(RE)DESCOBRIMENTO DO
PETRÓGLIFO DA CACHADA, POIO
A
Irmandade Illa de Tambo,
que me honro en presidir, define nos seus estatútos,
entre outros fins a vixianza e protección do Patrimonio nas beiras
da Ria de Pontevedra.
A
raiz da presentación de unha enmenda aos Presupostos do Concello de
Poio por parte da Asociación Umia Vivo
para que adicara unha partida especifica para o coidado e posta en
valor das distintas estacións de petróglifos no seu termino
municipal, e unha vez que non foi tomada en consideración,
procedemos a verificar o
estado en que estas se atopan por si fose necesario realizar
traballos de urxencia, xa que a prolongación das altas temperaturas
e a extraordinaria abundancia de material combustible nos montes
pode supoñer un gravisimo risco en caso de incendio, coas terribles
consecuencias que para as rochas gravadas teñen as altas
temperaturas dos lumes forestais.
O
Concello de Poio, governado desde fai vinte anos polo BNG (que se
define como nacionalista e de esquerdas), non tivo inconvinte ningun
en facer politica municipal identica a que fixo o PP no veciños
Concellos de Sanxenxo ou Marín, con un urbanismo profundamente
depredador do territorio e do Patrimonio. No apartado da arte
rupestre, moi abundante no concello, a unica actuación salientable
foia creación de un centro de interpretación da Arte Rupestre da
Caeira a imaxen e semellanza
dos chiringuitos montados polo PP en Marín, Campo Lameiro e Ponte
Cladelas, entre outros,
facendo unha intervención megalomana e irrespetuosa co entorno,
creando unhas estructuras de madeira, innecesarias
e de mantemento moi costoso. No local que ocupa o Centro no Casal de
Ferreirós, hai unha reproduccón da singular rocha de Pozo Ventura,
que anque non se atopa na área
da Caeira, figura como un elemento de reclamo.
Pozo Ventura. Oculto no medio da matogueira a beira do camiño de pes. |
Dado
que a reproducción esta perfectamente coidada, tiven curiosidade por
ver en que estado se atopa o orixinal para ver si o Concello fixera
algo pola sua preservación e coidado. Sorpresa
foi brutal o atoparme coa rocha completamente rodeada por toxos,
xestas, eucaliptos e fento, unha combinación infernal para a sua
conservación.
Nin
un acceso decente nin moito menos un misero panel informativo, nada
de nada. Parece que para o Concello o orixinal non ten importancia.
Quen queira velo que vaia a ver a copia, así aforranse subir
o monte por camiños infames.
Pozo Ventura. Agardando o vindeiro lume |
Unha
vez constatado o estado no que se atopaba, procedín a dar unha volta
polos arredores, para confirmar si, como sosteñen alguns
investigadores, esta rocha poido estar en posición vertical e que en
epoca indeterminada poidera haber sido derrubada.
O
material granítico da zona esta composto principalmente por grandes
afloramentos de granito de grao moi groso, que conforma a gran
maioria dos afloramentos de toda a zona, pero entre eles afloran
tamén
algunhas rochas de grao fino, como a que soporta os gravados, polo
que en principio descarto a posibilidade de que poidera ser unha
rocha exenta.
A
uns catrocentos metros en dirección SE, nun cortalumes
de unha liña de media tensión recentemente
desbrozado,
apreciabanse as pegadas das cadenas nun grupiño de catro
rochas, algunha delas profundamente danada,
e cubertas de restos do desbroce. En unha delas poiden
apreciar a existencia de unha coviña, polo que procedín a barrer a
sua superficie apreciando que tiña a superficie cuberta por
gravados. Dadas as condicións de luz, xa a
tardiña, procedin a facer
as fotos para poder facer un levantamento fotogrametrico.
A Cachada, estado inicial. Son visibles as erosións producidas polas cadeas da desbrozadora. |
Está
ubicado na parcela denominada Cachada, no lugar da Xestosa en San
Salvador de Poio a unha
altitude de 180 m.snm. e uns
500 m. ao O da Pedra Grande de Montecelo.
A Cachada, unha vez retirados os restos do desbroce. |
Unha
vez rematado o tratamento informatico, cal seria a miña sorpresa o
identificalo con un que se coidaba desaparecido, descuberto por Ramón
Sobrino Lorenzo Ruza a principios dos anos 50 do seculo pasado, do
que coñecia un croquis somero e unha foto que habia tido a
oportunidade de ver no Museo de Pontevedra e que, por referencias de
diversos investigadores, dábase xa por perdido.
Debuxo e foto da autoria do descubridor Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza |
Está
gravado na mais grande de un grupo de catro rochas que parecen formar
parte de un mismo afloramento sin poder precisar mais a espera de
unha limpeza de todo o contorno. Tratase
de unha rocha sensiblemente plana con unha lixeira inclinación hacia
o S con unha superficie
pouco maior de 1 m2.
Presenta presenta unha fisura en sentido NE-SO. na que parece
apoiarse o mango da principal alabarda de folla triangular de punta
arredondada Na parte inferior da folla presenta uns trazos que
delimitan unha figura romboidal con uns trazos informes. A sua
dereita outra figura de dous cuadrangulos concentricos con unha
cazoleta central moi tenue e unha mais profunda no vertice inferior
dereito.
Baixo
esta figura outra alabarda de folla triangular mais aguda e con
nervadura central con un
pequeño mango que remata na fisura antes descrita.
A
esquerda, parecen estar representados cinco probables follas de puñal
das cales tres parecen presentar nervaduras. Completanse os gravados con un cruciforme e outros dous puñais de diferente tipoloxía por debaixo da fisura que
usei de referencia.
Reconstitución dixital 3D. |
Sería porén unha rocha panoplia, coa figuración de duas alabardas e sete armas cortas ademais de outros motivos de dificil interpretación.
Unha
vez publicado no xornal Faro de Vigo e a sua difusión nas redes,
tiven coñecemento de que o seu descubridor tiña pensado publicalo
xunto con outro petroglifos que descubrira na misma zona, entre eles
fragmentos localizados en algun muro cercano, Unha primeira visita
nos arredores,permitiume atopar en un muro unha pequena rocha con
restos de gravados. Agardo que no futuro outros investigadores tomen
o relevo e poidan incrementar o numero de gravados.
Pedra que forma parte de un muro cercano. |
Por
ultimo, facer unha chamada as autoridades responsables da
conservación do noso Patrimonio.
Por
sorte este petróglifo foi redescuberto grazas a que a agresión
sufrida pola acción de unha desbrozadora de cadenas puxome na pista
de poder descubrilo, pero de non ser así, posiblemente a volta de
poucos anos quedaria definitivamente destruido, porque
os cortalumes de liñas eléctricas soen limparse anualmente. Pido
por tanto o Concello de Poio que se implique na sua sinalización, limpeza e que se protexa adecuadamente xa que non só son importantes os petróglifos da Caeira, senón tamén as ducias que ten espalladas polo seu término. Que faga honor o seur carácter nacionalista e que vele por o que son unhas das mais xenuinas sinais da nosa identidade.como pobo. Que así sexa e que poidamos velo.