A NAVALLA DE OCKHAM
A
explicacion mais simple e suficiente é a mais
probable, pero non necesariamente a verdadeira.
E
evidente que a carencia de reluctancia (non hai que acatar o que
dín os superiores e punto) aplicado a arqueolóxia ou a arte
rupestre galega en concreto, está tan fondamente gravado nas
neuronas de moitos dos seus estudosos e/ou divulgadores que parece
mision imposible facerlles ver o evidente.
Xa
manifestei en anteriores entradas do blog as nefastas consecuencias
que para o avance no coñecemento de algunhas das figuras mais
singulares dos nosos petróglifos, serpes e laberintos, tiveron as
interpretacións fraudulentas feitas por dous dos mais importantes
estudosos neste eido: Sobrino Buhigas e sobre todo Sobrino
Lorenzo-Ruza. A sua laboura de catalogación e inventario constitue,
sen nenguha dúbida motivo mais que suficiente como para asegurarlle
un posto senlleiro na historiografía galega pola sua contribución o
mellor coñecemento de nos mesmos e do noso pasado.
Pero
parello a este recoñecemento ten que ir a crítica a algunha das
suas interpretacións. Non podemos aceptar que polo simple feito que
veña de unha autoridade teñamos que creer de foma automática os
seus postulados, o contrario, precisamente por vir de ela, temos que
ser mais rigorosos, pois o efecto multiplicador da sua autoridade,
pode, como así acontece, desviarnos do método cientifico que é o
que ningunha persona que se adique a estudiar con seriedade pode
deixar de cinguirse.
Os
seus herdeiros intelectuales non foron quen, nos caseque
sesenta anos da sua desaparición, de cuestionarse nin un ápice que
a sua interpretación da figura gravada na Pedra da Moura Encantada
( que renombrou como Pedra do Laberinto) era un laberínto canónico
de tipo cretense manipulando a sua reproducción gráfica para que
así o parecése, a pesares de ter a vista en multiples publicacións
as probas de este feito.
Si
se parte da idea preconcebida ou inducida de que o laberinto e unha
figura xeometrica abstracta, entón o seu diseño tornase complicado,
tendo que recurrir a un esquema incial a partir do cal se van
engadindo sucesivos trazos até chegar a figura final. Pero este modo
de resolvelo, non aclara as distintas variacións deste motivo
chamadas na bibliografía laberintiformes ou seudolaberintos,
anque algunhas sexan debidas a
impericia do gravador.
Non obstante, si aceptamos que a figura representada e unha serpe, entón e facilmente reproducible con un simple trozo de corda.
E chegados a este punto, é aquí onde reside a orixinalidade da
figura da serpe e a sua derivada: o laberinto. Repasando con un lápiz
o contorno das volutas que forman a serpe, trazando unha liña dende
o centro até a voluta doble e anulando o extremo que sería a cabeza
da serpe, xa temos un laberinto circular canónico.
O que sin dubida constitue un fantástico achado. O corpo de unha
serpe desdoblase pasando a representar duas no acto de acoplarse.
Modificación dixital do
gravado do Outeiro do Cribo en Armenteira feita co único proposito
de visibilizar a tese que defendo.
¿Hai
mais probas entre os petróglifos galegos de que estas
representacións laberinticas sexan representacion de ofidios?
Por
suposto que si, pero esa será outra entrada.