viernes, 27 de enero de 2017

Un novo zoomorfo no petróglifo da Portela da Laxe, Viascón, Cotobade

Algunhas veces a utilización de novas tecnoloxias, ademais da simplificación e axuda que supoñen para a investigación, proporciona tamén agradables sorpresas.

No caso de hoxe, tratase do estudo do petróglifo da Portela da Laxe I de Viascón, Cotobade. Tratase de unha das estacións da arte rupestre galega mais citada pola singularidade de alguns dos motivos que nela aparecen representados.

Trátase das esvasticas, levógiras e destrógiras, paletas e algun motivo soliforme, todos eles moi pouco frecuentes dentro do repertorio da arte rupestre galega.

Foi obxecto de estudo por Sobrino Buhigas  nas deécadas dos 20 e 30 do século pasado, Lorenzo Ruza, Filgueira Valverde e Garcia Alen na década dos 50, o italiano Enmanuelle Anati na década dos 60, Garcia Martinez, Bouza Alvarez, de la Peña Santos, Vazquez Varela nos 70 e moitos outros até os nosos dias.

Por iso resulta sorprendente que ningún deses estudosos reparara na presencia da figura zoomorfa que vimos de descubrir no dito petróglifo. Tratase de representación de un cuadrupedo, posiblemente un cervido con dous pequenos cornos situado a dereita de unha combinación de circulos concentricos e practicamente no borde da rocha.



Debemos resaltar que no calco feito por Antonio de la Peña Santos, figuran dous dos trazos que delimitarian o colo e o lombo do zoomorfo. Os 35 anos transcurridos desde a sua realización non fan mais que confirmar o seu bo facer na lectura e a fiabilidad dos calcos, pois non foi senón co uso das mas modernas técnicas que poido facerse visible a figura completa.

O método utilizado por nos, anque xa coñecido e utilizado desde os anos 70 non foi senon até o advenimento de modernos procesadores que pudo ser usado a gran escala.

Trátase da reconstitucion fotogrametrica dixital, utilizada previamente en topografía e representación do territoriO, pero levada a microtopografia, como neste caso.



Este é un mosaico feito a partir de 234 fotografías que cobren a totalidade da rocha e que conforman o paso previo para o seu analisis e reconstitucion dixital. A pertires de este mosaico crease unha nube de puntos densa, (neste caso mais de 23 millons de puntos) co cálculo unitario das súas coordenadas espaciais que permite unha representacion fidedigna do seu relevo, con unha precision submilimetrica, mais que suficiente para permitir apreciar o relevo a pesares do estado lamentable en que se atopa a rocha, totalmente colonizada por distintos tipos de liquens, musgo e diversas plantas que medran nos seus intersticios.



O resultado, como se pode apreciar, e a falta de un tratamento mais especializado, e mais que suficiente para apreciar a maioria dos motivos. Estes poden ser resaltados con distintas aplicacións informaticas que irei utilizando a medida que as vaia dominando.