¿
UN HENGE NO CONCELLO DE FORCAREI ?
A mediados dos anos 70 do pasado seculo, as persoas que tiñamos
inquietudes patrimoniales e arqueolóxicas case non tiñamos acceso a
ningunha publicación especializada si exceptuamos as revistas que
editaban distintos museos e universidades, non sempre ben divulgadas
e limitada a sua distribución a contadas bibliotecas.
No medio dese deserto editorial botabase en falta unha revista de
caracter divulgativo de masas e fora dos circuitos de distribución
acádemicos.
Foi nese contexto cando por casualidade en un kiosko de xornales en
Vigo dei con unha revista que se publicaba en Francia baixo o titulo
de Histoire et Archeologie e as suas monografías baixo o
titulo de Les dossiers de l’Archeologie e que me abriu os
ollos hacia uns temas que aquí en España eran caseque descoñecidos,
como por exemplo o uso da fotografía aerea para o descubrimento de
xacementos arqueolóxicos.
E certo que na facultade de Xeografía e Historia da Universidade de
Santiago xa se estaban a utilizar as fotos procedentes do vóo de
Xullo de 1957 feito pola marina dos USA para a elaboración do
primeiro atlas fotogramétrico da Peninsula Iberica anque coa
finalidade caseque exclusiva de identificar castros e as posibles
centuriacións que poideran atoparse na comarca da Limia, e
practicamente nada mais.
Despois de ser aceptado como membro da Sección de Prehistoria e
Arqueoloxía do Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos do CSIC,
tiven acceso as copias das fotos de dito vóo e ademais o uso de un
visor estereoscópico que me permitiu facer unha primeira
aproximación ao uso desa tecnoloxia, e de casualidade dar conunha
figura que no seu tempo non supen identificar e que agora, cuarenta
anos despois dou a coñecer.
Trátase, como se pode apreciar de un recinto circular de uns 110
metros de diametro unido a unha avenida rectilinea de uns 170 metros
de lonxitude e 25 metros de ancho que parece penetrar no interior do
recinto con un quiebro dirixido hacia dereita da imaxe e flanqueada
por dous pequenos muros. (Todas estas medidas son aproximadas e
obtidas a partires dos datos da aplicación https://es.goolzoom.com
)
A dereita do recinto principal, e visible unha pequena estructura
circular de uns 20 metros de diametro.
Perpendicular a avenida dous muros delimitan unha figura trapezoidal
de uns 75 x 30 metros con unha divisuión interior.
Está ubicado no concello de Forcarei, na parroquia de Santiago de
Pardesoa, entre San Marcos e O Xisto, coordenadas: 42.52734902,
-8.31862365 a unha altitude de 632 m.s.n.m.
A semellanza de estas estructuras coas denominadas Henge
nas Illas Britanicas e evidente, e tamén co xacemento de A Roda de
Barreiros, Lugo
Arbor Low Henge, Derbyshire, Inglaterra (https://www.webbaviation.co.uk) |
Un Henge e unha estructura prehistórica en forma circular ou
ovalada, anque mais raramente tamen pode ser rectangular, formada por
un foxo e un terraplen que a delimitan. Poden contar con unha via de
acceso e con estructuras petreas ou de madeira no seu interior.
Nalgúns casos presentan unha marcada orientación astronómica que
pode definir unha función calendárica ou ritual. Son frecuentes nas
Illas Britanicas, anque recentemente se descubriran algunhas na
Galiza, como é o caso da Roda de Barreiros ou o de Adai, tamén en
Lugo.
Para a sua cronoloxía en Galiza tan só contamos con unha data de
radiocarbono obtida na Roda de Barreiros arredor do 1700 a.de C. en
pleno Bronce Medio.
Ao longo destes corenta anos este recinto pasou por varias fases de
forestación que alteraron sensiblemente o seu entorno e danáron,
coido que irremediablemente, a avenida que nas modernas imaxes xa non
se aprecia.
A primeira imaxen aérea de que dispoñemos e a do primeiro vóo
americano de 1946, anque de baixa resolución, permite apreciar o
henge e mais a sua avenida de acceso, pero ademais amosa unha serie
de pequenos camiños de servizo as parcelas, xa que daquela ainda se
adicaba a labores agrícolas que xa pouco mais perduraron. A seguinte
imaxe e do vóo americano do ano 1957, nela xa caseque desapareceron
as parcelas de labor, o que supón xa un grande cambio nos usos do
solo, quedando abandonadas as leiras e ocupadas por matogueiras e
monte baixo. E esta a mellor das imaxes historicas de que dispoñemos,
pois as seguintes de 1973 e 1980 feitas en condicións mais
desfavorables de luz apenas permiten ver a estructura circular e
constatar o abandono do monte que uns vinte anos despois foi
intensamente forestado con unha plantación de piñeiros que alterou
definitivamente o emplazamento.
Entre os anos 2001 e 2003 mentras os piñeiros eran cativos, ainda se
obtiveron boas fotos estas xa en cores que permiten ollar ben o
recinto e unha especie de camiños de acceso pola sua parte oriental
e practicamente sin rastro da avenida que desde o SO penetraba no
recinto.
Entre os anos 2010 e 2017 xa non e visible nas fotos debido o
crecemento da masa arbórea que na actualidade aparece seriamente
afectada.
Nesta imaxen dixital do relevo ainda permite apreciar a existencia de
un sulco posiblemente pertencente a avenida de acceso desde o SO.
Coido que podería ser o momento de que as autoridades responsables
do coidado do noso Patrimonio, diante da escasez de monumentos de
este tipo, fixeran algunha actuación tendente a seu estudo e posta
en valor, anque debo manifestar o meu pesimismo, vendo o pouco
(ningún) caso que se lle fixo a Roda de Barreiros, totalmente
esquecida até que este verán foi sometida a unha laboura de roce da
matogueira que a estaba a cubrir.
Esta ultima imaxe e comparativa do estado en que se atopa
Stonehenge na Gran Bretaña e de como nos gustaria chegar a ver o
Henge que veño de dar a coñecer que alomenos no plano formal presenta grandes similitudes..