o Museocando o “normal” era que esas cousas quedaran, ou ben nas casas, ou nalguns casos en algún colexio. Comezou así unha colaboración na que o longo desa decada facilitei o Museo cerca de un centenar de fichas de xacementos arqueolóxicos, novas etnográficas e folclóricas. Froito desa colaboración, fun desinado colaborador do Museo na Península do Morrazo. En unha das visitas que periodicamente facía a Pontevedra, pasando pola rua de Santa Clara pareime a mirar con atención, froito da inquedanza que naqueles momentos tiña por canta manifestación histórica ou artística pasaban diante dos meus ollos, a fachada que ocupaba case un tercio da rua o Convento homónimo.

O primeiro que chamoume a atención foron os catro grandes contrafortes que enmarcaban as duas portas de entrada. Claramente se apreciaba e foran feitas con posterioridade a parede na que se achaban, probablemente debido o risco de derrumbe pola endebleza ou abandono en algún momento da sua historia.


A imaxen sobre a ara no tempo da sus identificción.


No oco que quedaba entre as duas portas, sobre un pedestal prismático de un metro de altura aproximada repousaba unha figura de Santa Clara. Decateime entón do gran parecido que tiña con algunha das aras romanas que tiña visto no Museo e así llo fixen saber o seu secretario. Mostrouse moi sorprendido, pois estando tan a vista de todo o mundo, ninguén reparara nelo. Acompañoume a comprobalo, e coincidimos en que era realmente un ara. Voltamos o Museo e redactou a correspondente ficha para o inventario que levaba o Museo. Desde ali mesmo fixo unha chamada, seica o Obispado e quedou de facer as xestións necesarias para o seu traslado.

Cando pasei o cabo de uns anos por diante do Convento, vin que a ara fora removida e a imaxen estaba sobre unha peana elevada sobre o primeiro tramo dos contrafortes.

Desgrazadamente Alfredo Garcia Alén habia falecido mentras eu estaba en Grecia por motivos laborales e xa non tiven oportunidade de comentalo con él. Dei por suposto que a ara fora integrada nas coleccións do Museo até hoxe, que aparece unha nova no Diario de Pontevedra dando conta do seu redescobrimento.

https://www.diariodepontevedra.es/articulo/pontevedra/hallan-posible-ara-romana-santa-clara/202201231310221181975.html

En Xuño do 2016 no mesmo xornal publicouse o achado de unhas monteas na fachada do convento. Nela dase conta do achado da ara, pero seica os técnicos do Consello Asesor do Museo ou non leen as novas relativas o Patrimonio ou non saben o que garda o seu propio arquivo.




Fai uns cinco ou seis anos tiven a oportunidade de consultar o ficheiro no que Garcia Alén en pequenas cartoliñas facía a descripcion dos achados facendo constar a data e o informante. Nos últimos dous anos voltei a consultalos e constatei con grande surpresa a falta de algunhas fichas, ben por desaparición ou por estaren traspapeladas.

A finais do 2021 o Museo deixou de permitir a consulta de dito ficheiro os investigadores. Pasa a ser información privada e non está prevista nin siquera a sua dixitalización. Seica a actual dirección non quere que se coñeza o tristisimo papel que están a desenvolver, mostra do cal é a nova a que facemos mención neste artigo.